Ynes Mexia

botánica mexicana-estadounidense

Ynes Enriquetta Julietta Mexia, nada en Georgetown (área de Washington D.C.) o 24 de maio de 1870 e finada o 12 de xullo de 1938, foi unha botánica mexicana-estadounidense coñecida pola súa colección de novos espécimes de plantas de rexións de México, e de América do Sur. Realizou a identificación e clasificación dun novo xénero da familia Compositae e foi a máis consumada investigadora recolledora de espécimes do seu tempo, viaxando e identificando máis especies que calquera outro.[1][2]

Ynes Mexia
Nacemento24 de maio de 1870
Lugar de nacementoGeorgetown
Falecemento12 de xullo de 1938
Lugar de falecementoBerkeley
Causacancro de pulmón
NacionalidadeEstados Unidos de América e México
Alma máterUniversidade de California en Berkeley
Ocupaciónbotánica, botanical collector, conferenciante e asistente social
Na rede
WikiTree: Mexía-51
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Ynes Mexia era filla do diplomático mexicano, Enrique Antonio Mexia, que se separou da súa nai, Sarah Wilmer, en 1873. Pasou gran parte da súa infancia no condado de Limestone, Texas. Asistiu a escolas privadas en Filadelfia e en Ontario, California; e no Colexio de San José, en Maryland. A súa educación media comezou, á idade de 15 anos, en Saint Joseph's Academy, de Emmitsburg (Maryland); despois de terminar alí, trasladouse a México D.F., onde viviu na facenda familiar por unha década; e fíxose cargo do seu pai, que faleceu en 1896.[3] [4] Casou con Herman de Laue, un empresario comercial español-xermano, en 1897; pero o matrimonio foi breve, pois terminou ao falecer en 1904.[3] [5] O seu segundo matrimonio foi con D. Augustin Reygados, 16 anos máis novo que ela, pero tamén foi de curta duración.[6][7] Cando ese matrimonio fracasado con Reygados terminou, comezou unha carreira como traballadora social na área de San Francisco.

En 1921, matriculouse na Universidade de California en Berkeley, motivada polas súas viaxes co Sierra Club, onde se desenvolvían clases de botánica que espertaron o seu interese. Nunca recibiu un grao académico.[3][8] Faleceu en Berkeley, o 12 de xullo de 1938 de cancro de pulmón, despois de caer enferma nun das súas viaxes de recolección a México.[9]

Carreira e legado editar

En 1925, Mexia comezou a súa carreira, á idade de 55 anos, cunha viaxe ao occidente de México baixo a tutela de Roxanna Ferris, unha botánica do Herbario da Stanford University. Mexia accidentouse, caendo por unha ladeira e lesionouse, detendo a viaxe, que estaba a producir 500 espécimes, incluíndo varias especies novas. A primeira especie que leva en honra o seu nome, Mimosa mexiae, foi descuberta nesa excursión taxonómica.[5]

Durante os seguintes doce anos, viaxou a Bolivia, Arxentina, Chile, Mount McKinley (en 1928), Brasil (en 1929), Ecuador (en 1934), Perú, o estreito de Magallanes (en 1935), e o suroeste de México (en 1937) con sete diferentes viaxes de recolección, descubrindo un novo xénero, Mexianthus, e moitas novas especies entre as súas mostras con en total de 150.000 espécimes, entre liques, e fanerógamas. Durante a viaxe ao oeste de México, colleitou uns 33.000 espécimes, incluíndo 50 novas especies.[9] En Ecuador, Mexia traballou coa Oficina de Industrias e Exploración vexetal, parte do Ministerio de Agricultura. Alí, ela buscou a palma de cera, a quina, e herbas que se enlazaban ao chan. Mexia viaxou polo río Amazonas até as súas fontes na cordilleira dos Andes, cunha guía e outro tres exploradores nunha canoa.[4] Así tamén pasou tres meses vivindo cos Araguarunas, un grupo indíxena no Amazonas. Todas esas excursións foron financiadas coa venda dos seus exemplares de espécimes, a coleccionistas e institucións por igual. Mexianthus, nomeada por Mexia, é un xénero das compostas. As mostras de espécimes desas viaxes, mantéñense almacenadas no Herbario Gray da Universidade de Harvard e no Museo Field de Historia Natural de Chicago.[8]

Mexia é lembrada polos seus colegas pola súa experiencia e coñecemento no mundo das expedicións botánicas, así como a súa capacidade de resistencia nas condicións máis duras, así como a súa impulsividade e personalidade rebelde, pero xenerosa Fixo un meticuloso, coidadoso traballo e as súas habilidades como recolledora.[10][11][12]

Notas editar

  1. Newton, David E. (2007). "Latinos in Science, Math, and Professions. A to Z of Latino Americans. Facts on File library of American history". Infobase Publishing: 274. ISBN 9781438107868. Consultado o 18 de abril de 2013. 
  2. "Desde Alaska a Tierra del Fuego, el colorido paisaje que nos regaló Ynes Mexia (1870-1930)". Mujeres con ciencia (en castelán). 2019-10-10. Consultado o 2021-05-08. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Ogilvie y Harvey, 2000, pp. 889-890.
  4. 4,0 4,1 McLoone, 1997, pp. 23-30.
  5. 5,0 5,1 Yount, 1999, pp. 150-151.
  6. Ogilvie & Harvey 2000, pp. 889-890.
  7. Petrusso, 1999, pp. 391-392.
  8. 8,0 8,1 Bailey, 1994, pp. 248-249.
  9. 9,0 9,1 Oakes, 2002, pp. 252-253.
  10. "Today in Science History". Today in Sci (en inglés). xaneiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 6 de marzo de 2013. Consultado o 17 de abril de 2013. 
  11. "Index of Botanists". HUH.Harvard (en inglés). 29 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 18 de abril de 2013. 
  12. Ynes Mexia Photographs California Academy of Sciences Special Collections

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bailey, Martha J. (1994), American Women in Science, ABC-CLIO, ISBN 0-87436-740-9
  • McLoone, Margo (1997), Women Explorers in North and South America, Capstone, ISBN 9781560655077
  • Mongillo, John (2001), Environmental Activists, Greenwood Publishing Group, ISBN 0313308845
  • Oakes, Elizabeth H. (2002), International Encyclopedia of Women Scientists, Facts On File, Inc., ISBN 0-8160-4381-7
  • Ogilvie, Marilyn; Harvey, Joy (2000), «Ynes Mexia», The Biographical Dictionary of Women in Science, ISBN 0-415-92038-8
  • Petrusso, Annette (1999), «Ynes Mexia», en Proffitt, Pamela, ed., Notable Women Scientists (Gale Group Inc.), ISBN 0-7876-3900-1
  • Yount, Lisa (1999), A Biographical Dictionary A to Z of Women in Science and Math, Facts on File Inc., ISBN 0-8160-3797-3
  • Tsjeng, Zing (2020). Mujeres olvidadas : las científicas. Madrid, Ed. Oberon. ISBN 978-84-415-4214-3,

Ligazóns externas editar