Manel Ollé i Rodríguez


Manel Ollé i Rodríguez, nado en Barcelona o 11 de outubro do 1962, é un escritor e profesor universitario catalán.[1]

Infotaula de personaManel Ollé
Nome orixinalManel Ollé i Rodríguez
Biografía
Nacemento11 de outubro do 1962
Barcelona
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona, Universidade Pompeu Fabra
Actividade
Campo de traballoHistoria, Sinoloxía e Escrita creativa e profesional Editar o valor em Wikidata
OcupaciónProfesor universitario, poeta e escritor
Período de actividadeSéculos XX e XXI
EmpregadorUniversidade Pompeu Fabra Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía, ensaio
LinguaCatalán e castelán
Premios

Twitter: mnlolle Dialnet: 822123 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Manel Ollé naceu en Barcelona no 1962. Licenciouse en Filoloxía Catalá na Universidade de Barcelona (1986), e doutorouse en Historia pola Universidade Pompeu Fabra (1999), cunha tese sobre a política da China sobre Filipinas no século XVI.[2][3]

Na actualidade, é profesor titular de historia e cultura da China moderna e contemporánea na Universidade Pompeu Fabra, así como coordinador do mestrado en Estudos Chineses e codirector do curso de posgrao en Cinema Asiático (Universidade Pompeu Fabra-Casa Asia).[1] Publicou libros de poesía, antoloxías, e ensaios. É tradutor ao catalán de Balzac, Gao Xingjian e Li Qingzhao.[2]

Obra editar

As súas investigacións céntranse na política marítima chinesa nos séculos XVI e XVII, as percepcións europeas sobre a China e a diáspora chinesa no sueste asiático.[4] Publicou máis de noventa artigos científicos e cincuenta e cinco capítulos de libros, así como manuais, libros de ensaio e traducións.[5]

Publicacións editar

Poesía editar

  • De bandera liberiana (1993), premio Guerau de Liost de poesía.
  • Mirall negre (2001), premio Ciutat de Palma-Joan Alcover de Poesía en Catalán.
  • Bratislava o Bucarest (2012), premio Grabiel Ferrater de Poesía.
  • Un grapat de pedres d'aigua (2021), premio Jocs Florals de Barcelona.

Ensaio editar

  • La invención de China (Harrasowitz Verlag, 2001).[6]
  • La empresa de China: de la armada invencible al galón de Manila (Acantilado, 2002).[7]
  • Made in China: el despertar social, político y cultural de la China contemporánea (Destino, 2005).[8]
  • La Xina que arriba: perspectives del segle XXI (Eumo, 2009)
  • Comunicación y poder en Asia oriental (Universidade Oberta de Cataluña, 2017).[9]
  • Islas de plata, imperios de seda: Juncos y galeones en los Mares del Sur (Acantilado, 2022).[10]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Olle Rodriguez, Manel". M.A. in World History (en inglés). Consultado o 2024-01-21. 
  2. 2,0 2,1 "Manel Ollé". visat.cat. Consultado o 2024-01-21. 
  3. Ollé, Manel (1999). "Estrategias filipinas respecto a China. Alonso Sánchez y Domingo de Salazar en la empresa de China (1581-1593)" (en castelán). Universitat Pompeu Fabra. 
  4. "Manel Ollé". IDEES (en inglés). 2021-05-31. Consultado o 2024-01-21. 
  5. "Producció científica a la UPF - OLLE RODRIGUEZ, MANUEL". producciocientifica.upf.edu. Consultado o 2024-01-21. 
  6. Ollé, Manel (2000). La invención de China: percepciones y estrategias filipinas respecto a China durante el siglo XVI (en castelán). Otto Harrassowitz Verlag. ISBN 978-3-447-04336-6. 
  7. Ollé, Manel (2002). La empresa de china: de la Armada Invencible al Galeón de Manila (en castelán). Acantilado. ISBN 978-84-95359-85-8. 
  8. Ollé, Manel (2005). Made in China: el despertar social, político y cultural de la China contemporánea (en castelán). Ediciones Destino. ISBN 978-84-233-3769-9. 
  9. "Comunicación y poder en Asia oriental". Editorial UOC. Consultado o 2024-01-21. 
  10. "Islas de plata, imperios de seda - Editorial Acantilado". ACANTILADO (en castelán). Consultado o 2024-01-21. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar