Xacebáns, Quintela de Leirado

parroquia civil do concello de Quintela de Leirado
(Redirección desde «Xacebáns»)

Santiago de Xacebáns é unha parroquia do concello ourensán de Quintela de Leirado, na comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 72 habitantes (34 homes e 38 mulleres).

Xacebáns
Vista de Xacebáns.
ConcelloQuintela de Leirado[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°06′29″N 8°04′45″O / 42.10797222, -8.07902778Coordenadas: 42°06′29″N 8°04′45″O / 42.10797222, -8.07902778
Poboación72 hab. (2023)
Entidades de poboación2[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

Está situada a beira do monte de Panagache (1213 m). Dentro do Parque Nacional de Peneda-Gerês, constitúe un marco incomparable de natureza, fauna e diversidade. Existe unha ruta de sendeirismo que chega ata a vila portuguesa de Castro Laboreiro. Por esta parroquia transcorre o río Deva, que nace na serra de Leboreiro e que se une o río Miño na Frieira.

Historia editar

En 1893 creouse a parroquia, segregándose os seus lugares de Leirado.[3]

Patrimonio editar

 
Igrexa parroquial.

Na parroquia atópase unha pequena capela de estilo románico (Santiago de Xacebáns) e mais uns cruceiros de pedra de principios do século XIX, que van desde a igrexa ata a fonte (antigo lavadoiro).

Existe tamén un forno antigo, onde se cocía o pan antigamente, hoxe rehabilitado como local social.

Lugares e parroquias editar

 
Hórreos.

Lugares de Xacebáns editar

Lugares da parroquia de Xacebáns no concello de Quintela de Leirado (Ourense)

Retortoiro | Xacebáns

Parroquias de Quintela de Leirado editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Quintela de Leirado

Leirado (San Pedro) | Mociños (Santa María) | Quintela de Leirado (San Paulo) | Redemuíños (San Salvador) | Xacebáns (Santiago)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar