Filoloxía catalá
A filoloxía catalá[1] é a rama da filoloxía que se ocupa do estudo da lingua catalá. Esta titulación fornece un ensino literario e lingüístico relacionada co contexto catalán. Impártese en Cataluña, Illas Baleares, Comunidade Valenciana e Andorra. A Universidade de Perpiñán (Universitat de Perpinyà Via Domícia), a través do Institut Franco-Català Transfronterer (IFCT) ofrece un grao de lingua catalá e mais un máster de estudos cataláns que ofrecen estudos de lingua e literatura xunto con outros de historia, economía e xeografía do territorios de fala catalá. Ademais existe oferta de lingua catalá, minors e graos de estudos cataláns en universidades de ámbito estatal e internacional. En Galiza no grao de Filoloxía galega da Universidade de Santiago de Compostela, inclúese a área de coñecemento de filoloxía catalá[2].
Notas
editar- ↑ "Departamento de filoloxía catalá da Universidade das Illas Baleares". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2010. Consultado o 14 de febreiro de 2017.
- ↑ Web do Departamento de Filoloxía Galega da USC