Wikipedia:Artigo destacado/Propostas/Michael Jackson
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
- Proposto por: Chairego apc (conversa) 6 de outubro de 2014 ás 18:03 (UTC) (Período de votación: dende o 06-10-2014 ata, polo menos, o 21-10-2014)[responder]
Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo moi completo traducido recentemente por Breogan2008 da en.wikipedia (onde é artigo de calidade). Conta con moreas de referencias e imaxes, e está moi ben estruturado. Hai que destacar que tamén posúe moitas ligazóns internas en azul, aspecto que dá boa conta do traballo que leva este artigo.
- A favor
Concordo. --Chairego_apc (si?) 6 de outubro de 2014 ás 18:02 (UTC)[responder]
ConcordoMiguelferig (conversa) 6 de outubro de 2014 ás 18:30 (UTC)[responder]
Concordo, é un gran traballo, aínda que eu esperaría a poñelo na portada a que se traduzan as 5 seccións que quedan da wiki en inglés (3.4, 4, 5, 6 e 7) para que o artigo estivera xa completo no momento de levalo na portada (mesmo plantexaría a posibilidade de que o artigo se votara para calidade, que vendo o nivel do artigo en inglés creo que non habería problema para que fora á portada coa estreliña), non sei se Breogan2008 se animaría a rematar estas seccións, pero creo que redondearían a proposta e o poderían levar ao nivel máis alto da nosa Wikipedia. Para finalizar, creo que hai algo de bibliografía en castelán que sería interesante engadir, non son moi fan de MJ, pero algo me pareceu ver nalgunha sección de música dalgunha libraría. Piquito (conversa) 7 de outubro de 2014 ás 18:26 (UTC)[responder]
Concordo.--AMPERIO (conversa) 17 de outubro de 2014 ás 17:03 (UTC)[responder]
Concordo.--Breogan2008 (conversa) 30 de outubro de 2014 ás 23:53 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
Pola miña parte, vou traducir os últimos apartados para acabar de rematar o artigo. Fixen un pequeno alto porque xa tiña a cabeza chea do mesmo tema, pero a miña intención sempre foi a de deixalo feito. En canto á bibliografía non teño moita idea de cal pode ser mellor, Piquito. Déixoo no teu criterio. --Breogan2008 (conversa) 7 de outubro de 2014 ás 20:07 (UTC)[responder]
- Breogan2008, da bibliografía en castelán era unha idea para que os lectores podan consultar libros que podan atopar facilmente en tendas ou mesmo bibliotecas (non sei se haberá, pero podería), é máis doado que se teña acceso a libros en castelán que en inglés, porén eu non sei cáles hai traducidos nin se están ben, non sei nin os títulos, o único que creo é que os hai porque creo ter visto algún nalgunha tenda. Eu deste home sei moi pouco, non son seguidor da súa música e non sei qué libros pode haber, pero tendo en conta a relevancia de MJ seguro que algo hai en castelán, se cadra mirar a wiki en castelán nos podería axudar (non a mirei). En calquer caso é unha idea e non supón que o artigo non poda ser elixido para destacado ou para artigo de calidade. Unha aperta! Piquito (conversa) 8 de outubro de 2014 ás 12:48 (UTC)[responder]
Feito!. Xa rematei de traducir as partes que restaban. Con respecto á bibliografía en castelán, non atopei na súa wiki, nin en portugués, polo que engadín uns poucos libros en francés. --Breogan2008 (conversa) 11 de outubro de 2014 ás 20:59 (UTC)[responder]
- Pódense buscar libros editados en España, deste ou de calquera outro tema, na Base de datos de libros editados en España. --. HombreDHojalata.conversa 27 de outubro de 2014 ás 12:30 (UTC)[responder]