Nome de Sa-Rá
en xeroglífico
G39N5
 
Ca1SPACECa2

Nome de Sa-Ra ( tamén Nome de Nacemento ou Nome do Fillo de Ra) era un dos nomes que poseia o faraón. A palabra Sa-Ra representada polo pato e polo sol conforme a imaxe do lado significa O fillo de Ra e representaba que o posesor dese título era descendente dos deuses.

Thutmose III

Desde o Imperio Medio de Exipto, dinastías XI e XII, os faraóns exipcios recibían cinco títulos. Engadían ao nome de nacemento outros catro máis cando accedían ao trono.

Eran os seguintes:

Nome de Horus, Nome de Nebty, Nome de Horus Dourado, Nome de Trono e Nome de Sa-Ra.

Neferirkara-Kakai, da dinastía V, engadiu unha nova titulatura dentro dun cartucho co seu nome de nacemento, precedido do símbolo Sa-Ra, traducido: "Fillo de Ra".

Desde a dinastía V o Nome de Sa-Ra foi un dos títulos máis xeneralizados, xunto co Nome de Horus e o Nome de Trono.

En realidade o príncipe, antes da ascensión ao trono, so posuía o nome de nacemento, que no momento da coroación transfórmase no nome de Sa-Ra, lexitimando a súa procedencia con ascendencia divina, xa que o faraón gobernaba Exipto como continuación do deus Ra sobre a terra.