Cartucho exipcio
Cartucho exipcio en xeroglífico |
|
Cartucho exipcio é o símbolo formado por unha corda ovalada cos extremos anudados como se mostra na figura da dereita


Etimoloxía editar
O nome exipcio era shenu proveniente do verbo sheni, circundar, posiblemente derivado do anel shen. O nome moderno de cartucho é francés, por semellanza cos cartuchos utilizados polos soldados de Napoleón durante a súa expedición a Exipto, a finais do século XVIII.
Historia editar
O xeito máis frecuente de representar un nome real foi incluíndo o seu xeroglífico dentro dun cartucho (shenu). Xorde a mediados da dinastía II para denominar aos faraóns: Sened, Neferkasocar e Peribsen.
Tamén se usou na dinastía III con Nebka e Huny, aínda que só se utilizou habitualmente desde a dinastía IV.
Véxase tamén editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cartucho exipcio |