XV dinastía exipcia

dinastía do antigo Exipto

A décimo quinta Dinastía de Exipto (XV dinastía) gobernou durante o Segundo período intermedio de Exipto, entre o 1650 a. C. e ca. 1550 a. C.. A capital da dinastía foi probablemente Avaris.

Modelo:Xeografía políticaXV dinastía exipcia

Localización
Datos históricos
Precedido por
Creación1650 a. C. Editar o valor em Wikidata
Disolución1550 a. C. Editar o valor em Wikidata
Sucedido porXVI dinastía exipcia Editar o valor em Wikidata

As dinastías XV, XVI e XVII do antigo Exipto combínanse a miúdo baixo o título do grupo, Segundo período intermedio de Exipto. A XVª dinastía data aproximadamente do 1650 ao 1550 a.C.[1] A dinastía era allea ao antigo Exipto, fundada por Salitis, un hicso de Asia occidental cuxa xente invadira a país e conquistou o Baixo Exipto.

Faraóns editar

Os gobernantes coñecidos da XV dinastía son os seguintes:[2]

Décimo quinta dinastía
Nome Datas e comentarios
Salitis Mencionado por Manetón como primeiro faraón da dinastía, actualmente non identificado con ningunha persoa testemuñada arqueoloxicamente.
Semqen Mencionado na lista real de Turín. Segundo Ryholt, foi un dos primeiros gobernantes hicsos, posiblemente o primeiro faraón da dinastía,[2] von Beckerath asignao á XVI dinastía.[3]
Aperanat Mencionado na lista real de Turín. Segundo Ryholt, foi un dos primeiros gobernantes hicsos, posiblemente o segundo faraón da dinastía[2] von Beckerath asignao á XVI dinastía.[3]
Sakir-Har Nomeado como un dos primeiros faraóns hicsos nunha xamba atopada en Avaris. A orde real é incerta.
Iannas
Apofis c. 1590? a.C.-1550 a.C.
Camudi c. 1550-1540 a.C.

A XV dinastía de Exipto foi a primeira dinastía Hicsos, gobernada desde Avaris, sen control de todo o territorio. Os hicsos preferiron quedar no norte de Exipto xa que se infiltraron desde o nordés. O nome e orde dos faraóns é incerto. A lista real de Turín indica que había seis faraóns Hicsos, cun escuro Camudi que figura como derradeiro faraón da XV dinastía.

Nome Común Comentarios Reinado[4]
Salitis 1630–1615
Bnon 1615–1602
Apacnan 1602–1594
Iannas 1594–1574
Apofis I 1574–1534
Apofis II 1534–1525
Camudi 1525

Gobernantes da xv dinastía nos antigos textos editar

Nome de Nesut-Bity Nome de Sa-Ra Flavio Xosefo Anos Xulio Africano Anos Xurxo Sincelo Anos
Sejaenra Sharek Salitis 19 Saites 19 Silites 19
Maaibre[5] Sheshi Bnon 44 Bnon 44 Baion 44
Meruserra Yaqebhor Apacnan * 37 Pacnan 61 Apacnas 36
Seuserenra Jyan Iannas * 50 Staan 50 Sethos 50
Aauserra Apepi Apofis 61 Afofis * 61 Aiofis 61
Nejyra Camudi Assis 49 Arcles * 49
Nota: Escritos en orde inverso (*)

Cronoloxía da XV dinastía editar

Cronoloxía estimada polos seguintes exiptólogos:

  • Primeiro faraón: Salitis
    • 1630-1615 (Franke)
  • Derradeiro faraón: Camudy
    • 1565-1555 (Redford)
    • 1545-1535 (Dodson)
    • 1541-1540 (Ryholt)
    • c.1525 (von Beckerath, Helck)

Cronograma do segundo período intermedio de Exipto editar

Xois Avaris Baixo Exipto Exipto Medio Alto Exipto Baixa Nubia
      XIII dinastía exipcia    
XIV dinastía exipcia          
  XV dinastía exipcia        
Dominio dos Hicsos   XVI dinastía exipcia   Dominio dos Hicsos  
          Dinastía Kushita
        XVII dinastía exipcia  
           
           
           

Número de faraóns chamados Apofis editar

Algúns estudosos sosteñen que había dous faraóns Apophis chamados Apofis I e Apofis II, pero isto débese principalmente a que hai dous coñecidos prenomens para este faraón: Awoserre e Aqenenre. Non obstante, o exiptólogo danés Kim Ryholt sostén no seu estudo do Segundo período intermedio que estes prenómes fan referencia a un home: Apopi I, que gobernou Exipto durante máis de 40 anos.[6] Isto tamén se apoia no emprego deste faraón dun terceiro prenome durante o seu reinado: Nebkhepeshre.[7] Apopi probablemente empregou diferentes prenomes ao longo de varios períodos do seu reinado. Este escenario non está exento de precedentes ou paralelos, xa que se sabe que varios faraóns, entre eles o famoso Ramsés II, e Seti II, empregaron dous prenomes diferentes durante os seus reinados.

Notas editar

Referencias
  1. Shaw, Ian, ed. (2000). The Oxford History of Ancient Egypt. Oxford University Press. p. 481. ISBN 0-19-815034-2. 
  2. 2,0 2,1 2,2 K.S.B. Ryholt: The Political Situation in Egypt during the Second Intermediate Period, c.1800–1550 BC, Carsten Niebuhr Institute Publications, vol. 20. Copenhagen: Museum Tusculanum Press, 1997, excerpts available online here.
  3. 3,0 3,1 Jürgen von Beckerath: Handbuch der ägyptischen Königsnamen, Münchner ägyptologische Studien, Heft 49, Mainz : P. von Zabern, 1999, ISBN 3-8053-2591-6, available online Arquivado 22 de decembro de 2015 en Wayback Machine. see p. 120–121.
  4. Datación segundo Franke.
  5. Maaibre podería ser outro faraón hicso. Non existe proba epigráfica de que sexa outro nome do faraón Sheshi.
  6. Kim Ryholt, The Political Situation in Egypt during the Second Intermediate Period c.1800-1550 B.C. by Museum Tuscalanum Press. 1997. p. 125
  7. Kings of the Second Intermediate Period University College London; scroll down to the 15th dynasty

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Dinastía precedente Dinastía Dinastía seguinte
Décimo cuarta Dinastía Décimo quinta Dinastía
c. 1650 - 1550 a.C.
Décimo sexta Dinastía