Wikipedia:Artigo destacado/xaneiro 2017

Donato di Niccolò di Betto Bardi, nado en Florencia en 1386 e finado na mesma cidade o 13 de decembro de 1466, foi un famoso artista e escultor renacentista, coñecido co nome de Donatello, un dos pais do período xunta Leon Battista Alberti, Brunelleschi e Masaccio. Donatello converteuse nunha forza innovadora no campo da escultura monumental e no tratamento dos relevos, onde logrou representar unha gran profundidade dentro dun mínimo plano, denominándose co nome de stiacciato, é dicir «relevo aplanado ou esmagado».

David de mármore para a catedral de Santa María del Fiore en Florencia, foi a súa primeira obra documentada entre 1444 e 1446. Nos anos sucesivos realizou numerosas obras en mármore, terracota, bronce e madeira para diversos mecenas e cidades. Volveu a Florencia en 1459 co encargo de modelar unhas placas en bronce para a Basílica de San Lourenzo e durante a súa elaboración faleceu en decembro de 1466.