Xurxo González

cineasta, crítico e activista audiovisual galego
(Redirección desde «Xurxo Chirro»)

Xurxo González, nado na Guarda en 1973, é un cineasta, crítico e activista audiovisual galego. Na súa faceta como cineasta é coñecido baixo o nome de Xurxo Chirro, alcume que utilizou por primeira vez no filme Cellular Movie (2010).[1]

Infotaula de personaXurxo González
Biografía
Nacemento1973 Editar o valor em Wikidata (50/51 anos)
A Guarda, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncineasta , crítico de cinema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Páxina webxurxochirro.wordpress.com Editar o valor em Wikidata
Youtube: UCYd3VTHlNdPbEs5R3p6JsGg Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Como crítico cinematográfico, ten publicado textos nas revistas Tempos Novos, Cahiers du Cinéma-España, Madrygal, Quintana e Ag, e nos xornais Faro de Vigo e A Peneira. Foi asesor e catalogador de arquivos audiovisuais na RTVE-G, e creador de contidos na Agencia Audiovisual Galega (AAG), dirixida por Manolo González. Coordinou as plataformas dixitais Teutubo e Flocos.tv, e foi o impulsor do portal Novo Cinema Galego: O arquivo das novas prácticas cinematográficas na Galiza, que botou a andar en 2015.

Desde o 2010 ao 2013 traballou para a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e foi comisionado do ICAA no bienio 2010-2011. Foi programador do festival Filminho: Festa do Audiovisual Galego e Portugués. Formou parte do colectivo Acto de Primavera, xunto a José Manuel Sande e Martin Pawley, e por tanto coautor da etiqueta "Novo Cinema Galego".[2] Na actualidade reside nas Illas Canarias.[3]

Baixo o alcume de Xurxo Chirro, é autor dunha longa filmografía, mais é sobre todo coñecido pola súa película Vikingland, que a crítica galega, nunha enquisa da revista Luzes en decembro de 2014,[4] votou como o mellor filme galego desde 1989. Vikingland foi producida por Beli Martínez[5] e está construída a partir de material encontrado, que o cineasta prefire denominar material "revelado".[6] Foi premiada no Festival Play-Doc e en Márgenes; e foi premio da crítica internacional en Lima Independiente.

Proxecto Socheo editar

Xurxo González é director do Proxecto Socheo, unha iniciativa que ten como obxectivo localizar, estudar, inventariar, salvagardar e dar a coñecer o patrimonio audiovisual da Guarda e do Baixo Miño. Nacido a partir da recuperación das cintas de vídeo de Luis Lomba (O Haia), que constitúen a materia prima de Vikingland, o Proxecto Socheo pretende loitar contra o esquecemento e a desmemoria.

Publicacións editar

Colaborou na publicación de tres libros. En 2004 foi coautor do libro sobre Manoel de Oliveira publicado pola USC.[7] En 2013 foi coautor do libro Cines de Pontevedra: documentación nos arquivos públicos, editado por Ángel Luis Hueso.[8] E en 2017 foi coordinador de Camiños da imaxe: Joaquín García Portela "Costiña"[9] para a Deputación de Pontevedra.

Filmografía editar

  • Argazo (2006)
  • Os señores do vento (2008)
  • 36/75 (2009)
  • 13 pozas (2009)
  • Cellular Movie (2010)
  • Vikingland (2011)
  • Noite (2012)
  • Á luzada (2012)
  • Une histoire seule (2013)
  • Cova alumada (2013)
  • Gran Hotel (2015)
  • Jeanette (2016)
  • De barrio (2019)

Notas editar

  1. Losada, Arturo (8-07-2011). "O cinema de Xurxo Chirro". A Cuarta Parede. 
  2. Loureda, Carlos (21-03-2020). "Descubre el apasionante Novo Cinema Galego". Fotogramas. 
  3. "Chirro, Xurxo". Novo Cinema Galego. O arquivo das novas prácticas cinematográficas galegas. Consultado o 25 de abril 2024. 
  4. "A enquisa" (PDF). Luzes. nº 12, Novembro 2014, p. 94. 
  5. "Vikingland". Novo Cinema Galego. O arquivo das novas prácticas cinematográficas galegas. Consultado o 25 de abril 2024. 
  6. Delgado, Mónica (15-03-2013). "Q&A: Xurxo Chirro". Desistfilm. 
  7. José María Folgar de la Calle, Xurxo González Rodríguez e Jaime Pena (Coords) (2004); Manoel de Oliveira, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela.
  8. Ángel Luis Hueso Montón, Xurxo González Rodríguez e Rita Martín Sánchez (2013); Cines de Pontevedra: documentación en arquivos públicos, Ángel Luis Hueso Montón (Ed.), Santiago de Compostela.
  9. Xurxo González Rodríguez e Beli Martínez Martínez (Coords.) (2017); Camiños da imaxe. Joaquín García Portela “Costiña”, Deputación de Pontevedra, Pontevedra.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar