Xogo de rol

Xogo sofisticado no que os xogadores representan o papel dun personaxe nun mundo ficticio narrado por un director de xogo ou master.
(Redirección desde «Xogos de rol»)

Un xogo de rol é un xogo en que cada xogador participante interpreta un determinado rol ou papel dentro dunha aventura arbitrada polo chamado director de xogo.

Dados de Rol

Nos xogos de rol, os xogadores, axudados polo Dx (Director de Xogo, Master, Narrador etc.), encarnan os papeis de personaxes que habitan outros mundos ou situacións diferentes ás reais, "vivindo" aventuras neses mundos que, normalmente, están inzadas de dificultades, inimigos, xentes e razas fantásticas, conflitos e maxia.

Os xogos de rol desenvólvense ao redor dunha mesa, na cal se sentan os xogadores que encarnan aos "Px´s" (Personaxes xogadores) e o Director de Xogo. Este, como narrador, conta a historia (preparada con anterioridade), e preséntalles aos xogadores as diferentes situacións en que deberán posicionarse dalgún xeito, sempre actuando dun xeito similar ao que cren que faría a súa personaxe nesas circunstancias. En moitos casos, os xogadores falarán de xeito moi diferente ó que falan na súa vida real, ou mesmo actuando contrariamente ao que crerían correcto se fosen eles mesmos.

Para xogar non se precisa máis có libro de regras correspondente ao xogo en cuestión, algúns dados de diferentes formas poliédricas (de 4,6,8,10,12 ou 20 caras), uns lapis e uns papeis, nos caes se apuntan as características ou trazos da personaxe que leva cada xogador.

Durante unha partida de rol aparecerán situacións que se poderán resolver dun xeito automático sen a necesidade de tirar dados ou acudir a algunha regra. Para cando esas ocasións non están tan claras, existe o que se chama o sistema de xogo, é dicir, un conxunto de regras máis ou menos sinxelas que delimitan a posibilidade de facer unhas cousas ou outras dependendo do momento.

Orixes

editar
Artigo principal: Historia dos xogos de rol.

A finais dos anos 60, no século XX, desenvolveuse nos Estados Unidos un novo concepto de xogo. Neste xogo non había nin fichas, nin taboleiro, nin sequera unhas regras estritas; tan só se baseaba na interpretación, no diálogo, a imaxinación e no sentido de aventura. Este concepto de xogo foi tomando forma e, a mediados dos anos 70 foi publicado o primeiro xogo de rol como tal, o Dungeons & Dragons.

Hoxe en día hai miles de xogos de rol diferentes por todo o mundo, redactados en máis dunha ducia de linguas, moitos deles dispoñibles en Internet de forma gratuíta.

Xogos de rol en Galicia

editar

Os xogos de rol chegan a Galicia de mans de editoriais españolas e doutros países. Algúns afeccionados comezan a utilizar os xogos en inglés antes da súa popularización en España, pero constitúen unha minoría.

Xa durante a década de 1990 hai algúns intentos tímidos por parte dos xogadores de rol galegos por crear proxectos de produción propia. A maior parte son autoeditados polos afeccionados e aínda que algúns contan con algún tipo de subvención oficial, pasan desapercibidos.

De xeito indirecto algúns xogos de rol como Vampiro, Aquelarre, Ars Magica, Fanhunter e en xeral os xogos con algún tipo de ambientación ou referencia histórica dedican certos suplementos ou fan referencia a Galicia.

Porén, o 20 de novembro de 2007 realízase a presentación oficial de As Crónicas de Gáidil en Santiago de Compostela, primeiro xogo de rol galego en lingua galega, contando con apoio subvencionado da Xunta de Galicia. A ambientación de As Crónicas de Gáidil toma como referencia as lendas e mitos célticos-castrexos para crear un mundo fantástico chamado Gáidil, pero centrado nunha rexión chamada Gael-leach, reflexo borroso e distorsionado dunha Galiza castrexa onde os deuses como Lugh, Mórrigan ou Lir se mesturan coas castes dos nerios, lemavos, libredóns ou ártabros nun contorno de fantasía na idade de bronce.

Tipos de xogos de rol

editar

Dende os anos 70 que apareceu o primeiro xogo de rol propiamente dito, estes medraron e reproducíronse dun xeito abraiante, aparecendo diferentes xogos e ambientacións de campaña.

Segundo o sistema de xogo

editar
  • Ad&d - Advanced Dungeons & Dragons: O coñecido Dragóns e Alxubes, que chegou á Península Ibérica na súa 2ª edición.
  • Chaosium: Empregado nos xogos Runequest e A chamada de Cthulhu. Emprega tiradas percentiles.
  • L5A - A Lenda dos cinco Aneis. Inspirado na mitoloxía e xeito de entender a vida en Rokugan, un Pseudo-Xapón mitolóxico.
  • NPI: O primeiro sistema de rol feito integramente en Galiza, pertencente ó xogo As Crónicas de Gáidil. Úsanse unicamente dados de seis caras (D6)
  • Rolemaster: Complexo sistema de xogo con moitas táboas. De gran realismo e dificultade de uso.
  • SAVAGE WORLDS: Sistema multiambiental de forte (aínda que non única) influencia Pulp con multitude de ambientacións.
  • West End Games: Sistema sinxelo que emprega un antigo xogo da triloxía Starwars.
  • Mutantes:: Un dos primeiros xogos feitos na Península.
  • White Wolf (sistema Narrativo): Empregado en xogos como Vampiro: A mascarada, Lobishome: A apocalipse etc.
  • WHFRPG (Warhammer Fantasy Role Playing Game): Sistema baseado no xogo de batallas con figuras de chumbo.
  • FUDGE (Freeform-Universal-Doityourself-Gaming-Engine): Son un número de regras e directrices (gratuítas e de libre descarga) feitas para axudar a aquel que quere facer un xogo de rol e non sabe por onde comezar.
  • FATE: Sistema de Xogo principalmente baseado en FUDGE que incorpora algunha novidade coma os aspectos.
  • FATE ACELERADO: (aka FAE): Sistema moitísimo máis sinxelo proveniente do anterior.
  • GURPS: (Generic Universal Role Playing Sistem): Sistema de xogo Xenérico e Universal.
  • Hero system
  • Aquelarre
  • Universo: Xogo de rol Multiambiental.
  • Coda: Sistema que emprega o xogo O Señor dos Aneis baseado na triloxía cinematográfica. Sinxelo e de grande realismo. Moi similar ao D20.
  • Palladium: Sistema feito pola compañía do mesmo nome para as súas diferentes liñas de edición.
  • D20: Sistema herdeiro do Ad&d. Goza de licenza aberta, así que calquera pode descargalo e empregalo. Hai moitos tipos e cada un adaptado ás diferentes campañas.
  • OGL (OPEN GAMING LICENSE): Versión do sistema D20 para xogos como o popular Conan RPG.

Segundo a súa ambientación

editar

Medievais fantásticos

editar

Mundos nos cales os dragóns, os magos e estraños e mitolóxicos seres son tan reais coma a vida mesma.

  • MERP Middle Earth RolePlaying
  • O Señor dos Anéis(Esdla)
  • A Porta de Ishtar
  • Barbarians of Lemuria
  • Stars without number
  • Aventuras na marca do Leste
  • Os Reinos Esquecidos
  • Greyhawk
  • Darksun (aD&D)
  • Ravenloft (D20)
  • Reinos de Ferro(D20)
  • Pirates of the Spanish Main
  • Weird Wars Rome
  • Hellfrost
  • 50 Fathoms
  • Eberron (D20)
  • Os Reinos de Kalamar
  • Krynn (Dragonlance)
  • Warcraft
  • Earthdawn
  • Conan RPG
  • Runequest
  • Heroquest
  • Pendragón
  • O Príncipe Valente
  • Warhammer RPG
  • A Lenda dos 5 Aneis
  • 7º mar
  • Stormbringer
  • Elric
  • Anno Domini
  • Paladium
  • Oráculo
  • Feeria
  • Aquelarre
  • As Crónicas de Gáidil
  • Beyond the Supernatural
  • First Contact XCorps
  • Dragonstar
  • Other Dust
  • Day after Ragnarok
  • Spirit of the century
  • Stars without number
  • Alternity
  • Planeta Azul
  • The Laundry
  • Conspiracy X
  • Star Trek rpg
  • Mekton Z
  • Cyberpunk
  • Darwin's World
  • Broken Earth
  • Necrópolis
  • Apocalipse world
  • Exo
  • Fading Suns
  • Fuerza Delta
  • Gamma World
  • Heavy Gear
  • Hellas
  • Mechwarrior
  • Megatraveller
  • Rifts
  • Shadowrun
  • Spacemaster
  • Starwars
  • Traveller

Terror

editar
  • Zombie: All Flesh must be eaten
  • A chamada de Cthulhu
  • Ragnarok
  • Lobishome, a apocalipse
  • Mago, a ascensión
  • Wraith, o olvido
  • Changeling, o ensoño
  • Kult
  • Vampire: The Masquerade
  • Vampiro, o requiem
  • Zcorps

Outras ambientacións

editar
  • Os Cazapantasmas
  • Unknown Armies
  • Iluminados
  • Feng Shui
  • Phenomena
  • Mutantes na sombra
  • Mutantes G2
  • Fanhunter
  • Deadlands
  • Fanpiro
  • Marvel Superhéroes
  • DC Heroes
  • Mutants & Masterminds
  • Ninjas & Superspies

Termos empregados nos xogos de rol

editar
  • Personaxe Xogador: As personaxes encarnadas polos xogadores dun xogo de rol.
  • Narrador: Tamén chamado master, gardián dos arcanos, narrador, director de xogo etc. É o que dirixe unha partida, e actúa por tódalas personaxes coas que interactúan os Pxs (Personaxes Xogadores).
  • Px ou Xp´s: Puntos de experiencia que outorga unha criatura ó ser vencida polos xogadores.Cando se xuntan os px´s necesarios, o xogador sobe de nivel.
  • Nivel: Diferentes estadios que determinan a habilidade do personaxe no exercicio da súa profesión.
  • Módulo: Unha aventura. Pode durar dende unha hora ata varios días de xogo.
  • Campaña: Grupo de módulos consecutivos, que ten unha mesma temática común. Poden remontarse a anos de xogo coas mesmas personaxes.
  • Crítico: Golpe ou acción especialmente efectiva. Se se refire a un golpe, e que se fai un dano moi grande coa arma ó ser golpeado un punto vital. Se se refire a unha acción, é que se realiza do mellor xeito posible.
  • Pífia: O contrario de Crítico. Realízase unha acción ou un ataque do peor xeito posible, con resultados adversos.
  • Folla de Personaxe: Folla de papel (normalmente fotocopiada) que se enche coas características, habilidades, equipo e demais datos do personaxe xogador. Normalmente, pola parte de atrás apúntanse cousas importantes da partida.
  • Característica: Trazo principal da personaxe. As características definen á personaxe física e mentalmente.
  • Habilidade: Trazos secundarios que definen o que sabe ou pode facer a nosa personaxe. Normalmente, veñen definidos pola profesión da personaxe.
  • Modificador: Bonificador que pode outorgar o Contacontos ou Narrador dependendo do difícil que poida ser unha acción.
  • Táboas: Listas de Equipo, habilidades e demais que completan as regras dun xogo de rol.
  • Pantallas: Pequeno muro de cartón que serve de axuda ó master ou Contacontos. Detrás delas, este fai as súas tiradas fóra da mirada dos xogadores e garda o módulo e outra información confidencial (como as reviravoltas da partida).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar