Xia Wanchun

poeta e soldado da dinastía Ming

Xia Wanchun (chinés tradicional e simplificado: 夏完淳; pinyin: Xià Wánchún; Wade-Giles: Hsia4 Wan2-ch'un2), nado o 4 de outubro do 1631 e finado o 16 de outubro do 1647, foi un poeta e soldado de finais da dinastía Ming (1368-1644). Neno prodixio, faleceu aos 17 anos de idade durante as invasións manchús que derrocaron aos Ming.

Infotaula de personaXia Wanchun
夏完淳

Retrato de Xia Wanchun xunto ao seu pai, Xia Yuyi.
Nome póstumo忠毅 e 節愍 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de outubro do 1631
Morte16 de outubro do 1647
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDinastía Ming Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónPoeta, soldado
Período de actividadeDinastía Ming
Xénero artísticoPoesía
LinguaChinés clásico
Familia
PaiXia Yunyi Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Xia Wanchun foi recoñecido como poeta dende moi novo. Comezou a escribir aos 7 anos, e foi discípulo de Chen Zilong (1608-1647). Aos 9, xa sabía compoñer fu no estilo antigo.[1] Os seus poemas ci son famosos polo seu "entusiasmo e pathos".[1]

Aos 15 anos alistouse no exército para enfrontarse aos Qing, xunto co seu pai, Xia Yunyi (1596-1645). Sobre os soldados dos Ming caídos, escribiu: "Os sabios dispérsanse como as nubes, o estado está en ruínas! Compuxen dezaoito jueju cun espírito que excede ao de calquera longo lamento".[2] Do mesmo xeito que o seu pai, foi executado polos soldados manchús.[1]

Poema de despedida editar

O seu poema de morte ten moita sona. Nel, reflexiona sobre a guerra e a proximidade do seu falecemento. A peza é a seguinte:[1]

三年羈旅客
今日又南冠
無限山河淚
誰言天地寬
已知泉路近
欲別故鄉難
毅魄歸來日
靈旗空際看

Camiño pola senda da guerra dende hai tres anos
e agora son un prisioneiro.
As bágoas asolagan montañas e ríos,
quen diría que o ceo e a terra son vastos?
Sei que a miña morte se aproxima,
é difícil despedirse do fogar,
o día que a miña alma regrese
espero ver aos manchús derrotados.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Yuan (2017): 121.
  2. Carlitz (1995): 231.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar