Wikipedia:Votacións/Romper a edición
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Normas sobre edición disruptiva
Período de votación: 6/12/2007 - 21/12/2007
SI: 9 — NON: 4 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: rexeitado |
Esta páxina en resumo: Os editores que andan a romper as edicións deben ser bloqueados polos administradores, ou expulsados polo consenso dos wikipedistas |
Descrición
editarA Wikipedia débelle boa parte do seu éxito ao seu carácter aberto. Porén, este carácter aberto atrae a xente que desexa aproveitar o proxecto como altofalante das súas pescudas ou puntos de vista. Certo é que as opinións minoritarias son ben recibidas cando de poden probar con fontes e referencias fiables, e que calquera editor pode cometer erros, pero ás veces un wikipedista provoca problemas de longa duración editando unha páxina con información que non é referenciable ou que o é, pero non dun xeito fiable.
Esta forma de romper a edición vai en contra das normas da web, aínda cando, se isto se produce poucas veces e de forma illada, sexa difícil probar que se cometen violacións severas do código de conduta da wikipedia. No seu conxunto, o feito de romper a edición aquí e acolá dana a Wikipedia, ao rebaixar a súa fiabilidade como fonte de referencia e acabándolles coa paciencia a editores produtivos que acaban por abandonar o proxecto cando ven que un editor destas características segue nas súas con total impunidade.
Esta clase de wikipedistas que rompen a edición poden procurar camuflarse de editores produtivos. Cando o debate non consegue amañar o problema e cando o consenso dos editores externos á páxina concordan e, malia todo, se segue a romper a edición, débese solicitar o bloqueo no taboleiro dos administradores e débense emprender accións disciplinarias serias. En casos extremos deberíase contemplar a exclusión da web, ben por unha decisión do comité de arbitraxe ou polo consenso.
A regra das tres reversións non debe usarse para defenderse da acusación de "romper a edición". A regra das tres reversións non implica que reverter os trocos tres veces ou menos sexa sempre aceptable. En determinados casos o bloqueo debería producirse aínda cando non se chegue a esas tres reversións por día.
- Le o texto íntegro das normas antes de votar
Votación
editar- A favor
- Concordo --☣Banjo tell me 22:35, 6 decembro 2007 (UTC)
- Concordo porque esto pareceme basico ElviraConversa con mi 13:07, 7 decembro 2007 (UTC)
- Concordo Si, como di Elvire, é básico. AlberteSi, digame? 16:54, 7 decembro 2007 (UTC)
- Concordo Inda que creo que hai un erro de redacción que debe de corrixirse ó final (eu non fun quen de corrixilo). Onde pon 2. Se o editor che revirte / Revirte de novo de non responde, sempre co sumario de edición. (¿será se non responde?)--Lmbuga Commons - Galipedia 14:18, 13 decembro 2007 (UTC)
- Concordo Como a outros compañeiros gustaríame que non houbera que ter por escrito cuestións tan básicas como as expresadas nesta política, así e todo semella que é preciso facelo. --Prevertgl 21:44, 17 decembro 2007 (UTC)
- Concordo --Xabier Cid 09:54, 18 decembro 2007 (UTC)
- Concordo--Beninho 12:22, 18 decembro 2007 (UTC)
- Concordo --FryantTralarí Tralará 14:36, 20 decembro 2007 (UTC)
- Concordo--Agremon(contacto) 19:04, 20 decembro 2007 (UTC) Comentario en Conversa
- En contra
- Discordo costoume entender o concepto de Romper a edición e cando cheguei a entendelo non podo máis que discordar. Non entendo que se faga dúas definicións do mesmo: Unha descrición e logo unha definición, que o único que fan é dicir que romper a edición son edicións de contidos non enciclopédicos ou non referenciables que continuan no tempo, (de novo con intencións subversivas de por medio). A iso logo únese que tamén poden usar monicreques e facundos..., fálase da regra das 3 reversións cando nunca estivo vixente na Galipedia.
- Dubido moito da súa utilidade xa que a sanción pensada é abstracta totalmente. E despois disto ven, ao meu entender a peor parte, a de "Tanguendo os que rompen a edición": O primeiro consello é totalmente expresivo do que considero non é o xeito adecuado de actuación xa que parte de que se asuma a boa fe e a continuación se borre todo o non referenciado e con posterioridade use a páxina de conversa.
- Creo que este tipo de sistema baseado en que primeiro se xulgue e borre e despois se fale non é o axeitado e é contrario a normas básicas da Galipedia que recomendan que nunca se borre directamente (agás vandalismos),senon que se use a páxina de conversa cando se queira propor unha modificación que modifique o sentido do exposto, expoña alternativas... En definitiva, creo que o que se pode aproveitar desta proposta xa está incluido en O que a wikipedia non é, e esta regulación non aporta nada a maiores agás un bosquexo de "regulación sancionadora" e uns consellos de xeitos de actuar dende a primeira edición non enciclopédica que non comparto e que si se chegasen a converter nos modos de traballo habituais farían que persoalmente deixase de participar no proxecto. Lansbricae (Ti dirás) 08:37, 7 decembro 2007 (UTC)
- Discordo Polos seguintes motivos:
- . A norma non foi consensuada.
- . Fala de que "un wikipedista provoca problemas de longa duración editando unha páxina con información que non é referenciable ou que o é, pero non dun xeito fiable" e a dúbida que me xurde é quen determina qué fontes son fiábeis e cales non, porque as propias normas din que é fiable todo o que esté publicado nunha publicación acreditada e sen embargo, as veces danse por válidas fontes de páxinas web aínda sendo contraditorias, noutras a Gran Enciclopedia Gallega non é válida como fonte, e isto é grave porque se recoñece expresamente que a información pode ser referenciable pero non fiable, imos nomear logo a un censor ou xuiz, síntoo non é a galipedia que quero fomentar.
- .Fálase tamén dun comité de arbitraxe, cando se debatiu a proposta de solución de conflitos e se plantexou algo semellante, os mesmos que agora concordan, daquela plantexaron se acaso iamos facer un comité de sabios na Galipedia, que lles fixo mudar o criterio, que composición tería tal comité?. como serían designados?, poderían ser recusados en caso de estar inmersos nunha situación de enemistade manifesta co suposto infractor?
- .Cando se fai a definición de romper a edición, entendo que se refire a edicións na páxina do artigo, non nas páxinas de conversa dos mesmos, onde precisamente o seu fundamento é debater os contidos enciclopédicos dos artigos, pero se dous persoas que están a debater non chegan a un acordo, non penso que por iso ningún dos dous deberan ser acusados de romper a edición, ou só o sería aquel cuxas fontes non son tan fiábeis segundo non se sabe ben quen.
- .E xa co que non estou dacordo e con todo o desenrolo de tanguendo..., pois nas propias normas de conduta dise o contrario, que non borre, como a comunidade vai ver se efectivamente fai o que di que fai? ou se a fonte é fiábel? se lle borran, porén se se expón na páxina de conversa e se lle da un tempo ao usuario para referencialo e non o fai, entón si se podería borrar con toda a lexitimidade. Sinto a extensión pero e que ao meu modo de ver, ten problemas importantes con outras políticas oficiais da Galipedia que fan que tal e como está non poida ser aprobada. Alma (fálame eiquí) 17:18, 7 decembro 2007 (UTC)
- Discordo. é moito pidir evitar as propostas unilaterais e intentar consensuar?---- Maañón00 (o que ho?) 21:04, 19 decembro 2007 (UTC)
- Discordo Paréceme que ten risco de ser usado como caza de bruxas.--QuatriNauta 21:21, 20 decembro 2007 (UTC)
- Comentarios