A microevolución é a evolución a pequena escala; é dicir, por debaixo do nivel de especie. A microevolución contraponse coa macroevolución, pero a diferenza entre elas é só de tempo e escala. A macroevolución ocorre no nivel de especie ou por riba do nivel de especie e durante longos períodos de tempo xeolóxico, e a microevolución ocorre por debaixo do nivel de especie e en escalas de tempo pequenas por variacións das frecuencias alélicas.[1] Segundo a escola da síntese evolucionista moderna unha acumulación de cambios microevolutivos orixina os cambios macroevolutivos, agás excepcións de casos de especiación súbita (por duplicacións xenómicas, por exemplo[2]).[3]

Mecanismos da microevolución editar

Os cambios microevolutivos prodúcense por medio duns poucos procesos básicos. Os procesos que poden afectar directamente as frecuencias xénicas dunha poboación son a mutación, migración, deriva xenética e selección natural. Se se puidese ampliar unha rama da escala da árbore da vida os insectos, por exemplo, veríase outra filoxenia relativa a tódalas diferentes liñaxes de insectos. Se se continúa ampliando, seleccionando a rama que representa os escaravellos, veríase outra filoxenia relativa ás distintas especies de escaravellos. Poderíase continuar ampliando ata ver as relacións entre as poboacións de escaravellos.

Mecanismos da microevolución editar

Os cambios microevolutivos prodúcense dunhas poucas formas básicas. Os procesos que poden afectar directamente as frecuencias xénicas dunha poboación son a mutación, migración, deriva xenética e selección natural.

Mutación editar

 
Duplicación de parte dun cromosoma.

Algúns xenes «verde» mutaron aleatoriamente, transformándose en xenes «marrón» (aínda que, dado que calquera mutación en especial é rara, este proceso por si só non pode ser responsable dun gran cambio na frecuencia alélica nunha xeración).

Migración(o fluxo xénico) editar

Algúns escaravellos con xenes marrón inmigraron desde outra poboación, ou algúns escaravellos que tiñan xenes verde emigraron.

Deriva xenética editar

Ao reproducirse os escaravellos acabaron na descendencia máis xenes marrón que xenes verde, simplemente polo azar. No diagrama da dereita, os xenes marrón están presentes cunha frecuencia lixeiramente superior na descendencia (29%) que na xeración parental (25%).

Selección natural editar

Os escaravellos con xenes marrón evitaron ser cazados e sobreviviron para reproducirse con máis frecuencia que os escaravellos con xenes verde, polo que pasaron máis xenes marrón á seguinte xeración.

Notas editar

  1. Matzke, Nicholas J. and Paul R. Gross. 2006. Analyzing Critical Analysis: The Fallback Antievolutionist Strategy. In Eugenie Scott and Glenn Branch, Not in Our Classrooms: Why Intelligent Design is Wrong for Our Schools, Beacon Press, Boston ISBN 0807032786
  2. Rieseberg LH, Willis JH (August 2007). "Plant Speciation". Science 317 (5840): 910–4. doi:10.1126/science.1137729. PMC 2442920. PMID 17702935.
  3. Kutschera U, Niklas KJ (June 2004). "The modern theory of biological evolution: an expanded synthesis". Die Naturwissenschaften 91 (6): 255–76. PMID 15241603. doi:10.1007/s00114-004-0515-y. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar