Lista real de Turín

A Lista real de Turín, tamén coñecida como o Canon real de Turín, é un papiro hierático do antigo Exipto que se cre data do reinado do faraón Ramesses II, agora no Museo Egizio (Museo Exipcio)[1] en Turín. O papiro é a lista máis extensa dos faraóns recompilada polos antigos exipcios, e é a base para a maioría da cronoloxía antes do reinado de Ramesses II.

Versión da tentativa de 1904 de reunir as partes da lista real de Turín

Creación e uso editar

Crese que o papiro data do reinado de Ramesses II, durante a metade do Imperio Novo de Exipto ou a XIX dinastía. O comezo e final da lista perdéronse, non hai introdución e a lista non continúa despois da XIX dinastía. Así, a composición podería ter lugar noutro tempo posterior, desde o reinado de Ramesses II ata a XX dinastía exipcia.   O papiro enumera os nomes dos gobernantes, a duración dos reinados en anos, con meses e días para algúns faraóns. Nalgúns casos agrúpanse por familia, o que corresponde aproximadamente ás dinastías do libro de Manetón. A lista inclúe os nomes de gobernantes efémeros ou aqueles que gobernaron pequenos territorios e que non se mencionan noutras fontes.

A lista tamén contén faraóns da XV Dinastía, os Hicsos que gobernaron o Baixo Exipto e o delta do río Nilo. Os gobernantes Hicsos non teñen cartuchos (bordos que indican o nome dun rei), e engádese un signo xeróglifo para indicar que eran estranxeiros, aínda que normalmente nas listas de faraóns os gobernantes estranxeiros non están nas listaxes.

O papiro era orixinalmente unha relación de impostos, pero nas súas costas está escrito unha lista de gobernantes de Exipto, incluíndo faraóns míticos como deuses, semi-deuses e espíritos, así como faraóns humanos. Que se usase o reverso dun papiro antigo pode indicar que a lista non tiña unha importancia formal para o escritor, aínda que se cre que a función principal da lista era como unha axuda administrativa. Polo tanto, é menos probable que o papiro non tivese prexuízos contra certos gobernantes e crese que inclúe todos os faraóns de Exipto coñecidos polos seus escritores ata a XIX ou XX dinastía.

Descubrimento e reconstrución editar

O papiro atopouno o viaxeiro italiano Bernardino Drovetti en 1820 en Luxor (Tebas), Exipto e en 1824 adquiriuno o Museo Exipcio de Turín en Italia e foi designado como o Papiro Número 1874. Cando a caixa no que fora transportado a Italia, foi desempaquetada, a lista desintegrárase en pequenos fragmentos. Jean-Francois Champollion, examinándoo, só puido recoñecer algúns dos fragmentos máis grandes que conteñen nomes reais e fixo un debuxo do que puido descifrar. Creouse unha reconstrución da lista para entendela mellor e axudar á investigación.

O investigador saxón Gustav Seyffarth (1796-1885) reexaminou os fragmentos, algúns de só un centímetro cadrado de tamaño, e fixo unha reconstrución máis completa do papiro baseado só nas fibras do papiro, xa que aínda non se podía determinar o significado dos caracteres hieráticos. O exiptólogo de Múnic Jens Peter Lauth, realizou un traballo posterior sobre os fragmentos, que confirmou en gran medida a reconstrución de Seyffarth.

En 1997, o destacado exiptólogo Kim Ryholt publicou unha nova e mellor interpretación da lista no seu libro "A situación política en Exipto durante o segundo período intermedio entre 1800 e 1550 a.C." Despois doutro estudo sobre o papiro, espérase unha versión actualizada de Ryholt. O exiptólogo Donald Redford tamén estudou o papiro e sinalou que, aínda que moitos dos nomes da lista corresponden a monumentos e outros documentos, hai algunhas discrepancias e non todos os nomes corresponden, cuestionando a fiabilidade absoluta do documento para a cronoloxía previa a Ramesses II.

A pesar dos intentos de reconstrución, aproximadamente o 50% do papiro permanece desaparecido. Este papiro, tal como esta actualmente constituído, ten 1,7 m de largo por 0,41 m de ancho, dividido en máis de 160 fragmentos. En 2009 descubríronse fragmentos inéditos no almacén do Museo Exipcio de Turín, en bo estado.[2] Espérase unha nova edición do papiro.

O nome Hudjefa, que se atopou dúas veces no papiro, agora é coñecido por ser usado polos escribas reais da Época de Ramesside durante a XIX dinastía do antigo Exipto cando os escribas recompilaron listas de faraóns como a mesa real de Sakkara e o canon real de Turín e o nome dun faraón falecido era ilexible, danado ou completamente borrado.

Contidos do papiro editar

O papiro divídese en once columnas, distribuídas do seguinte xeito. Os nomes e os cargos de varios faraóns seguen sendo discutidos, xa que a lista está moi danada.

  • Columna 1 - Deuses do Antigo Exipto
  • Columna 2 - Deuses do Antigo Exipto, espíritos e reis míticos
  • Columna 3 - Fichas 11-25 (Dinastías 1-2)
  • Columna 4 - Fichas 1-25 (Dinastías 2-5)
  • Columna 5 - Fichas 1-26 (Dinastías 6-8/9/10)
  • Columna 6 - Fichas 12-25 (Dinastías 11-12)
  • Columna 7 - Fichas 1-2 (Dinastías 12-13)
  • Columna 8 - Fichas 1-23 (dinastía 13)
  • Columna 9 - Fichas 1-27 (Dinastía 13-14)
  • Columna 10 - Fichas 1-30 (Dinastía 14)
  • Columna 11 - Fichas 1-30 (Dinastías 14-17)
 
Lista real de Turín con correccións de 2013 das posicións dalgúns fragmentos - representación da táboa de filas do papiro orixinal, traducidas a xeroglíficos

Estes son os nomes reais escritos no papiro, sen omisión de deidades, anos, resumos e encabezados:  

Segunda columna
Fila Nome común Nome na lista Transliteración Manuel de Codage Representación Unicode
11 Menes Meni mni <-Y5:N35-M17-> 𓏠𓈖𓇋
12 Hor-Aha Teti ttij <-X1:X1-M17-Z4-> 𓏏𓏏𓇋𓏭
13 Djer Iti, Ita iti <-M17-X1-//-G7-> 𓇋𓏏…𓅆
15 Djet Itui itjwi <-//-G4#12-M17-> …𓅂𓇋
16 Den Qenti qntj <-Aa8:X1*Z4-> 𓐖𓏏𓏭
17 Anedjib Merbiapen mr-biA-pn <-U7:D21-U17-Q3:N35-//-> 𓌻𓂋𓍅𓊪𓈖…
18 Semerkhet Semsem smsm <-S29-G17-S29-G17-> 𓋴𓅓𓋴𓅓
19 Qaa (Qe)beh qbH <-//-D58-V28-G7-> …𓃀𓎛𓅆
20 Hotepsekhemwy Baunetjer bAw-nTr <-//-G30-R4:Q3-G7-> …𓅢𓊵𓊪𓅆
21 Nebre Kakau kA-kAw <-//-E2-D52:Z1*Z1*Z1-G7-> …𓃓𓂸𓏤𓏤𓏤𓅆
22 Nynetjer Banetjer bA-nTr <-//-R8-D21:N35-G7-> …𓊹𓂋𓈖𓅆
23 Wadjnes ..s ..s <-//-//-S29-G7-> … …𓋴𓅆
24 Sened Sened.. snDi <-G54-//-> 𓅾…
25 Neferkara I Neferka nfr-kA <-O29-D28-Z1-> 𓉼𓂓𓏤
Terceira columna
Fila Nome común Nome na lista Transliteración Manuel de Codage Representación unicode
2 Neferkasokar Neferkasokar nfr-kA-skr <-F35-D28-Z1-O34:V31:D21-Z5-G7-> 𓄤𓂓𓏤𓊃𓎡𓂋𓏯𓅆
3 Khasekhemwy Bebti bbtj <-D58-D58-N21-G7-> 𓃀𓃀𓈅𓅆
4 Nebka Nebka nbkA <-V30-D28-Z1-> 𓎟𓂓𓏤
5 Zoser Djoser..it Dsr..it <-D45:D21-M17-.:X1#12-G7-> 𓂦𓂋𓇋𓏏𓅆
6 Sekhemkhet Djoserti Dsrti <-D45:D21-X1:Z4-G7-> 𓂦𓂋𓏏𓏭𓅆
7 Hudjefa II Hudjefa HwDfA <-O34-I10-S29-> 𓊃𓆓𓋴
8 Huni Huni Hwni <-V28-Z5-A25-//-G7-> 𓎛𓏯𓀝…𓅆
9 Snefru Senefer snfr <-S29-F35-I9:D21-G7-> 𓋴𓄤𓆑𓂋𓅆
12 Quefrén ..kha.. ..xa.. <-//-N28-D36-//-G7-> …𓈍𓂝…𓅆
17 Userkaf ..kaf ..kAf <-//-//-D28:I9-G7-> … …𓂓𓆑𓅆
23 Micerinos Menkahor mn-kA-Hr G5-<-G7-Y5:N35-D28-Z1-G7-> 𓅃𓅆𓏠𓈖𓂓𓏤𓅆
24 Djedkare Djed Dd <-R11-R11-> 𓊽𓊽
25 Unas Unis wnis <-E34:N35-M17-S29-> 𓃹𓈖𓇋𓋴
Cuarta columna
Fila Nome común Nome na lista Transliteración Manuel de Codage Representación Unicode
7 Neitiqerty Siptah Neitiqerty ntiqrti <-N35:X1*Z5-M17-N29-D21:X1*Z4-G7-> 𓈖𓏏𓏯𓇋𓈎𓂋𓏏𓏭𓅆
9 Menkare Neferka nfr-kA <-F35-D28-Z1-G7-> 𓄤𓂓𓏤𓅆
10 Neferkare II Nefer nfr <-F35-I9:D21-G7-> 𓄤𓆑𓂋𓅆
11 Ibi Ibi ibi <-M17-D58-E8-> 𓇋𓃀𓃙
20 Neferkare VII Neferkare nfr-kA-ra <-N5-F35-D28-Z1-G7#12-> 𓇳𓄤𓂓𓏤𓅆
21 Nebkaure Khety Khety Xti <-F32:X1-A50-M17-M17-G7-> 𓄡𓏏𓀻𓇌𓅆
22 Senenh.. Senenh.. snnh.. <-S29-M22-M22-N35:N35-A53-.:O4-//> 𓋴𓇒𓈖𓈖𓀾𓉔 …
24 Mer.. Mer.. mrr.. <-U7:D21-//-> 𓌻𓂋 …
25 Shed.. Shed.. Sd.. <-F30:D46#24-//-> 𓄞𓂧 …
26 H.. H.. H.. <-V28-//-> 𓎛 …
Quinta columna
Fila Nome común Nome na lista Transliteración Manuel de Codage Representación Unicode
12 Mentuhotep I Wah.. wAH.. <-V28#1234-//-> 𓎛𓏏…
14 Intef II ..n.. ..n.. <-//-N35-//-> …𓈖…
16 Mentuhotep II Nebhepetre nb-hpt-ra <-N5:V30-P8-> 𓇳𓎟𓊤
17 Mentuhotep III Seankhkare s-anx-kA-ra <-S29#34-S34#34-N35:Aa1-D28#34-> 𓋴𓋹𓈖𓐍𓂓
20 Amenemhat I ..pib.. ..p-ib.. <-//-.:Q3-.:F34-.:Z1-G7-> …𓊪𓄣𓏤𓅆
21 Senusret I ..ka.. ..kA.. <-//-D28-Z1-> …𓂓𓏤
Sexta Columna
Fila Nome común Nome na lista Transliteración Manuel de Codage Representación Unicode
1 Amenemhat IV Maakherure mAa-xrw-ra <-N5-U5:D36-P8-V1-A2-> 𓇳𓌷𓂝𓊤𓍢𓀁
2 Sobekneferu Sobeknefrure ..nfrw-ra 𓇳𓄤𓄤𓄤𓆊𓅆
5 Wegaf ou Sobekhotep I Khutawire xwt-Awi-ra <-N5-D43:N17:N17#1234-> 𓇳𓂤𓇿𓇿
6 Sekhemkare Sonbef Sekhemkare sxm-kA-ra <-N5#123-Y8#1234-D28#1234-Z1-> 𓇳𓏣𓂓𓏤
7 Sekhemkare Amenemhat V Amenemhat..re imn-m-HAt N5-Y5:.#34-G17-F4:X1*Z1-G7 𓇳𓏠𓅓𓄂𓏏𓏤𓅆
8 Hotepibre Sehetepibre sHtp-ib-ra N5-S29-R4:X1*Q3-F34 𓇳𓋴𓊵𓏏𓊪𓄣𓏤
9 Iufni Iufeni iwfni i-Z7-f-n:A1 𓇋𓏲𓆑𓈖𓀀
10 Amenemhet VI Seankhibre s-anx-ib-ra ra-s-anx-ib 𓇳𓋴𓋹𓈖𓐍𓄣𓏤
11 Semenkare Nebnuni Semenkare smn-kA-ra ra-s-mn:n-kA 𓇳𓋴𓏠𓈖𓂓
12 Sehetepibre Sehetepibre sHtp-ib-ra N5-s-R4:t*p-ib-Z1 𓇳𓋴𓊵𓏏𓊪𓄣𓏤
13 Sewadjkare Sewadjkare swAD-kA-ra ra-s-wAD-kA 𓇳𓋴𓇅𓂓
14 Nedjemibre Nedjemibre nDm-ib-ra ra-nDm-m-mDAt-ib 𓇳𓇛𓅓𓏛𓄣
15 Khaankhre Sobekhotep Sebek..p..re sbk-(Htp)-ra //-N5-I4-// …𓇳𓆋…
16 Renseneb Renseneb rn..nbw r:n-A2-//-n:b-Y1 𓂋𓈖𓀁…𓈖𓃀𓏛
17 Awybre Hor I Autibre Awt-ib-ra ra-Aw-Z7:t-Y1:Z2-ib-Z1 𓇳𓄫𓏲𓏏𓏛𓏥𓄣𓏤
18 Amenemhat VII Sedjefakare sDfa-kA-ra ra-s-D:f-A-//-kA 𓇳𓋴𓆓𓆑…𓂓𓏤
19 Sekhemre Khutawy Sobekhotep Amenemhatsebekhotep imn-m-hAt-sbk-Htp M17-Y5:N35-G17-F4:X1-I4-R4:X1-Q3 𓇋𓏠𓈖𓅓𓄂𓏏𓆋𓊵𓏏𓊪
20 Khendjer User..re ..djer wsr..ra..nDr N5-F12-//-Z1-N5:N35-M36:D21 𓇳𓄊…𓏤𓇳𓈖𓇥𓂋
21 Imyremeshaw ..kare ..kA-ra <-N5-//-D28-G7-> 𓇳…𓂓𓅆
22 Intef IV ..re ..ra //-D28-Z1-G7-W25:N35-X1:I9-G7 …𓂓𓏤𓅆𓏎𓈖𓏏𓆑𓅆
23 Seth Meribre ..ibre..seth ..ib-ra..stX N5-Y8-//-I5-Htp:t-p 𓇳𓏣…𓆌𓊵𓏏𓊪
25 Neferhotep I Khamaatreneferhotep xa..ra..nfr-Htp N5-N28:D36:Y1-//-F35-R4:X1-Q3 𓇳𓈍𓂝𓏛…𓄤𓊵𓏏𓊪
26 Sihathor (Re)Sahathor sA-Hwt-Hr <-N5-O6-X1:O1-G5-G7-G38-Z1-G7-> 𓇳𓉗𓏏𓉐𓅃𓅆𓅬𓏤𓅆
27 Sobekhotep IV Khaneferre-Sobekhotep xa-nfr-ra-sbk-Htp <-N5-N28:D36-Y1-F35-I3-R4:X1-Q3-> 𓇳𓈍𓂝𓏛𓄤𓆊𓊵𓏏𓊪
Sétima columna
Fila Nome común Nome na lista Transliteración Manuel de Codage
1 Sobekhotep VI Khaheteprehotep xa-Htp-ra-Htp N5-N28:D36*Y1-R4:X1-Q3-G7
2 Wahibre Ibiau Wahibreibiau wAH-ib-ra-ibiaw ra-wAH-H-Y1-ib-Z1-i-a:mw-A24-ib-Z1
3 Merneferre Ay Merneferre mr-nfr-ra N5-U7:D21-F35
4 Merhotepre Ini Merhetepre mr-Htp-ra N5-U6-R4:X1*Q3
5 Sankhenre Sewadjtu Seankhenresewadjtu s-anx-n-ra-swDtwi ra-s-anx-n:x-n-s-wAD-t-Z7
6 Mersekhemre Ined Mersekhemre Ined mr-sxm-ra-ind ra-U7:r-sxm-Z1-i-in:n-d:wr
7 Hori Sewadjkare Hori swAD-kA-ra-Hri N5-S29-M13-S28-Z1-G7-G5-M17
8 Merkawre Sobekhotep Merkawre Sobek.. mr-kAw-ra-sbk.. N5-U7:D21-Z1-D28-Z1-//-I3-//
13 Djedneferre Dedumose ..mose i-m-s-s //-F31-S29-Z5
14 Ibi ..maat..re Ibi ..mAat-ra-ibi <-N5-//-X1-H6->-G7-M17-E8-M17-A1
15 Hor Webenre Hor ..wbn-Hr <-N5-//-G43-D58-N35:N5->-G7-G5
16 Se..kare Se..kare s..kA-ra N5-S29-//-D28-Z1-G7
17 Seheqenre Sankhptahi ..enre ..enra N5-//-Y1:N35
22 Merkheperre Merkheperre mr-xpr-ra N5-U7:D21-L1
23 Merkare Merka.. mr..kA.. //-U7:.#234-D28-Z1
Oitava columna
Fila Nome común Nome na lista Transliteración Manuel de Codage
1 Nehesy Nehesy nḥsi G21-V28-S29-Z4-T14
2 Khatyre Khatyre xa.ti-ra N5-N28:D36*Y1-U33-Z4
3 Nebfautre Nebfaure nb-fAw-t-ra N5-V30:I9-F40-Z7:X1-Y1:Z2
4 Sehebre Sehabre sHb-ra N5-S29-V28-b-W3:N5
5 Merdjefare Merdjefare mr-DfA-ra N5-U7:D21-G42-G41:G37
6 Sewadjkare III Sewadjkare swAD-kA-ra N5-S29-M13-D28-Z1
7 Nebdjefare Neb("erased")re nb-DfA-ra N5-N5:V30-I10:I9-G42-Z7-G41:G37
8 Webenre Webenre wbn-ra N5-Z7-D58-N35:N5-G7
10 ..re ("erased")re ..ra..dfA N5-//-G41:G37
11 ..webenre ..wbn..ra //-D58#3-N35:N5-G7
12 Autibre Autibre Aw-t-ib-ra N5-F40-Z7:X1-Y1:Z2-F34-Z1
13 Heribre Heribre hr-ib-ra N5-O4-D21:Y1-F34-Z1
14 Nebsenre Nebsenra nb-sn-ra N5-V30-S29-N35:Z2
16 Sekheperenre Sekheperenre s-xpr-n-ra N5-S29-L1-D21:N35
17 Djedkherure Djedkherure Dd-xrw-ra N5-R11-G7-P8-Z7
18 Seankhibre Seankhibre s-anx-ib-ra N5-S29-S34-N35:Aa1-F34-Z1
19 Kanefertemre (Ka)nefertemre kA-nfr-tm-ra N5-F35-X1:U15-//-G7
20 Sekhem..re Sekhem..re sxm..ra N5-S42-G17-//
21 Kakemure Ka..kemure kA..kmw-ra N5-D28-D52:E1-//-I6-Z7:X1-E1
22 Neferibre Neferib..re nfr-ib-ra N5-F35-F34-//
23 I..re I..re i..ra N5-M17-A2-//
24 Kha..re Kha..re xa..ra N5-N28:D36*Y1-//
25 Aakare Aakare aA-kA-ra N5-O29v-D28-//
26 Semen..re Semen..re smn..ra N5-S29-Y5:N35-//
27 Djed..re Djed..re Dd..ra <-N5-R11-R11-//
Novena columna
Fila Nome común Nome na lista Transliteración Manuel de Codage
7 Senefer..re Senefer..re s-nfr..ra N5-S29-F35-//
8 Men..re Men(ib)..re mn-ib..ra N5-Y5:N35-ib*Z1#1234
9 Djed.. Djed.. Dd.. R11*R11#34-//
14 Inenek Inenek in-n-k M17-K1:N35:V31A-//
15 Ineb Ineb inbi M17-A1-V30-//
16 'Apepi Ip.. ip.. M17-A1-Q3-//
17 Hab Hab hbi M17-O4-G1-D58
18 Sa Sa sA G39-Z1
19 Hepu Hepu Hpw Aa5:Q3-Z7-E1
20 Shemsu Shemsu Smsw T18-S29-Z7-D54
21 Meni Meni mni Y5:N35-M17-//
22 Werqa.. werqa.. wr-qAi G36:D21-N29-A28
25 ..ka ..ka ..kA.. <-//-A2-D28-Z1->
26 ..ka ..ka ..kA.. <-//-D28-Z1->
28 ..ren..hepu ..ren..hepu.. ..rn-Hpw.. <-//-D21:N35->-G7-Aa5:Q3-Z7-Y1
29 Anati Anati in-nti <-//-D28-Z1-G7->-G7-V30:N35-N35:G1-U33-M17-D54
30 Bebnum ..ka.. Bebnem ..kA..bbnm <-//-D28-Z1-G7->-G7-D58-D58-N35:Z2-G17-D54
Décima columna
Fila Nome común Nome na lista Transliteración Manuel de Codage
1 I.. I.. iwf.. M17-//
2 Seth II Seth stH.. <-C7-G7-//->
3 Sunu.. Sunu.. swnw <-T11-W24-Z7-//->
4 Hor.. Hor.. ḥr.. <-G5-G7://-//-[Ligazón morta]>
7 Nib.. Nib.. nib.. <-D35-M17-D58-E8-N35A#24-/->
8 Mer..en.. Mer..en.. mr..n.. <-U6://-N35https[Ligazón morta]://web.archive.org/web/20100617044359/https:///>
9 Penensetensepet Penensetensepet pnnstt-n-spt Q3:N35:N35-S29-K3:X1*X1-N35-S29-Q3:X1
10 Kherethebshepesu Kherethebshepesu xrt-Hb-Spsw <-T28:D21-W3:X1*B1-Z3A-A50-Z3A-//->
11 Khut..hemet Khut..hemet xw..Hmt.. <-Aa1:D43-Z7-//-N42:X1-B1-//->
20 Khamudi Khamudi xA-mdw-i xA-A-m-Z7-d:y-T14
25 Zeket.. Zeket.. skt.. <-O34:V31:X1*Z5-//-Z1-G7-//->
26 Ar.. Ar.. Ar.. <-D36:D21-//->
29 ..nia.. ..nia.. ..niA.. //-G7-N35-M17-G1-//
Onceava columna
Fila Nome común Nome na lista Transliteración Manuel de Codage
1 Sekhemre Sementawy Djehuti Sekhem..re sxm..ra <-N5-S42-Z1-//->
2 Sekhemre Susertawi Sobekhotep VIII Sekhem..re sxm..ra <-N5-S42-Z1-G7-//->
3 Sekhemre Sankhtawy Neferhotep III Sekhemre S.. sxm-ra-s.. <-N5-S42-Z1-G7-S29-//->
4 Sewadjenre Nebiryraw I Sewadjenre.. swAD-n-ra.. <-N5-S29-M13-N35:.#234-//->
5 Nebiriaure Nebiriaure nb-iri-Aw-ra #b-<-N5-V30-M17-D21:Z4-F40-Z7-Y1:Z2->#e
6 Nebiretaure Nebiretaure nb-iri-Awt-ra #b-<-N5-V30-M17-D21:Z4-X1:.-F40-Z7-Y1:Z2->#e
7 Semenre Semenre smn-ra #b-<-N5-S29-Y5:N35-U32-Y1:.*Z1->#e
8 Seuserenre Bebiankh Seuserre.. s-wsr-ra.. #b-<-N5-S29-F12-S29-D21:D36->#e
9 Sekhemre Shedwaset Sekhemre Shedwaset sxm-ra-Sd-wAst <-N5-S42-F30:D46-A24-R19-X1:O49-G7->
16 User..re User..re wsr..ra <-N5-F12-D21:.#1234-//->
17 User.. User.. wsr.. <-F12#3-//->
  • O texto do Manuel de Codage escribíuse co editor xeroglífico de código aberto JSesh.

Notas editar

Referencias
  1. "Museo Egizio homepage" (en italiano). Consultado o 20 December 2010.  (en inglés)
  2. "Copia arquivada" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2012. Consultado o 03 de maio de 2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Alan Gardiner, editor. Royal Canon of Turin. Griffith Institute, 1959. (Reprint 1988. ISBN 0-900416-48-3)
  • von Beckerath, J. (1995). "Some Remarks on Helck's 'Anmerkungen zum Turiner Königspapyrus'". The Journal of Egyptian Archaeology 81: 225–227. JSTOR 3821822. 
  • Beckerath, J. V. (1962). "The Date of the End of the Old Kingdom of Egypt". Journal of Near Eastern Studies 21 (2): 140–147. doi:10.1086/371680. 
  • Bennett, Chris (2002). "A Genealogical Chronology of the Seventeenth Dynasty". Journal of the American Research Center in Egypt 39: 123–155. JSTOR 40001152. doi:10.2307/40001152. 
  • George Adam Smith, "Chaldean Account of Genesis" (Whittingham & Wilkins, Londres, 1872) (Reprint 2005. Adamant Media Corporation, ISBN 1-4021-8590-1) p290 Contains a different translation of the Turin Papyrus in a chart about "dynasty of gods".
  • Kenneth A. Kitchen "King Lists" The Oxford Encyclopedia of Ancient Egypt. Ed. Donald B. Redford. Oxford University Press, 2001.
  • K. Ryholt, The Political Situation in Egypt during the Second Intermediate Period. Carsten Niebuhr Institute Publications, vol. 20. Copenhagen: Museum Tusculanum Press, 1997. ISBN 87-7289-421-0.
  • K. Ryholt, "The Turin King-List", Ägypten und Levante 14, 2004, pp. 135–155. This is a detailed description of the king-list, the information it provides, and its sources.
  • Málek, Jaromír. "The Original Version of the Royal Canon of Turin." Journal of Egyptian Archaeology 68, (1982): 93-106.
  • Spalinger, Anthony. "Review of: 'The Political Situation in Egypt during the Second Intermediate Period, c. 1800-1550 B. C.' by K.S.B. Ryholt." Journal of Near Eastern Studies 60, no. 4 (October 2001): 296-300.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar