William Huapaya

futbolista peruano

William Sabino Huapaya Agüero, nado en Lima o 30 de decembro de 1958, é un exfutbolista peruano, que xogaba de extremo.

Huapaya
Información persoal
Nome William Sabino Huapaya Agüero
Nacemento 30 de decembro de 1958 (65 anos)
Lugar de nacemento Lima
Altura 1,78 m.
Posición Extremo
Carreira xuvenil
Club Sport Misti
Defensor Lima
Municipal de Barranca
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1976–1978 Juventud La Palma
1978–1983 Alianza Lima
1983–1984 Deportivo da Coruña 13 (1)
1984–1986 CNI de Iquitos
1987 Deportivo Municipal
1988 Defensor Lima
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nacido no distrito de La Victoria de Lima, comezou a xogar ao fútbol en varios equipos infantís e xuvenís como o Club Sport Misti, o Defensor Lima e o Municipal de Barranca, antes de ingresar no Juventud La Palma de Huacho.[1] Co primeiro equipo de Juventud proclamouse campión da Copa Perú no ano 1978.[2] As súas boas actuacións propiciaron a súa fichaxe polo Alianza Lima, o equipo máis laureado do país por aquel entón. Xogou durante catro anos e medio no equipo limeño, disputando dúas edicións da Copa Libertadores (1979 e 1983).

En abril de 1983 fichou polo Deportivo da Coruña, da Segunda División de España, ao que chegou recomendado por Montalvo, antigo xogador e único peruano que vestira anteriormente a camiseta do club galego.[3] Debutou na Copa da Liga de Segunda, marcando un gol en cada un dos seus dous primeiros partidos, ambos ante o Oviedo. Xogou un total de cinco partidos durante o torneo, todos como titular, incluído o encontro de volta da final que o seu equipo perdeu fronte ao Atlético Madrileño.

Con todo, as súas dificultades para adaptarse ao clima de Galicia e ao ritmo do fútbol europeo,[4][5] fixeron que o seu rendemento estivese por debaixo do agardado na tempada 1983/84, na que disputou 13 partidos de liga, só 4 deles como titular, anotando un gol ante o Castellón. Xogou ademais tres partidos da Copa do Rei e cinco da Copa da Liga, anotando nesta última o seu derradeiro gol co Deportivo, fronte ao Bilbao Athletic. O seu paso pola Coruña deixou unha célebre frase coa que tentaba explicar a Arsenio o seu baixo rendemento. Afirmaba estar "moi esixido" ("muy exigido "en castelán), expresión que o histórico adestrador citou en numerosas ocasións ao longo da súa carreira.[5][6][7] Deixou o Deportivo en xullo de 1984, despois dun total de 26 partidos e 4 goles.[8]

Aínda que tiña intención de ir xogar a Francia, acabou na selva amazónica, onde fichou polo CNI de Iquitos, club no que militou dous anos.[5] Posteriormente pasou polo Deportivo Municipal e o Defensor Lima, onde pechou a súa carreira en 1988, despois de lograr o ascenso á Primeira División.[9]

Trala súa retirada traballou como preparador físico e axudante do adestrador Hugo Sotil. En 2006 instalouse no barrio madrileño de Vallecas, onde pasou a traballar nunha axencia de viaxes.[5]

Palmarés editar

Juventud La Palma

Notas editar

  1. Cueto Guerra, Ana Belén. "El amo del fútbol" (en castelán). Consultado o 30 de maio de 2023. 
  2. "Los 60 años del Club Juventud La Palma" (en castelán). 7 de setembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2016. Consultado o 30 de maio de 2023. 
  3. "Hoy llegará a La Coruña un extremo peruano". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de abril de 1983. p. 45. 
  4. "Huapaya, que no conoce las drogas, dice que en el Deportivo se respira buen ambiente". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de decembro de 1983. p. 37. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Rodríguez Cudeiro, Juan Luis (30 de marzo de 2009). "Huapaya: "Ya no estoy tan exigido"". El País (en castelán). Consultado o 30 de maio de 2023. 
  6. "Arsenio: «Le he vuelto a coger gusto a esto»". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 19 de xuño de 1992. p. 48. 
  7. "Las mejores frases de Arsenio Iglesias" (en castelán). 5 de maio de 2023. Consultado o 30 de maio de 2023. 
  8. "Huapaya negoció su baja para irse a Francia". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xullo de 1984. p. 36. 
  9. "Once Ideal: Cara sucia, rostro feliz" (en castelán). 1 de agosto de 2011. Consultado o 30 de maio de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar