Wikipedia:Artigo destacado/Propostas/Batalla de Pavía
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Batalla de Pavía (xullo) editar
Quizáis lle falte unha división que faga máis fácil buscar cousas no artigo, pero a súa xusta extensión, nin moi grande nin moi pequeno, a forma tan clara na que se explica o acontecemento e a seu nivel de detalle, explicando cousas que poderían pasar por irrelevantes pero que non se saen do contexto, fan, ó meu parecer, a este artigo un moi bo candidato ó artigo destacado. --O Tin 17:50, 22 maio 2006 (UTC)
Concordo --O Tin 17:50, 22 maio 2006 (UTC)
- Comentario Agora que dividín o artigo a búsqueda nel é moito máis fácil. Veña, votádeo, de verdade que está moi ben, explica as cousas dunha forma maxistralmente novelesca e clara, hai poucos artigos así de bos. --O Tin 15:25, 30 maio 2006 (UTC)
- Comentario Alguén se anima a preparar un texto do estilo dos que hai en Wikipedia:Artigo Destacado? --Prevert(talk) 16:01, 30 maio 2006 (UTC)
Concordo --Adalbertofrenesi 18:58, 30 maio 2006 (UTC)
Concordo --Prevert(talk) 10:58, 31 maio 2006 (UTC)
- Comentario Aínda está pendente escribir o texto para presentar en portada. --Prevert(talk) 10:58, 31 maio 2006 (UTC)
Comentario A ver que vos parece:
- A Batalla de Pavía que tivo lugar o 25 de febreiro de 1525 entre os exércitos de Carlos I de España e os de Francisco I de Francia en Pavía (Italia). Os exércitos franceses tiveron que devolve-lo control do Milanesado ós españois. A consecuencia fundamental sería a supremacía española en Italia e o relegamento de Francia a un papel político secundario durante o século XVI.
--Adalbertofrenesi 14:03, 31 maio 2006 (UTC)
Comentario Versión do texto de Aldalbertofrensi co formato da portada. Hai un problema coa imaxe que nun tamaño tan pequeno non reduce ben. Adpatación dos verbos ao formato. Pódese mellorar. --Prevert(talk) 15:48, 31 maio 2006 (UTC)
Batalla de Pavía. O 25 de febreiro de 1525, en Pavía (Italia), os exércitos de Carlos I de España venceron os de Francisco I de Francia. Como resultado da contenda as tropas francesas tiveron que devolve-lo control do Milanesado ós españois, sendo a consecuencia fundamental desta batalla a supremacía española en Italia e o relegamento de Francia a un papel político secundario durante o século XVI.
Concordo Padin 10:10, 7 decembro 2006 (UTC)