Xulio Alonso Sánchez
Xulio Antonio Alonso Sánchez,[1] nado en Lugo o 27 de maio de 1859 e finado en Cangas o 20 de xaneiro de 1916[2], foi un avogado, notario e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de maio de 1859 Lugo, España |
Morte | 20 de xaneiro de 1916 (56 anos) Cangas, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Membro de | |
Traxectoria
editarFillo de José María Alonso Álvarez e María Sánchez Cobas. Realizou os estudos en Lugo ata alcanzar o grao de Bacharel. Ingresou na Universidade de Santiago de Compostela en setembro de 1879, matriculándose na Facultade de Dereito con vinte anos. Rematada a carreira, ingresou no corpo de notarios e foi destinado a Cangas do Morrazo. Colaborou nas periódicos lucenses A Monteira e O Labrego con artigos sobre ás cuestións agrarias. En A Monteira tamén apareceu un artigo sobre o músico Xan Diz. En 1908 participou na enquisa realizada por Faro de Vigo sobre a redención dos foros, e en marzo de 1914 circulou pola prensa radical-lerrouxista a súa Memoria sobre foros y subforos y medios de proceder equitativamente a su desaparición, que apareceu en La Libertad de Pontevedra e El Radical de Madrid. Doou á Deputación de Lugo dous violíns de extraordinario valor.
Como narrador en galego, é autor de dous relatos costumistas publicados en A Monteira: "O chufón" (1889) e "Unha voda" (1890).
Notas
editar- ↑ Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
- ↑ La Correspondencia Gallega, 21-1-1916, p. 4.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Centro Ramón Piñeiro, ed. (2003). Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve) (PDF). Santiago de Compostela. pp. 17–18. ISBN 84-453-3736-X. Consultado o 8 de novembro de 2013.