Xordania nos Xogos Olímpicos

Xordania participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1980, e enviou atletas para competir en cada edición dos Xogos Olímpicos de Verán dende entón. A nación nunca participou nos Xogos Olímpicos de Inverno. Xordania gañou a súa primeira medalla olímpica nos Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro, cando Ahmad Abughaush gañou o ouro na proba de taekwondo 68 kg masculino.

Xordania nos Xogos Olímpicos

Código COI JOR
Comité nacional Comité Olímpico Xordano
www.joc.jo/ar/ (en árabe)
Medalleiro
Ouro
1
Prata
1
Bronce
1
Total
3

O Comité Olímpico Xordano foi creado en 1957 e recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional en 1963.

Táboas coas medallas editar

Medallas nos Xogos de Verán editar

Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
  Moscova 1980 4 0 0 0 0 -
  Os Ánxeles 1984 5 0 0 0 0 -
  Seúl 1988 7 0 0 0 0 -
  Barcelona 1992 2 0 0 0 0 -
  Atlanta 1996 4 0 0 0 0 -
  Sydney 2000 6 0 0 0 0 -
  Atenas 2004 5 0 0 0 0 -
  Pequín 2008 6 0 0 0 0 -
  Londres 2012 9 0 0 0 0 -
  Río de Xaneiro 2016 8 1 0 0 1
  Toquio 2020 14 0 1 1 2 -
  París 2024 Evento futuro
  Os Ánxeles 2028
Total 1 1 1 3

Medallas por deporte editar

Xogos de Verán
Deporte Ouro Prata Bronce Total
  Taekwondo 1 1 0 2
  Karate 0 0 1 1
Total 1 1 1 3

Lista de medallistas editar

Medalla Nome Xogos Deporte Evento
  Ouro Ahmad Abughaush   Río de Xaneiro 2016   Taekwondo 68 kg masculino
  Prata Saleh Al-Sharabaty   Toquio 2020   Taekwondo 80 kg masculino
  Bronce Abdelrahman Al-Masatfa   Toquio 2020   Karate 67 kg masculino

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar