Xusto Moreda

pintor ribadense

Xusto Moreda Pérez[1], nado en Ribadeo o 25 de novembro de 1935 e finado na mesma vila o o 30 de xullo de 2022[2], foi un pintor, ceramista e artista plástico galego.

Infotaula de personaXusto Moreda

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de novembro de 1935 Editar o valor em Wikidata
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de xullo de 2022 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , escultor Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Fillo de Justo Moreda Díaz e Pura Pérez Salvatierra, pasou a súa infancia e primeira xuventude en Ribadeo, onde superou un tifo e lugar moi presente na súa obra, protagonizando moitos dos seus cadros.

Ós 17 anos comezou a pintar, e un ano despois deu comezo ós estudos preparatorios para Medicina en Santiago de Compostela. Abandoounos para adicarse de cheo á súa vocación artística. Ante a oposición paterna, viuse obrigado a marchar á Coruña, onde comezou a traballar no Instituto Social da Mariña para manterse.

Desenvolvemento profesional editar

Continuou a pintar con un grupo de amigos, entre os que se atopaba Maximino Aramburu, licenciado en belas artes pola Academia de San Fernando. Na Coruña coñeceu a Lourdes Dans, irmá de Mª Antonia Dans, con quen casa. Lourdes, que estudara arte na escola Massana de Barcelona, especializándose en pintura e esmalte ao fogo, ensiñoulle cerámica e esmalte de xoiería. A primeira exposición, a finais da década de 1960 na Sala da Asociación de Artistas da Coruña, foi conxunta entre ambos, expoñendo Lourdes esmaltes e Xusto colaxes. Abandonou a cerámica e o esmalte trala morte de Lourdes con 37 anos en 1973. Antes dese ano, pasou un período adicado ós coidados da súa muller.

Con posterioridade, Nicolás Fernández García, o seu representante e con quen a comezos da década de 1980 monta a galería de arte 'Arracada' na cidade, foi tamén o seu compañeiro. A galería botou o peche en 1990.

Ideas editar

 
Casa de pisos de estilo indiano na rúa San Roque en Ribadeo, na que naceu Xusto Moreda

Politicamente, definiuse como comunista, e no relixioso, como ateo.[1][3]

Obra editar

Foi moi coñecido nos círculos culturais galegos.[4] A súa obra artística, onde destaca a obra pictórica, refireuse con preferencia a surrealismo, cubismo e en particular, fauvismo.[2]

Nas décadas de 1980 e 90 tivo grande produción artística. A esta época pertencen os seus retratos, de xeito predominante femininos, asimétricos, coloridos e cheos de paixón. A contraste de cores foi unha constante na súa obra. Na súa etapa de pintura de paisaxes, moitos deles de Ribadeo, pintou con clara influencia fauvista.

Moitos escritores puxeron palabras ou interpretaron ás súas pinturas, de Darío Xohán Cabana a Antón Avilés de Taramancos, pasando por Manuel Lourenzo, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xavier Rodríguez Baixeras ou García-Bodaño entre outros. Así, García-Bodaño sinala en relación cos rostros de mulleres, "unhas faces que adoitan ocupar todo o lenzo, mal encadradas adrede, coa parte superior da cabeza ás veces cortada polos lindeiros do cadro, o que induce a prestar unha maior atención á superficie visualizada".[5] En xeral, de estilo colorista, ofreceu unha visión poética e desenfadada do mundo feminino.[6]

Exposicións[7][8] editar

Individuais editar

  • 1976. -xuño, Diario Pueblo, Madrid
  • outubro, Librería Lume, A Coruña
  • 1977. -marzo, Deputación de Lugo
  • abril, Galería Ceibe, A Coruña
  • outubro, Galería Grisalla, Valladolid
  • 1978. -maio, Galería Prat, Valencia
  • outubre, Galería Ceibe, A Coruña
  • 1979. -xaneiro, Galería Souto, Ourense
  • marzo, Galería Dintel, Santander
  • 1980. -maio, Galería Prisma, Lugo
  • 1981. -febreiro, Galería Catro, A Coruña
  • 1982. -novembro, Banco de Crédito e Inversiones, Lugo
  • 1983. -maio, Galería Citania, Santiago
  • outubro, Galería Catro, A Coruña
  • 1985. -xuño, Galería Arracada, A Coruña
  • 1986. -xaneiro, Caixa de Aforros, Vigo
  • 1987. -novembro, Concello de A Coruña
  • 1995. -marzo, Galería Obelisco, A Coruña
  • 1998. -setembro, Galería Obelisco, A Coruña
  • 1999. -marzo, Hotel Voar, Ribadeo
  • 2001. -maio, Unversidad de Lérida
  • 2002. -agosto, Ribadeo
  • 2006. -agosto, Concello de Ribadeo

Colectivas editar

  • 1977. -maio, Galería Ceibe, concello de A Coruña
  • xuño, Mostra de Artistas Galegos, Torques, A Coruña
  • agosto, IV Bienal de Pontevedra
  • 1978. -xuño, Galería Torques (Subasta Ascón), Santigo
  • 1979. -xuño, Caixa de Aforros de Galicia, A Coruña
  • agosto, V Bienal Pontevedra
  • 1980. -xullo, Galería Catro, A Coruña
  • 1981. -xullo, Ministerio de Cultura (Teatro Luis Seoane), A Coruña
  • agosto, Galería Catro, Parador Naional de Ribadeo
  • 1983. -decembro, Galería Citania, Santiago
  • 1984. -febreiro/verán, Galería Citania, Santiago
  • 1986. -agosto, Entre Tres, Vilagarcía, Pontevedra

Catálogos de exposicións editar

  • Pinturas de Ribadeo. Concello de Ribadeo, 1995
  • Óleos y alfarería. Delegación Municipal de Cultura, Concello de Ribadeo, 2002

Murais Xunta de Galicia editar

  • Pó de Ouro, IES Eusebio da Guarda (inicialmente no Colexio Curros Enríquez, mediante convenio coa Xunta de Galicia cun abono de 120 000 pts), A Coruña
  • A Venus do Espello, C.P. Pontedeume
  • C.P. Paradela
  • Menina, C.E.I.P. Plurilingüe A Fraga (As Pontes)
  • C.P. Vimianzo
  • C.P. Feira do Monte
  • Embarazada, Centro de Saúde de Maniños, Fene

Colaboración en libros editar

  • Homenaxe a Laxeiro. Escritores e Artistas de Galicia
  • Homenaxe a González Garcés
  • Portada en Gran Enciclopedia Galega, T.22
  • Gan Enciclopedia Galega, T.32
  • Tradiciones, mitos, creencias y curanderismo en medicina popular de Galicia de Vázquez Gallego

Recoñecementos editar

En setembro de 2023 recibiu unha homenaxe en Ribadeo por parte da A.C. Francisco Lanza, con exposición, recital poético, táboa redonda e actuación musical.[9]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "«No tuve arrestos para ser bohemio; significa renuncias»". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-03-02. Consultado o 2023-08-15. 
  2. 2,0 2,1 Lugo, El Progreso de (2022-07-31). "Muere a los 87 años el pintor ribadense Xusto Moreda". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2023-08-14. 
  3. "Tristeza por la muerte a los 87 años del pintor ribadense Xusto Moreda". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-07-31. Consultado o 2023-08-15. 
  4. culturagalega.org (2022-08-01). "O artista ribadense tiña 87 anos de idade". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2023-08-14. 
  5. AAVV (2002). Xusto moreda. Óleos y Alfarería. Excmo. Concello de Ribadeo. Delegación de Cultura. 
  6. Castro, Celia (30 de xullo de 2006). "Tribuna da Costa. sobre Xusto Moreda". El Progreso. 
  7. Xusto Moreda. Teófilo Comunicación. 2009. 
  8. AAVV (1995). Xusto Moreda. Pinturas de Ribadeo. Excmo. Concello de Ribadeo. p. 40. 
  9. "Francisco Lanza adícalle unha exposición a Xusto Moreda". La Comarca del Eo (5397). 2 de setembro de 2023. p. 7. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Xusto Moreda. Teófilo Comunicación. Nov. 2009
  • Guía de artistas de Galicia. Coord. Margarita Rueda Alonso. Ed. Xunta de Galicia. Consellería de Cultura. ISBN: 84-453-3507-3. Santiago, 2003

Ligazóns externas editar

- https://www.pintoresgallegos.com/bibliografia/xustomoreda.html Xusto Moreda], na web Pintores Gallegos