Iaroslav Starobogatov
(Redirixido desde "Yaroslav Starobogatov")
Iaroslav Igorevich Starobogatov (en ruso: Ярослав Игоревич Старобогатов), nado o 13 de xullo de 1932 e finado o 3 de decembro de 2004, foi un zoólogo ruso.
Iaroslav Starobogatov | |
---|---|
Nacemento | 13 de xullo de 1932 |
Moscova | |
Falecemento | 3 de decembro de 2004 |
San Petersburgo | |
Nacionalidade | Rusia |
Alma máter | sen etiquetar |
Ocupación | malacólogo e zoólogo |
Pai | Igor Ivanovich Starobogatov |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi profesor e director científico do Instituto Zoolóxico da Academia Rusa de Ciencias.
As súas investigacións centráronse na zooloxía dos invertebrados, principalmente nos moluscos (malacoloxía) e nos crustáceos (carcinoloxía).
Tamén foi moi importante a súa achega á sistemática dos organismos vivos, á micro e macroevolución e á bioxeografía da Unión Soviética e de todo o mundo.[1]
Taxons nomeados na súa honraEditar
- Neopilina starobogatovi Ivanov & Moskalev, 2007.[2]
NotasEditar
- ↑ Khlebovich, V. V. (2005): "In memoriam of Yaroslav I. Starobogatov" Ruthenica 14: 105-106.
- ↑ Ivanov, D. L. & Moskalev, L. I. (2007): "Neopilina starobogatovi, a new monoplacophoran species from the Bering Sea, with notes on the taxonomy of the family Neopilinidae (Mollusca: Monoplacophora)". Ruthenica 17: 1-6.