Masaccio

pintor italiano

Masaccio (Tommaso Cassai ou Tommaso di Ser Giovanni di Mone) nado en San Giovanni Valdarmo, Italia o 21 de decembro de 1401[1] e finado en Roma, outono de 1428, foi un pintor italiano do Quattrocento, o primeiro período do Renacemento, iniciador da pintura moderna. Segundo Vasari, Masaccio foi o mellor pintor da súa xeración pola súa habilidade para imita-la natureza, recrear figuras e movementos realistas, así como por un uso convincente da perspectiva tridimensional.

Masaccio
Nacemento21 de decembro de 1401
Lugar de nacementoSan Giovanni Valdarno
Falecemento1428
Lugar de falecementoRoma
Ocupaciónpintor
IrmánsGiovanni di ser Giovanni Guidi
Coñecido porVirgin and Child with Saint Anne, Madona com Menino e Trindade (Masaccio)
editar datos en Wikidata ]
Calvario, 1426

Masaccio morreu aos vinte e seis anos e sábese moi pouco sobre as circunstancias exacas da súa morte.[1]

Traxectoria Editar

A pesar da súa curta carreira tivo unha fonda influencia noutros pintores posteriores; foi dos primeiros en usar a perspectiva científica na pintura que aprendeu de Brunelleschi.[2]

Dende as súas obras iniciais como Expulsión de Adán e Eva ou O Tributo na capela Brancacci da igrexa do Carmine en Florencia, a súa foi unha linguaxe austera e monumental, centrado no home e na súa acción. Mediante unha recreación intelectual despois dunha profunda observación da súa realidade, Masaccio verificou á volta á natureza humana e o espazo no que se desenvolve a súa actividade e non a través dunha simple reprodución das súas aparencias externas. Isto vai orixinar formas sintéticas, fortes volumes, acenos elementais mais decisivos. Nos seus últimos frescos en Santa María Novella e en Brancacci leva a perspectiva brunelleschiana á perfección.

Notas Editar

  1. 1,0 1,1 Goddard, Simon (7 de xullo de 2008). "Masaccio, the old master who died young". theguardian.com (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2021. 
  2. Vasari (1966), p.190

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

  • Argan, Giulio Carlo (1987). Renacimiento y Barroco. Colección: Arte y Estética (en castelán). I. De Giotto a Leonardo da Vinci. Madrid: Akal. ISBN 9788476002438. 
  • Mack, Rosamond E. (2001). Bazaar to Piazza: Islamic Trade and Italian Art, 1300–1600 (en inglés). Oakland: University of California Press. ISBN 0-520-22131-1. 
  • Spike, John T. (2002). Masaccio (en italiano). Milán: Rizzoli libri illustrati,. ISBN 88-7423-007-9. 
  • Vasari, Giorgio (1966). Las Vidas de los más excelentes pintores, escultores y arquitectos. Col. Nuestros Clásicos. Nº 74. (1ª edición de 1550). México: Universidad Nacional Autónoma de México. ISBN 968-36-4388-4. 

 
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.