Xosé Aldea

xestor cultural e editor galego

Xosé Manuel Aldea Moscoso, nado en Vigo en 1964,[1] é consultor cultural e editor, na actualidade director de Ouvirmos.

Infotaula de personaXosé Aldea

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1964 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxestor cultural , editor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Equipo do Culturgal 2014.

Traballou como mecánico de Renfe en Ourense. Estableceuse en Bade (Vilamaior, Sarria) onde montou unha gandaría ecolóxica de carne coa súa muller. Socio fundador en 2003 e director da editorial e consultoría cultural Ouvirmos. Foi coordinador xeral e director da feira Culturgal desde 2013 a 2021 e forma parte do Padroado da Fundación Celso Emilio Ferreiro en calidade de director técnico. Foi vicepresidente da Asociación Galega de Editores desde 2014 até 2016 e membro desde o 2008 da Asociación Galega de Empresas Musicais[2].

Desde finais dos anos 1980 participa como promotor e activista cultural en organizacións non gobernamentais relacionadas coa lingua e a cultura. No ano 1998 encargouse da produción executiva de A feira das mentiras, o macroespectáculo galego de Manu Chao, realizado en Santiago de Compostela. En 2007 foi administrador solidario de Lonxa Cultural[3], primeira distribuidora dixital de produtos musicais galegos.[Cómpre referencia] Coordinou por encargo da Xunta de Galicia a programación das actividades da delegación galega na Feira Internacional do Libro de Buenos Aires (2016). Exerceu de director no Teatro Colón da Coruña na temporada 2017/2018. No ano 2019 realizou o deseño, conceptualización e xestión de Audacia: Festival de Artes e emprendemento[4] para a Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

Director de Culturgal durante dez anos, correspondéndose con 9 edicións da Feira, de 2013 a 2021 ambas incluídas.

Para o Concello da Coruña exerce de asesor externo e coordinador de actividades no "2022. Ano Internacional María Casares". Na actualidade con Ouvirmos xestiona, ao gañar o respectivo concurso público, as actividades da Cidade da Cultura.

Premios editar

  • Premio da crítica de Galicia, 2008 (modalidade de música). Ouvirmos Colección A Tiracolo.
  • Premio á mellor iniciativa editorial, 2009. Ouvirmos Fotobiografías Sonoras. Asociación Galega de editores
  • Premio ao mellor libro educativo, 2013. Ouvirmos Colección Cociña infantil e familiar. Asociación Galega de editores.
  • Premio á obra editorial do ano 2013, 2014. Ouvirmos Colección Cociña infantil e familiar. Federación de Librarías de Galicia.
  • Culturgal é seleccionado entre os tres mellores proxectos de industrias culturais e creativas do ano 2020 polo Ministerio de Cultura.[5]

Notas editar

  1. "Una editorial de aldea y global". El País (en castelán). 26 de xuño de 2012. 
  2. "José Manuel Aldea Moscoso,Consultor cultural senior. CEO en Ouvirmos, Dtor. de Culturgal, Dtor técnico en Fundación Celso Emilio Ferreiro". LinkedIn (en castelán). (require rexistro (?)). .
  3. "JOSE MANUEL ALDEA MOSCOSO: Companies and Positions". Infoempresa.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2022. Consultado o 22 de xaneiro de 2022. 
  4. Audacia, Festival de Artes e emprendemento
  5. "El Ministerio de Cultura y Deporte presenta los mejores proyectos de Industrias Culturales y Creativas 2020". culturaydeporte.gob.es (en castelán). 11 de novembro de 2021. Consultado o 22 de novembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar