Abrir o menú principal

Copa da Liga de Segunda División 1983

A Copa da Liga de España de Segunda División 1983 foi a primeira edición do torneo. A competición empezou o 28 de maio e finalizou o 29 de xuño de 1983. baixo a modalidade de eliminatoria directa a ida e volta. Participaron os vinte equipos que que competían na Segunda División 1982–83, e o gañador do torneo obtería o dereito a participar na Copa da Liga de Primeira División 1984. O campión foi o Atlético Madrileño, tras superar ao Deportivo da Coruña na final.

Índice

Primeira roldaEditar

Os partidos de ida desta primeira rolda xogáronse os días 28 e 29 de maio de 1983, mentres que a volta xogouse os días 1 e 2 de xuño de 1983.

A diferenza da súa homóloga de Primeira División, na categoría de Segunda ningún equipo quedou exento de xogar esta eliminatoria. Así e todo, a eliminatoria que debía enfrontar ao Deportivo da Coruña e ao Palencia CF non chegaría a disputarse por imposibilidade dos palentinos de aliñar o mínimo de oito xogadores que viñeran xogando durante a tempada.

Local ida Global Local volta Ida Volta
Córdoba 4–6 Recreativo de Huelva 2–2 2–4
Jerez Deportivo 3–3 Cádiz 2–2 1–1
Rayo Vallecano 1–6 Castilla 1–1 0–5
Linares 1–3 Atlético Madrileño 1–0 0–2
Alavés 3–4 Oviedo 2–2 1–2
Palencia Deportivo da Coruña susp. susp.
Castellón 3–2 Barcelona Atlètic 3–0 0–2
Mallorca 9–2 Sabadell 4–0 5–2
Hércules 2–1 Cartagena 2–0 0–1
Murcia 1–4 Elche 1–1 1–0

Segunda roldaEditar

Os dez equipos clasificados na primeira eliminatoria enfrontáronse na seguinte rolda os días 5 e 8 de xuño. De nuevo ningún equipo quedou exento.

Local ida Global Local volta Ida Volta
Jerez Deportivo 2–1 Recreativo 2–0 0–1
Castilla 3–4 Atlético Madrileño 1–1 2–3
Deportivo da Coruña 5–3 Oviedo 4–2 1–2
Mallorca 3–4 Castellón 2–4 1–0
Murcia 3–6 Hércules 2–1 1–5

Terceira roldaEditar

Nesta eliminatoria só participaron o Hércules CF e o CD Castellón, pasando o resto de equipos directamente a semifinais. O partido de ida se celebrouse o 11 de xuño, mentres que a volta xogouse o 15 de xuño.

Local ida Global Local volta Ida Volta
Hércules 2–2 Castellón 1–0 1–2 (pr. + pen.)

SemifinaisEditar

As semifinais xogáronse entre o 19 e o 22 de xuño de 1983. Clasificáronse para a final o Atlético Madrileño e o Deportivo da Coruña.

Local ida Global Local volta Ida Volta
Jerez Deportivo 1–2 Deportivo da Coruña 0–1 1–1 (pr.)
Castellón 2–5 Atlético Madrileño 1–2 1–3

FinalEditar

A final da Copa da Liga de Segunda División 1983 xogouse a dobre partido o 25 e o 29 de xuño de 1983. O campión foi o Atlético Madrileño.

Deportivo da Coruña 1–3 Atlético Madrileño 25 de xuño de 1983 – Estadio de Riazor, A Coruña
Atlético Madrileño 0–1 Deportivo da Coruña 29 de xuño de 1983 – Estadio Vicente Calderón, Madrid
Asistencia: 10.000
Informe Fraga   78'
 
Campión
Atlético Madrileño
Primeiro título