Wikipedia:Votacións/Prazos, porcentaxes e votos mínimos para as votacións
Con esta votación preténdese acordar
- o prazo no que se desenvolve cada tipo de votación,
- o número mínimo de votos emitidos precisos para considerala válida
- a porcentaxe de votos favorábeis sobre o total dos emitidos precisa para que se aprobe a proposta.
Esta proposta parte do discutido en Wikipedia:A Taberna (propostas)#Intento de consenso para Wikipedia:Votacións. Preséntase cada tipo de votación por separado, podendo ser uns aprobados e non outros. Déixase un período de tres días antes do inicio da votación para mellorar a proposta.
Votacións para borrar
editarDebate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Prazos, porcentaxes e votos mínimos para borrar imaxes e artigos
Período de votación: 15.01.2007 - 30.01.2007
SI: 5 — NON: 4 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: rexeitada |
Votacións para borrar (Imaxes · Artigos) | ||
Prazo | Mínimo | % a favor |
---|---|---|
7 días | 5 votos | 2/3 (66%) |
- a favor
- Concordo. Lansbricae (Ti dirás) 19:43, 15 xaneiro 2008 (UTC)
- Concordo --Xosé (✉) 23:20, 15 xaneiro 2008 (UTC)
- Concordo --Toliño Fala aquí comigo 13:56, 16 xaneiro 2008 (UTC)
Concordo. Teño algunhas reservas, mitigadas polo feito de que afortunadamente non hai que votar a maior parte dos artigos e imaxes que se borran --Xabier Cid 10:49, 24 xaneiro 2008 (UTC)- Concordo Pedro --Lameiro (conversa) 16:20, 24 xaneiro 2008 (UTC)
- Concordo-- No desenvolvemento da xénese desta votación Wikipedia:A Taberna (propostas)#Intento de consenso para Wikipedia:Votacións Xosé especificou que quedaban fora destes casos os supostos de borrado automático, algo tamén especificado na orixe deste debate polo propio Prevert (Sendo obriga dos administradores borrar as imaxes que non cumpren a licenza independentemente do número de votos, iso tamén é aplicable ao borrado de páxinas. Se unha imaxe é un copyvio aínda que teña ducias de votos para que permaneza debe borrarse), por outro lado, o propio Lmbuga tamén falaba desta porcentaxe e dun prazo entre 7 e 15 días, polo que me parece razoable tanto a porcentaxe como o prazo. Alma (fálame eiquí) 21:05, 24 xaneiro 2008 (UTC)
- en contra
- Discordo Non se debía mudar unha política dende outra política, senón que esa política debe mudarse en cadansúa votación. Ademais non estou de acordo nin coa existencia de prazos nin coa existencia de votos mínimos. Penso que un administrador debe saber cando pechar unha votación e non burocratizar de tal xeito a wiki, xa que se isto vai ser un emprego (aínda por riba non remunerado) prefiro non ser administrador. AlberteSi, digame? 15:25, 16 xaneiro 2008 (UTC)
- Discordo Este procedemento é completamente irregular, tentar modificar unha política desde outra política o único que fai e abrir outra vía de conflito para o futuro. Calquera que estea en desacordo cun punto aprobado pode comezar un proceso para mudalo cun procedemento coma este para conseguir os seus obxectivos. Ademais neste punto concreto establecer un prazo de sete días e cinco votos significa na práctica que aquelas propostas de borrado que requiran certo esforzo na súa argumentación e na achega de datos non se poidan resolver correctamente favorecendo que queden artigos de vangloria, autobombo, publicidade, parciais entre outros. No caso concreto das imaxes é particularmente desafortunada esa cifra. Debería ser coñecido que as propostas de borrado de imaxes non son votacións, son debates nos que hai que argumentar con datos certos. Se unha imaxe é un copyvio non require votación para borrar, polo tanto as propostas de borrado son para casos complexos, algúns deles especialmente difíciles. Neste momento, sen menosprezar os coñecementos de ningún colaborador, neste wiki non hai cinco persoas cos coñecementos que poida ter Lmbuga sobre as imaxes. Dificilmente un usuario que non teña un repertorio de coñecementos dese nivel pode argumentar máis que con fórmulas comúns algo que non serve demasiado para resolver esas situacións. Así mesmo se os usuarios que teñen eses coñecementos están ausentes unha semana poden chegar a manterse imaxes que habería que borrar ou borrar imaxes que habería que manter. --Prevertgl 17:53, 24 xaneiro 2008 (UTC)
- Discordo concordando con casi todo o que di Prevert. ElviraConversa con mi 18:28, 24 xaneiro 2008 (UTC)
- Discordo Facendo a excepción do que debe ser borrado inmediato por norma, tanto unha semana como o mínimo de votos me parecen pouco. O tempo, despois de estar uns cantos días sen internet na casa (aínda me estou recuperando do atanque) é obvio para min. O número de persoas, se se trata de borrar con argumentos, é demasiado pequeno.--Agremon(contacto) 15:44, 29 xaneiro 2008 (UTC). Quedábame outra couas: o cambio de políticas contra políticas, pero eso é para falalo con máis tempo, aínda que inflúa nestes casos.
# Discordo Probablemente fóra de prazo (se fosen 7 díaslevaríaa clara--Lmbuga Commons - Galipedia 10:09, 6 febreiro 2008 (UTC)
- neutro
- Neutro A argumentación de Prevert sobre o tamaño do prazo, e particularmente sobre o criterio pra borrar imaxes paréceme moi axeitada. --Xabier Cid 18:21, 24 xaneiro 2008 (UTC)
Destacados na Portada
editarDebate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Prazos, porcentaxes e votos mínimos para borrar incluír artigos destacados na portada
Período de votación: 15.01.2007 - 30.01.2007
SI: 7 — NON: 2 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobada |
Destacados na portada (Artigo destacado · Sobre Galicia · Imaxe da Semana) | ||
Prazo | Mínimo | % a favor |
---|---|---|
15 días | 5 votos | 2/3 (66%) |
- a favor
- Concordo. Lansbricae (Ti dirás) 19:43, 15 xaneiro 2008 (UTC)
- Concordo --Xosé (✉) 23:20, 15 xaneiro 2008 (UTC)
- Concordo --Toliño Fala aquí comigo 13:56, 16 xaneiro 2008 (UTC)
- Concordo --Xabier Cid 11:00, 24 xaneiro 2008 (UTC)
- Concordo Pedro --Lameiro (conversa) 16:20, 24 xaneiro 2008 (UTC)
- Concordo--Alma (fálame eiquí) 20:44, 24 xaneiro 2008 (UTC)
- Concordo---- Maañón00 (o que ho?) 10:34, 26 xaneiro 2008 (UTC)
# Concordo--Lmbuga Commons - Galipedia 10:24, 6 febreiro 2008 (UTC)
- en contra
- Discordo Non se debía mudar unha política dende outra política, senón que esa política debe mudarse en cadansúa votación.
Ademais non estou de acordo nin coa existencia de prazos nin coa existencia de votos mínimos. Penso que un administrador debe saber cando pechar unha votación e non burocratizar de tal xeito a wiki, xa que se isto vai ser un emprego (aínda por riba non remunerado) prefiro non ser administrador. AlberteSi, digame? 15:25, 16 xaneiro 2008 (UTC)
- Discordo A máis do tema de política e contrapolítica, para falar noutro momento como deixei escrito arriba, o número de votos paŕeceme pequeno (o tempo estímoo razonable).--Agremon(contacto) 15:49, 29 xaneiro 2008 (UTC)
# Discordo coa a idea de Alberte, os administradores teñen a capacidade de recoñocer un consenso e de xestionar ElviraConversa con mi 23:14, 31 xaneiro 2008 (UTC)
- neutro
Aprobación de bots
editarDebate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Prazos, porcentaxes e votos mínimos para aprobar bots
Período de votación: 15.01.2007 - 30.01.2007
SI: 3 — NON: 4 — NEUTRO: 2 — CONCLUSIÓN: rexeitada |
Aprobación de bots | ||
Prazo | Mínimo | % a favor |
---|---|---|
7 días | 5 votos | 3/4 (75%) |
- a favor
- Concordo --Xosé (✉) 23:20, 15 xaneiro 2008 (UTC)
- Concordo --Toliño Fala aquí comigo 13:56, 16 xaneiro 2008 (UTC)
- Concordo, ao ser sometido a unha votación co requerimento de ser aprobada polos 3/4 xa non se vulnera nada do que sinalan os que discordan porque en Wikipedia:Votacións non sinala que unha política deba mudarse na súa propia votación, aínda que reitero o dito, o prazo seméllame breve, penso que debería ser tamén de 15 días. Alma (fálame eiquí) 20:38, 24 xaneiro 2008 (UTC)
- en contra
- Discordo Non se debía mudar unha política dende outra política, senón que esa política debe mudarse en cadansúa votación. Ademais non estou de acordo nin coa existencia de prazos nin coa existencia de votos mínimos. Penso que un administrador debe saber cando pechar unha votación e non burocratizar de tal xeito a wiki, xa que se isto vai ser un emprego (aínda por riba non remunerado) prefiro non ser administrador. AlberteSi, digame? 15:25, 16 xaneiro 2008 (UTC)
- Discordo Este procedemento é completamente irregular, tentar modificar unha política desde outra política o único que fai e abrir outra vía de conflito para o futuro. Calquera que estea en desacordo cun punto aprobado pode comezar un proceso para mudalo cun procedemento coma este para conseguir os seus obxectivos. Onde debe modificarse a porcentaxe é na política de bots. Ademais neste caso concreto suporía seguir un procedemento irregular por segunda vez. --Prevertgl 17:53, 24 xaneiro 2008 (UTC)
- Discordo concordando coa parte que é semexante de Alberte e Prevert ElviraConversa con mi 18:28, 24 xaneiro 2008 (UTC)
- Discordo A parte das razóns sobre política/contrapolítica, argumento o mesmo que na primeira votación: considero pouco prazo e pouca cantidade de xente.--Agremon(contacto) 15:53, 29 xaneiro 2008 (UTC)
# Discordo Supoño que fóra de prazo--Lmbuga Commons - Galipedia 10:10, 6 febreiro 2008 (UTC)
- neutro
- Neutro Non estou en contra da modificación pero resúltame un tanto raro aprobar unha política de bots fai nada e agora propor modificar os prazos. ¿Fallou o sistema actual? Lansbricae (Ti dirás) 12:55, 22 xaneiro 2008 (UTC)
- Neutro Estou de acordo con Lansbricae. Tamén estou de acordo con Alberte na metodoloxía da votación, que non me parece a máis axeitada, pero quizais sexa necesario un esforzo por regularizar todas as cousas de vez, e non mudar cada unha das normas. --Xabier Cid 11:00, 24 xaneiro 2008 (UTC) --Xabier Cid 11:00, 24 xaneiro 2008 (UTC)
Administración: elección e revogación
editarDebate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Prazos, porcentaxes e votos mínimos para aprobar e revogar administradores
Período de votación: 15.01.2007 - 30.01.2007
SI: 3 — NON: 4 — NEUTRO: 3 — CONCLUSIÓN: rexeitada |
Administración (Concesión · Revogación) | ||
Prazo | Mínimo | % a favor |
---|---|---|
15 días | 10 votos | 3/4 (75%) |
- a favor
- Concordo --Xosé (✉) 23:20, 15 xaneiro 2008 (UTC)
- Concordo --Toliño Fala aquí comigo 13:56, 16 xaneiro 2008 (UTC)
- Concordo Pedro --Lameiro (conversa) 16:20, 24 xaneiro 2008 (UTC)
- en contra
- Discordo Non se debía mudar unha política dende outra política, senón que esa política debe mudarse en cadansúa votación. Ademais non estou de acordo nin coa existencia de prazos nin coa existencia de votos mínimos. Penso que un administrador debe saber cando pechar unha votación e non burocratizar de tal xeito a wiki, xa que se isto vai ser un emprego (aínda por riba non remunerado) prefiro non ser administrador. AlberteSi, digame? 15:25, 16 xaneiro 2008 (UTC)
- Discordo. Estas porcentaxes foron aprobadas a finais do ano pasado, é dicir non fai moito tempo. O sistema de revogación non ten sido mal utilizado nin semella que poida selo xa que require 3 usuarios que a presenten e o 50% dos votos. Pola contra unha modificación que amplie a porcentaxe creo pode resultar moi perigoso, sobre todo se se ten en conta que algúns usuarios opinan que a figura do administrador debe ser vitalicia e as obrigas mínimas para que non teña unha causa de revogación son tales como 20 edicións como administrador en 3 anos (non semella moi esixente) e as causas para alegar tal revogación son tasadas. Creo que o sistema actual de revogación é perfectamente válido e non creo útil modificar algo aprobado hai tan pouco tempo. Lansbricae (Ti dirás) 12:45, 22 xaneiro 2008 (UTC)
- Discordo. As razóns dos dous súmanse e abondan pró meu discordo. --Xabier Cid 11:02, 24 xaneiro 2008 (UTC)
- Discordo Este procedemento é completamente irregular, tentar modificar unha política desde outra política o único que fai e abrir outra vía de conflito para o futuro. Calquera que estea en desacordo cun punto aprobado pode comezar un proceso para mudalo cun procedemento coma este para conseguir os seus obxectivos. Onde debe modificarse a porcentaxe é na política de elección de administradores. --Prevertgl 17:53, 24 xaneiro 2008 (UTC)
# Discordo comprendendo ben o que di Prevert ElviraConversa con mi 23:16, 31 xaneiro 2008 (UTC)
- neutro
- Neutro Concordo coa porcentaxe de elección de administradores xa que é a establecida na política oficial pero non coa da revogación, como xa manifestara no debate previo.--Alma (fálame eiquí) 20:32, 24 xaneiro 2008 (UTC)
- Neutro Paréceme ben que se intente clarificar as porcentaxes, pero neste caso non concordo coa porcentaxe de revogación.---- Maañón00 (o que ho?) 10:20, 26 xaneiro 2008 (UTC)
- Neutro Hai tempo que puxen as miñas 'prerogativas' a disposición da comunidade, e vexo algo diferente a concesión e a revogación. O anterior á parte do de política/contrapolítica que veño dicindo noutros puntos nesta páxina.--Agremon(contacto) 16:07, 29 xaneiro 2008 (UTC)
Políticas da Galipedia
editarDebate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Prazos, porcentaxes e votos mínimos para aprobar e revogar políticas da Galipedia
Período de votación: 15.01.2007 - 30.01.2007
SI: 6 — NON: 4 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: rexeitada |
Políticas da Galipedia | ||
Prazo | Mínimo | % a favor |
---|---|---|
15 días | 10 votos | 3/4 (75%) |
- a favor
- Concordo. Lansbricae (Ti dirás) 19:44, 15 xaneiro 2008 (UTC)
- Concordo --Xosé (✉) 23:20, 15 xaneiro 2008 (UTC)
- Concordo --Toliño Fala aquí comigo 13:56, 16 xaneiro 2008 (UTC)
- Concordo -- No desenrolo da xénese desta votación que se está a obviar Wikipedia:A Taberna (propostas)#Intento de consenso para Wikipedia:Votacións nunca se puso en dúbida que esta porcentaxe fose "legal", ben ao contrario, se recoñeceu específicamente tanto a lexitimidade desta porcentaxe como a da elección e revogación de administradores e a dos bots. Eu especifiquei claramente as porcentaxes que consideraba impostas polo cadro establecido sen consenso en Wikipedia:Votacións e coas que a pesar de non estar dacordo coa súa imposición unilateral, había algunhas delas que ao non supoñer modificación de políticas oficiais podía concordar. Alma (fálame eiquí) 20:17, 24 xaneiro 2008 (UTC)
- Concordo Pero vexo innecesario esta votacion concreta xa que nunca se puxo en dubida a porcentaxe para Politicas.---- Maañón00 (o que ho?) 10:39, 26 xaneiro 2008 (UTC)
- Concordo--QuatriNauta 22:21, 30 xaneiro 2008 (UTC)
- en contra
- Discordo Non se debía mudar unha política dende outra política, senón que esa política debe mudarse en cadansúa votación. Ademais non estou de acordo nin coa existencia de prazos nin coa existencia de votos mínimos. Penso que un administrador debe saber cando pechar unha votación e non burocratizar de tal xeito a wiki, xa que se isto vai ser un emprego (aínda por riba non remunerado) prefiro non ser administrador. AlberteSi, digame? 15:25, 16 xaneiro 2008 (UTC)
- Discordo A porcentaxe do 75% nesta cuestión dálle a oportunidade a unha minoría de bloqueo de pexar o desenvolvemento da Galipedia dunha forma bastante absurda. Se temos en conta que a redacción das normas, como estas propias votacións, se fai pra salvar indeterminacións e garantir os dereitos dos editores, creo que unha porcentaxe tan alta pode ser moi prexudicial. Unha porcentaxe do 66% sería abonda. --Xabier Cid 11:01, 24 xaneiro 2008 (UTC)
- Discordo Se lembramos a xénese desta votación este apartado semella unha broma. Supostamente todo surxe porque as porcentaxes establecidas en Wikipedia:Votacións son "ilegais". Ao que teña tempo e paciencia prégolle que revise os votos nesta votación dalgúns dos que interviron naquela discusión e o cadro que hai alí neste momento xunto coa conversa sinlada antes. Se a porcentaxe actual do 75% non é válida logo non é válido o resultado das votacións: Wikipedia:Votacións/Romper a edición nin de Wikipedia:Votacións/Xogar co sistema onde se aplicou recentemente sen ningunha obxeción dos que se opoñian ao cadro, nese caso tampouco hai unha porcentaxe para aplicar a esta mesma votación. --Prevertgl 17:53, 24 xaneiro 2008 (UTC)
- Discordo Regulamentar deste xeito as 'políticas' coido que é algo 'non político'. Trátase de discutir e argumentar, non de empregar unha forza de votación. A orientación debe ser nesta votación totalmente diferente a noutras. Para min é algo así como votar en contra das discusións previas ás votacións.--Agremon(contacto) 16:04, 29 xaneiro 2008 (UTC)
# Discordo coa maior parte dos motivos esplicitados polos que falaron antes de mín ElviraConversa con mi 23:18, 31 xaneiro 2008 (UTC)
# Discordo --Lmbuga Commons - Galipedia 10:12, 6 febreiro 2008 (UTC)
- neutro