O Labrego
periódico editado en Lugo entre 1891 e 1893
O Labrego foi un periódico editado en Lugo entre 1891 e 1893.
O Labrego | |
---|---|
![]() ![]() | |
Fundación | 8 de xaneiro de 1891 |
Remata | 1893 |
Lingua | lingua galega |
Localidade | Lugo |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Somanario d'intreses rexionales e literatura, apareceu o 8 de xaneiro de 1891. Foi o continuador de A Monteira.[1][2] Era unha publicación semanal, escrita enteiramente en galego, de intereses rexionais e literatura. Interrumpiu a súa publicación a principios de febreiro,[3] pero volveu aparecer en marzo. Entre os seus colaboradores figuraron Alberto García Ferreiro, Enrique Labarta Pose, Juan Barcia Caballero e Benito Losada Astray.[4] Desapareceu en 1893.
Nos prólogos á edición facsimilar d'A Monteira (Xunta de Galicia, 1989), Xesús Alonso Montero escribe:
"Lástima que nesta ocasión non se poida ofrecer, en apéndice, 'O Labrego', semanario lugués de 1891 que foi a continuación da 'Monteira'. Os números publicados ¿ubi sunt?"
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- "Labrego, O". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.