Cartagena é unha comuna chilena localizada no litoral central de Chile, na provincia de San Antonio.

Modelo:Xeografía políticaCartagena, Chile
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 33°33′S 71°36′O / -33.55, -71.6Coordenadas: 33°33′S 71°36′O / -33.55, -71.6
EstadoChile
RexiónRexión de Valparaíso
ProvinciaProvincia de San Antonio Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación22.738 (2017) Editar o valor em Wikidata (92,47 hab./km²)
Xeografía
Superficie245,9 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude140 m Editar o valor em Wikidata

Páxina webmunicipalidadcartagena.cl Editar o valor em Wikidata

Historia editar

No século XVII, as zonas do lugar eran grandes produtoras de trigo, que era embarcado ao Perú e España a través do porto de Cartagena. Debido a esta economía unha crecente burguesía crioula, que recibe terras por encomenda e herdanzas, irá establecendo facendas ao longo do val do Río Maipo, a zona de Melipilla e, cara ao sur, San Fernando e Curicó.

Trala independencia, na segunda década do século XIX, a cultura europeizante da clase ilustrada, poténciase coa integración na sociedade chilena de ingleses, franceses, alemáns, imprimindo o selo europeo na característica arquitectura que identifica aos balnearios chilenos. En 1850 Cartagena perfílase como o balneario de Santiago, e a xente comezou a comprar casas de veraneo. O tren chegaba até Leyda, e dende alí facían o camiño con bois.

Entre 1890 e 1930 a cidade vive a súa época de gloria. O fortalecemento da economía trala guerra do Pacífico induce un rápido crecemento de todos os balnearios situados na zona central, en tanto que Valparaíso se consolida como porto e centro comercial. A Revolución do '91, trala morte de José Manuel Balmaceda, define o perfil social que adquire Cartagena, identificándose coa intelectualidade liberal e laica, en contraste co conservadorismo católico.

Cartagena foi designada como comuna o 10 de agosto de 1901, baixo o Decreto Supremo Nº 1955 firmado polo momento Presidente de Chile, Federico Errázuriz Echaurren, séndolle asignado o territorio da sexta subdelegación da comuna de San Antonio. Antes, Cartagena era unha dependencia da comuna de San Antonio, que era parte do departamento de Melipilla. O 3 de maio de 1903 realizouse a primeira sesión do concello, onde foi escolleito Pedro Antonio Moyano como alcalde, sendo o primeiro edil da comuna.

Demografía editar

Segundo os datos recolleitos no 2002 no Censo do Instituto Nacional de Estatísticas, a comuna posúe unha superficie de 246 km² e unha poboación de 16.875 habitantes.

Cartagena acolle ao 1,10% da poboación total da rexión. Un 9,32% corresponde a poboación rural e un 90,68% a poboación urbana.

Administración editar

Cartagena pertence ao Distrito Electoral Nº 15 e á 6ª Circunscrición Senatorial (Quinta Costa).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar