William Wallace Campbell

astrónomo estadounidense

William Wallace Campbell, nado no condado de Hancock, Ohio, o 11 de abril de 1862 e finado en San Francisco o 14 de xuño de 1938, foi un astrónomo estadounidense, director do Observatorio Lick de 1900 a 1930. Especializouse en espectroscopia. Foi un pioneiro da espectroscopia astronómica e catalogou as velocidades radiais das estrelas.

Infotaula de personaWilliam Wallace Campbell

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de abril de 1862 Editar o valor em Wikidata
Condado de Hancock, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte14 de xuño de 1938 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
San Francisco, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da mortesuicidio, caída Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Míchigan Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía e Espectroscopia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastrónomo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Míchigan
Observatório Lick (pt) Traducir
Universidade de Colorado Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoJoel Stebbins (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeElizabeth Ballard Campbell
Premios

WikiTree: Campbell-49724

Traxectoria

editar

Campbell completou a escola secundaria no seu Ohio natal. Ao rematala, traballou como profesor de educación primaria antes de ingresar na Universidade de Míchigan, para estudar enxeñería civil. Porén, interesouse pola astronomía no observatorio universitario.

Graduado en 1886, traballou como profesor de matemáticas na Universidade de Colorado e de astronomía na Universidade de Míchigan. En 1890 ingresou como voluntario no Observatorio Lickcom, sendo astrónomo ao ano seguinte e director de 1901 a 1930. Entre 1923 e 1930, foi o décimo presidente da Universidade de California.[1]

Investigacións sobre a relatividade

editar

Desde 1911 tratou de comprobar se a teoría da relatividade xeral era correcta. Erwin Finlay-Freundlich e Albert Einstein propuxeron un experimento, durante unha eclipse, para verificar a validez da teoría xeral da relatividade, e dese xeito a demostración probaría que as teorías de Isaac Newton eran incorrectas. Para iso, viaxou xunto con William Wallace Campbell e a súa dona ao Imperio Ruso para observar unha eclipse solar en 1914, cando estalou a Primeira guerra mundial. Freundlich foi detido en Crimea acusado de espionaxe. O matrimonio Campbell, de nacionalidade estadounidense e por tanto neutral, ficou en Kíiv, pero non puido fotografar o eclipse pola nubosidade, e ademais o seu equipo foi requisado.[2]

Despois doutra tentativa en Washington, dirixiu un equipo en Australia en 1922, onde fotografou unha eclipse solar. Os datos obtidos proporcionan probas adicionais que apoian a teoría da relatividade de Albert Einstein.[1]

Nos seus últimos anos, cego dun ollo e con risco de perder a visión no outro, Campbell temía converterse nunha carga para a súa familia. Suicidouse en 1938, aos 76 anos.[1]

Premios e honras

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 Joseph S. Tenn (marzo/abril de 1992). "Campbell bio" (PDF). phys-astro.sonoma.edu/. 
  2. "Erwin Freundlich, el olvidado primer astrónomo de la relatividad". Instituto Argentino de Radioastronomía (en castelán). 2019-06-28. Consultado o 2024-06-16. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar