Wikipedia:Votacións/Modificar as normas de toponimia
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
![]() | Votación PECHADA: Modificar as normas de Wikipedia:Toponimia
Período de votación: 1/03/2016 - 31/3/2016
SI: 1 — NON: 5 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: rexeitada |
Na páxina Wikipedia:Toponimia na sección Lugares co mesmo nome a norma di que en caso de homonimia hai que empregar a coma para facer a aclaración, en vez dos parénteses como se empregan no resto dos casos. Por exemplo: Pinto, Madrid en vez de Pinto (Madrid).
A coma só se emprega na Wikipedia inglesa e nalgunhas Wikipedias máis, pero que as editan poucos usuarios e copian as formas da Wikipedia inglesa, as cales son a vietnamita, malaia e waray-waray ou samareño. Esta norma creo que se copiou da Wikipedia inglesa, que alí emprégana para escribir todo o título, sen omitir a aclaración. Por exemplo escribir [[Pinto, Madrid]]
en vez de [[Pinto, Madrid|Pinto]]
. Pero isto nunca se usa na Galipedia.
En cambio o paréntese emprégano case todas Wikipedias as cales son a española, portuguesa, catalá, éuscara, occitana, francesa, italiana, alemá, neerlandesa, polaca, rusa, usbeca e húngara. E ten varias vantaxes:
- Emprégase no resto de casos de homonimia, co se unificaría a norma.
- O deixar en branco despois da barra vertical (
[[Pinto (Madrid)|]]
) o sistema autocompleta engadindo o título que non está entre parénteses. ([[Pinto (Madrid)|Pinto]]
). - Tamén funciona o modelo {{Título sen retrouso}} que se emprega nos modelos das caixas de información que aparecen ó comezo dos artigos á dereita. Xa que só incluiría Pinto.
Polo que propoño cambiar este parágrafo na páxina Wikipedia:Toponimia:
- Lugares co mesmo nome
- Cando coincide o mesmo nome para diversos lugares ou accidentes xeográficos, no caso dos lugares úsase o nome do lugar separado por unha coma de outro dato de localización, exemplo: Cartagena, entre outros pode ser o concello de Cartagena, España, na Rexión de Murcia, ou o concello de Cartagena (Chile), en Chile.
- Outro exemplo é Praga: créase a páxina correspondente a Praga e faise que sexa a páxina que faga referencia á capital da República Checa, na parte de arriba da páxina inclúese unha ligazón á páxina Praga (homónimos) onde se introducen as ligazóns a todos os lugares que se chamen Praga.
por estoutro:
- Homonimia
- Cando o nome dun lugar coincide con outro lugar, accidente xeográfico, persoa ou calquera outro significado deberase seguir as normas de Wikipedia:Toponimia. E se o lugar non é un tema primario, deberase engadir unha aclaración entre parénteses que será outro dato de localización.
- Por exemplo: Cartagena, entre outros pode ser o concello de Cartaxena (España), na Rexión de Murcia, ou o concello de Cartagena, Chile, en Chile.
- A favor
Concordo--Vivaelcelta {conversa · contribucións} 1 de marzo de 2016 ás 01:02 (UTC)Responder[responder]
- En contra
Discordo --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de marzo de 2016 ás 08:39 (UTC)Responder[responder]
Discordo --Atobar (conversa comigo) 1 de marzo de 2016 ás 10:56 (UTC)Responder[responder]
Discordo xa que obrigará tamén a optar en moitos casos (non só galegos) por formatos do tipo XX, YY (ZZ) ou XX (YY, ZZ), é dicir, tamén con parénteses. --Norrin (Fálame) 1 de marzo de 2016 ás 16:45 (UTC)Responder[responder]
Discordo --Angeldomcer (conversa) 2 de marzo de 2016 ás 13:43 (UTC)Responder[responder]
Discordo. --Gobraves (conversa) 2 de marzo de 2016 ás 15:27 (UTC)Responder[responder]
- Neutros
Comentarios Editar
Comentario Antes de votar a favor ou contra gustaríame saber que é o que pasaría cos artigos de lugares de Galicia de se aprobar esta modificación. Xa que requiren un terceiro nivel de concreción... --Chairego apc (conversa) 1 de marzo de 2016 ás 13:06 (UTC)Responder[responder]
- Polo que entendo da proposta (e usando de exemplo un nome de lugar ó chou), sería ou ben
[[O Castro (Espiñaredo, As Pontes de García Rodríguez)|]]
para obter O Castro ou ben[[O Castro, Espiñaredo (As Pontes de García Rodríguez)|]]
para obter O Castro, Espiñaredo. Pero habería que concretar unha das dúas opcións na proposta e definir como se quere deixar no texto final de WP:T. ☣Banjo tell me 1 de marzo de 2016 ás 16:26 (UTC)Responder[responder]
- Polo que entendo da proposta (e usando de exemplo un nome de lugar ó chou), sería ou ben
- Non pensara no caso das parroquias e lugares das parroquias de Galicia. Grazas Banjo polo teu exemplo, que o entendín mellor. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 1 de marzo de 2016 ás 19:55 (UTC)Responder[responder]