Wikipedia:Votacións para borrar/Arquivo/2022
Esta páxina contén un arquivo de conversas vellas ou contidos anteriores e mantense só para a súa consulta. Non edite esta páxina. Para retomar un fío vello diríxase á páxina de conversa actual. |
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
- Proposto por: Coegho (conversa) 28 de novembro de 2022 ás 22:49 (UTC) (Período de votación: dende o 28-11-2022 ata, polo menos, o 08-12-2022)[responder]
- Información: Motivos para o borrado: Considero que este artigo non ten o contido suficiente como para considerarse de relevancia enciclopédica, nin podería telo no futuro por moito que se amplíe. O interese enciclopédico sobre este militante político redúcese á súa participación en Galiza Nova durante 2-3 anos como Secretario Xeral da mesma, e calquera outra información adicional que se poida engadir caería na información de carácter persoal (data e cidade de nacemento, estudos, profesión actual); polo que considero máis acaído manter o seu nome na lista de Secretarías Xerais do artigo de Galiza Nova (xa que ese dato en concreto si que pode ter relevancia), e borrar este artigo. --Coegho (conversa) 28 de novembro de 2022 ás 22:49 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Coegho (conversa) 28 de novembro de 2022 ás 22:49 (UTC)[responder]
- Borrar--. HombreDHojalata.conversa 9 de decembro de 2022 ás 12:25 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
- Proposto por: Estevo(aei)fálame aquí 19 de abril de 2022 ás 18:13 (UTC) (Período de votación: dende o 19-04-2022 ata, polo menos, o 29-04-2022)[responder]
- Información: Motivos para o borrado: Sen relevancia enciclopédica. --Estevo(aei)fálame aquí 19 de abril de 2022 ás 18:13 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Estevo(aei)fálame aquí 19 de abril de 2022 ás 18:13 (UTC)[responder]
- Borrar. --Maria zaos (conversa) 19 de abril de 2022 ás 18:29 (UTC)[responder]
- Borrar --. HombreDHojalata.conversa 19 de abril de 2022 ás 21:36 (UTC)[responder]
- Borrar --Cossue (conversa) 20 de abril de 2022 ás 05:48 (UTC)[responder]
- Borrar ----MAGHOI (conversa) 20 de abril de 2022 ás 06:28 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter. Artigo completo, ben referenciado, para unha persoa de relevancia internacional. Un artigo bo, ben escrito e diversificador, máis que moitas máis persoas galegas con artigo na Wikipedia --Xabier Cid Talk 2 me, please 20 de abril de 2022 ás 06:56 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
Comentario por relevancia ( moi discutible) votaría neutro, xa que no saco de personalidades virais de internet poden entrar perfectamente moitas outras personalidades/personaxes co correr dos tempos: velaí están as e os youtubeir@s. Agora ben, é máis que discutible o grado de participación, implicación ou responsabilidade directa desta persoa no fenómeno viral. Por todo isto, pero especialmente polo dereito ao esquecemento (que malamente xestionaríamos por estes lares) e por un senso de respecto á privacidade da persoa decídome polo borrado. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 19 de abril de 2022 ás 18:29 (UTC)[responder]
Comentario Non sei cantas persoas galegas aparecen mencionadas en Newsweek ou no Washington Post, cantas acadan relevancia internacional, aínda que sexa efémera. Moi poucas, diría eu. Creo que a relevancia internacional de Dolores Leis no seu día foi importante. Temos ducias de citas de medios españois, estadounidenses, internacionais... E galegos! Que a fama é lixeira? Certo é, pero tamén o é que está entre os nosos propósitos colectivos o de construír unha Wikipedia diversa: por iso esta é a ocasión perfecta para redactar o artigo e mantelo, con orgullo: máis mulleres, máis persoas de clase "traballadora", máis labregos.
Cando se trata de señores licenciados, a pouco que fagan, a medio concelleiro nacionalista que sexan, a cuarto de xogador de terceira división que sexan, a pouco que publicasen uns poemas na editorial do seu curmán, non hai debate sobre o seu artiguiño na Wikipedia. Pero se é unha señora labrega, non chega con aparecer no Washington Post nin con ter unha resonancia mundial, aínda que sexa breve. Aí, desculpen polo ton, poñémonos exquisitos e empezamos a mirar coas lentes de precisión se é suficiente ou non. Haberá que dicirlle a Dolores Leis que escriba uns poemas e que llos publique o concello de Vimianzo. Temos sen problema artigos sobre equipos de hoquei sobre xeo canadense, pero sobre galegas que saen en Newsweek... eses mellor borrámolos.
Desculpade o ton acedo desta mañá, pero sinceramente creo que hai moitos nesgos detrás de votar a prol do borrado do artigo dunha labrega galega que acadou renome internacional. Pediríalle especificamente a Estevo(aei), a quen coñezo máis, que reconsiderase a súa opinión: entendo por que pode parecer "digno de borrado", pero creo que, posto en perspectiva, non debe selo.
Por outra parte, como ben di Maria Zaos, podería haber hipoteticamente un problema de dereito ao esquecemento: pero non é o caso. Dolores Leis non parece preocupada por iso cando lle concede voluntariamente entrevistas á La Voz de Galicia, por exemplo. E hai máis citas: El Periódico, Euskal telebista, Dallas News, La Voz de Arizona, etc.
En serio, que tería que facer unha labrega galega para demostrar relevancia e entrar na Wikipedia, se ser citada, contada a súa historia e fotografiada pola prensa internacional non chega? --Xabier Cid Talk 2 me, please 20 de abril de 2022 ás 06:56 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA': '
Período de votación: -
SI: — NON: — NEUTRO: — CONCLUSIÓN: |
- Proposto por: Estevo(aei)fálame aquí 20 de marzo de 2022 ás 16:47 (UTC) (Período de votación: dende o 20-03-2022 ata, polo menos, o 30-03-2022)[responder]
- Información: Motivos para o borrado: sen relevancia enciclopédica. Cross-spam do Usuario:Skyshifter, que creou o artigo en portugués (onde tamén está proposto para borrado), castelán e inglés (historial en Wikidata). --Estevo(aei)fálame aquí 20 de marzo de 2022 ás 16:47 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Estevo(aei)fálame aquí 20 de marzo de 2022 ás 16:47 (UTC)[responder]
- Borrar. Tampouco lle vexo xeito ningún, para min sería mesmo un caso claro de borrado directo.--HacheDous=0 (conversa) 20 de marzo de 2022 ás 17:06 (UTC)[responder]
- Borrar. --MAGHOI (conversa) 20 de marzo de 2022 ás 17:18 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
-
- @Estevoaei, HacheDous=0, e MAGHOI: OK, non me importa, elimina esta páxina. Pido desculpas polas molestias. Skyshifter (conversa) 20 de marzo de 2022 ás 17:19 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: votación para borrar
Período de votación: 29/12/2021 - 8/1/2022
SI: 3 — NON: 2 — NEUTRO: ningún — CONCLUSIÓN: non concluínte |
- Proposto por: . HombreDHojalata.conversa 29 de decembro de 2021 ás 23:13 (UTC) (Período de votación: dende o 29-12-2021 ata, polo menos, o 08-01-2022)[responder]
- Información: Motivos para o borrado: O contido do artigo non acredita a relevancia enciclopédica. --. HombreDHojalata.conversa 29 de decembro de 2021 ás 23:13 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --. HombreDHojalata.conversa 29 de decembro de 2021 ás 23:13 (UTC)[responder]
- Borrar. --Dodro (conversa) 30 de decembro de 2021 ás 14:28 (UTC)[responder]
- Borrar. --RubenWGA (conversa) 2 de xaneiro de 2022 ás 02:40 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter. Máis que suficiente --One2 (conversa) 30 de decembro de 2021 ás 21:59 (UTC)[responder]
- Manter. Pese a ser un artigo con relevancia escasa creo que as fontes e o historial de edición validan ô artigo. Non creo -imo- que se teña que borrar o artigo, como moito neutralizalo se for necesario. Garrote20 (conversa) 5 de xaneiro de 2022 ás 11:39 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
-
- Comentario. O único mérito, quizais, que leo, para ter artigo de seu nunha enciclopedia é ter escrito algúns artigos en Sermos Galiza e Nós Diario. É mérito suficiente? --. HombreDHojalata.conversa 1 de xaneiro de 2022 ás 13:13 (UTC)[responder]
- Alén diso, e da súa participación en diversas iniciativas culturais, tamén se di que é economista asistente do Grupo Parlamentar do BNG, membro do seu Consello Comarcal e que foi con eles ás municipais. Creo que se estivese morto non habería problema coa existencia do seu artigo. One2 (conversa) 1 de xaneiro de 2022 ás 14:48 (UTC)[responder]
- Non creo que sexa dabondo "participar en diversas iniciativas culturais". É economista, ben. Ser economista, per se, tampouco é cousa para ser incluído nunha enciclopedia.
- Non atopei ningunha referencia a el en ningunha das autoridades que adoitamos empregar. VIAF, Dialnet, BNE ... (busquei en moitas), tampouco en ningunha obra de consulta en papel, busquei e rebusquei máis, na rede...
- En canto a súa carreira política: co nome de Juan José Romero Durán, nunhas municipais, nun concello de menos de 6.000 habitantes, foi de número 10, na lista dun partido que obtivo 1 concelleiro.
- É membro do autodenominado consello comarcal de Pontevedra do partido X, ese "consello comarcal de Pontevedra" do partido X ten 35 membros, el é o número 33 (nin aínda que fora o número 4). En absoluto iso é mérito para aparecer nunha enciclopedia. --. HombreDHojalata.conversa 1 de xaneiro de 2022 ás 22:34 (UTC)[responder]