Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Spanish Civil War - Mass grave - Estépar, Burgos.jpg
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Ficheiro:Spanish Civil War - Mass grave - Estépar, Burgos.jpg editar
Votación PECHADA: aprobada
Período de votación: 2/2/2017 - 17/2/2017
SI: 7 — NON: 2 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobada |
- Proposto por: ☣Banjo tell me 2 de febreiro de 2017 ás 11:42 (UTC) (Período de votación: dende o 02-02-2017 ata, polo menos, o 17-02-2017)[responder]
- Información: Cargada por: c:User:Mario modesto
- DESCRICIÓN: Fosa común de 1936 descuberta en Estépar, Burgos. Vexa o artigo Guerra civil española. --☣Banjo tell me 2 de febreiro de 2017 ás 11:42 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --☣Banjo tell me 2 de febreiro de 2017 ás 11:42 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 2 de febreiro de 2017 ás 12:01 (UTC)[responder]
- Concordo. Imaxes sobre a guerra civil hai moitas, e de calidade tamén, esta imaxe está nos dous grupos, non é agradable pero é parte indiscutible da Guerra Civil, e para ilustrar esa parte é unha gran imaxe. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de febreiro de 2017 ás 05:33 (UTC)[responder]
- Concordo. --Xas (conversa) 7 de febreiro de 2017 ás 12:31 (UTC)[responder]
- Concordo polo seu valor histórico e enciclopédico,
porque ese tema nunca apareceu nas imaxes da semana, polo seu percorrido en Commons e porque non creo que se deba vetar esta imaxe. --Prevertgl 7 de febreiro de 2017 ás 16:32 (UTC)[responder] - Concordo. --. HombreDHojalata.conversa 7 de febreiro de 2017 ás 22:28 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 8 de febreiro de 2017 ás 20:15 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo. --AMPERIO (conversa) 2 de febreiro de 2017 ás 12:14 (UTC)[responder]
- Discordo. Independentemente da calidade, a imaxe paréceme moi desagradable, eu non poría na portada unha imaxe de ducias de persoas asasinadas nunha fosa común, seguro que imaxes que ilustres igual de ben (ou mellor) a Gerra civil española. Piquito (conversa) 2 de febreiro de 2017 ás 22:28 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Comentario Propoño que a imaxe, se sae escollida, se poña o día 1 de abril, día de remate da guerra. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de febreiro de 2017 ás 13:37 (UTC)[responder]
- Comentario Non discordo por que a imaxe me resulte máis ou menos agradable ou que teña máis o u menos valor histórico e enciclopédico. Discordo por que é unha imaxe de vítimas dun bando. Por que vítimas do bando nacional e non, por exemplo, os asasinados en Paracuellos ou mártires de Barbastro a mans dos republicanos? A Guerra Civil ben se pode ilustrar doutro xeito, buscando imaxes dalgunha batalla e, se o que se quere e poñer algo sobre as vítimas poñer dalgún monumento. --AMPERIO (conversa) 8 de febreiro de 2017 ás 10:54 (UTC)[responder]
- Comentario AMPERIO, podes propor todas as imaxes que creas convenientes sobre eses sucesos, se son de calidade e teñen o interese da xente sairán tamén na portada. Se o que non che convence é o pé de imaxe podes propor outra descrición, por exemplo, e con ánimo construtivo, "Fosa común de 1936 descuberta en Estépar, Burgos. Vexa o artigo Represión franquista". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de febreiro de 2017 ás 14:03 (UTC)[responder]
- Comentario AMPERIO, cando un colaborador é elixido administrador renuncia de xeito implícito á súa axenda política. Nese momento nace un ben superior que é a procura da calidade e a mellora deste proxecto. Na práctica, iso implica que nalgunhas ocasións o ben do wiki colide coas nosas propias ideas, a solución dese conflito non é facer un wiki á nosa imaxe e semellanza senón que hai que asumir que non é neses termos nos que se produce á colaboración. Por iso, debemos evitar que a escolla de imaxes e artigos destacados, os artigos de calidade ou os artigos bos estea condicionada pola devandita axenda. Elisardojm, a escolla das imaxes da semana non pode funcionar como compensación, nin poden converterse en votacións nas que os usuarios demostren os seus intereses políticos. A escolla desta imaxe debe seguir sendo neutra como ao principio, nesas circunstancias facer cambios ou propoñer outras imaxes para contrarrestar esta abre un camiño perigoso e moi pouco produtivo. Ademais, desde este intre unha proposta fundamentada neses principios adquire esa connotación. Un cordial saúdo. --Prevertgl 8 de febreiro de 2017 ás 15:50 (UTC)[responder]
- Comentario Non quería propor que se escolleran outras imaxes de forma "revanchista", simplemente quería facer notar que hai a total liberdade de propor outras imaxes doutro estilo relacionadas co tema, pero non pretendía dicir que se podía facer como forma de "compensación" de ningún tipo, cada votación é independente. Propor un cambio de pé de imaxe tampouco implica gran cousa, simplemente é unha proposta que pode ser aceptada, se os que participaron na votación consideran que é máis axeitada, ou pode ser que non... E grazas polo teu comentario Prevert :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de febreiro de 2017 ás 16:06 (UTC)[responder]
- Elisardojm, xa sei que non ías por aí. Limiteime a analizar as implicacións desa proposta porque independentemente das nosas intencións hai que prever como se pode plasmar na práctica. Un cordial saúdo. --Prevertgl 8 de febreiro de 2017 ás 16:16 (UTC)[responder]
- Xa entendo, grazas de novo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de febreiro de 2017 ás 16:57 (UTC)[responder]
- Elisardojm, xa sei que non ías por aí. Limiteime a analizar as implicacións desa proposta porque independentemente das nosas intencións hai que prever como se pode plasmar na práctica. Un cordial saúdo. --Prevertgl 8 de febreiro de 2017 ás 16:16 (UTC)[responder]
- Comentario Saíu como imaxe da semana unha do mesmo tema, Ficheiro:EscavaciónCurro.jpg. --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de febreiro de 2017 ás 16:38 (UTC)[responder]
- Tes razón Estevo(aei), eu revisei todas as imaxes da semana na procura dunha do mesmo tipo e esa non a vin, o máis parecido que atopei foi esta: esqueleto de necrópole romana. Un cordial saúdo. --Prevertgl 8 de febreiro de 2017 ás 16:52 (UTC)[responder]
- Comentario En primeiro lugar, ollo co que se dí Prevert, que é moi doado acusar a alguén de algo! Precisamente por que buscamos que a wikipedia sexa neutral, para ter maior calidade, entendo que unha imaxe na que aparecen vítimas dun bando non resulta neutral, de aí que puxera os exemplos que puxen. A min a guerra civil, por sorte quédame xa máis ben lonxe, e o mesmo o franquismo e a república (dito sexa de paso colaborei en artigos tanto de un como de outros sen ningún problema), asi que deixémonos de acusacións de "revanchismos" sobre un tema que tivo lugar hai 80 anos case (a guerra). O que comentou Estevoaei de Ficheiro:EscavaciónCurro.jpg non o coñecía, pero con máis motivo entón para votar en contra de que se volva a poñer unha imaxe sobre este tema que xa apareceu na portada.
E xa para rematar, confío en que o resto de propostas que se presenten a votación xeren o mesmo tipo de entusiasmo neutral e enciclopédico por mellorar a calidade e contidos da Wikipedia. Saúdos. --AMPERIO (conversa) 8 de febreiro de 2017 ás 17:19 (UTC)[responder]
- Comentario. AMPERIO, lamento que vexas esta conversa como unha confrontación e percibo un ton acedo que non se corresponde co que aquí falamos. Tes que ter en conta que o que marcou os termos do debate foi a túa intervención. Non teño ningún interese en comezar enfrontamentos con ninguén. Quen faga un bo traballo polo wiki, independentemente das súas crenzas, opinións, gustos ou ideas merecerá o meu respecto, opoñereime a quen poña os seus intereses persoais por diante do ben común. A análise que fas da neutralidade da proposta paréceme errado pero non é o lugar apropiado para entrar nesa cuestión, porque é unha cuestión política, e toda a miña intervención céntrase en que a nosa colaboración na Wikipedia non debe ter ese enfoque. Por último, atopo na túa mensaxe un matiz ameazante como se dixeras «estades a proba. Agora ides ver, nas próximas propostas vouvos examinar». Espero que sexa unha impresión miña e, en realidade, non sexa así porque estamos aquí para colaborar non para enfrontrarnos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 8 de febreiro de 2017 ás 18:07 (UTC)[responder]
- Comentario Perdoa Prevert pero o que comezou a confrontación fuches ti. Eu simplemente expliquei por que votaba en contra desta foto e o ti acusáchesme de ser "revanchista". En ningún momento neguei o valor histórico ou enciclopédico, o que dixen foi "A Guerra Civil ben se pode ilustrar doutro xeito, buscando imaxes dalgunha batalla e, se o que se quere e poñer algo sobre as vítimas poñer dalgún monumento", do cal eu entendo que non estou en contra de que se trate o tema da guerra, simplemente digo que se pode ilustrar doutro xeito as vítimas. Xa está, sen máis. E por último, para nada é unha ameaza, teño cousas mellores que facer que andar revisando se a xente vota ou deixa de votar, simplemente dixen iso por que hai algunha proposta como Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Baiona, 2012, Vuelta a España (22).JPG (2 votos) ou Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:CordierColor.jpg (2 votos), que non xerou tanta "expectación" coma esta (que xa leva 8) e sorprendeume, non sei por que... --AMPERIO (conversa) 8 de febreiro de 2017 ás 18:24 (UTC)[responder]
- Comentario AMPERIO, relín varias veces a miña intervención para ver de onde tiras que te acusei de "revanchista". Non atopo nada que nin de lonxe dea a entender ou suxira tal cousa. Polo tanto, non sei porque mencionas esa palabra. Para rematar, por se non queda claro, non quero ferir os sentimentos de ninguén nin entrar en temas que afecten persoalmente aos que interveñen. Un cordial saúdo. --Prevertgl 8 de febreiro de 2017 ás 18:46 (UTC)[responder]
- Comentario. O que eu non entendo é que Prevert en resposta ao comentario de AMPERIO diga "cando un colaborador é elixido administrador renuncia de xeito implícito á súa axenda política" e ninguén dos que entrou na votación dende que o fixo dixo absolutamente nada... a min o de "revanchista" paréceme o de menos logo de ler esa frase demoledora, semellante acusación contra un usuario como AMPERIO que en toda a súa traxectoria na Galipedia demostrou ser un gran colaborador (cos seus acertos e os seus erros, como todo o mundo), eu teño gran aprezo por Elisardojm e Estevo(aei), pero creo que francamente, sendo administradores non deberían pasar por alto un comentario así e deberían ter dado un toque a Prevert, ao meu ver ambos (e Chairego) non atallaron a cuestión como debían.
A miña opinión sobre a imaxe. Sinceiramente para min non ten valor histórico, onde está ese valor? Para min ten máis valor unha placa que cite aos asasinados nun lugar, un acto de homenaxe ás vítimas, que esta imaxe, que, para min só busca un impacto visual, morbo... que aporta esta imaxe á historia? Nada, absolutamente nada. O que hai nesa imaxe son persoas con familia (habería que saber que lles parece que saia unha imaxe dun familiar seu asasinado na portada dunha enciclopedia), persoas que teñen dereito á súa intimidade (mesmo estando mortas). Quizais agora os medios de comunicación fixeron que se vexan estas cousas como algo normal, a xente xa pode ver cadáveres cheos de sangue na televisión, mesmo persoas mutiladas logo dun atentado, e non quedar impactada, xa é normal... esta imaxe debería horrorizar a todo o que a vira e que non quixera mirala unha segunda vez, pero lamentablemente a sociedade xa non é sensible a iso e o que ve non son persoas, é unha imaxe de gran valor histórico e enciclopédico... boeno. Eu non quero dar visibilidade á extrema violencia que supón o asasinato de ducias de persoas, mostrar a esas persoas non é máis significativo que unha placa cos seus nomes ou un monumento na súa memoria, iso é o relevante historicamente, o seu recordo e a inxustiza que cometeron con eles, non un saco de ósos. En definitiva, a imaxe só procura o morbo, non ten interese de ningún tipo máis aló, por iso voto en contra e reafírmome na miña decisión. Piquito (conversa) 8 de febreiro de 2017 ás 21:01 (UTC)[responder]
- Piquito, vin a túa mención e por un momento pensei en escribir unha réplica repleta de argumentos pero o debate chegou a un punto que non leva a nada produtivo e só pode envelenarse. Espero que a miña mirada nunca chegue ao punto de ver morbo nesas imaxes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 8 de febreiro de 2017 ás 21:46 (UTC)[responder]
- Piquito, o termo "revanchista" useino eu, pero non era sobre AMPERIO, era sobre un comentario xeral que fixera eu mesmo antes. Sobre a resposta de Prevert non vexo o problema na frase que citas, o que eu entendo é que debemos manter un punto de vista neutral, tanto nos artigos como nos contidos xerais da wiki, e os administradores debemos cumprir con esa política con maior esforzo.
- Sobre a imaxe, claro que debe horrorizar, pero eu creo que non por iso debe ocultarse. E que achega? Pois achega un documento de primeira man e visual desa situación, con palabras ó mellor non poderíamos expresar todo o que transmite, ou seguro que non no espazo que ocupa na portada, por eso a súa importancia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de febreiro de 2017 ás 03:03 (UTC)[responder]