Ducado de Milán
O Ducado de Milán, tamén chamado Milanesado ou Estado de Milán, foi durante a Idade Media a principal potencia do norte de Italia.
Ducato di Milano (en italiano) Ducatus Mediolani (en latín) Ducado de Milán | ||||
| ||||
Bandeira | ||||
Capital | Milán | |||
Lingua | Latín e Lombardo occidental | |||
Relixión | Igrexa Católica | |||
Goberno | Principado | |||
Duque de Milán | Gian Galeazzo Visconti | |||
Francisco I de Austria | ||||
Historia | ||||
• Establecido | 1395 | |||
• República Ambrosiana | 1447–1450 | |||
• Dominio Sforza | 1450-1499 | |||
• Dominio Francés | 1499–1512, 1515-1521 | |||
• Dominio Español | 1535–1706 | |||
• Tratado de Campo Formio | 1797 | |||
Moeda | Escudo milanés |
O ducado foi creado en 1395 por Gian Galeazzo Visconti, señor de Milán. Cando a dinastía Visconti se extinguiu en 1447, Milán foi declarado unha República, a pesar das pretensións do duque de Orleáns, lexítimo herdeiro. Orleáns foi incapaz de tomar posesión da súa herdanza, pero a República durou pouco. O aventureiro Francesco Sforza, casado cunha filla do último Visconti, tomou Milán en 1450, autoproclamándose duque.
Dominio francésEditar
En 1498 o fillo do duque de Orleáns converteuse en rei de Francia como Luís XII e pretendeu facer efectivas as reclamacións do seu pai sobre Milán, invadíndoo e expulsando a Ludovico Sforza en 1499. Este dominio francés durou até 1513, cando forzas suízas repuxeron ao fillo de Ludovico, Massimiliano, no trono. En 1515 os franceses, baixo Francisco I de Francia, venceron na batalla de Marignano, capturando a Massimiliano e retomando o ducado. De novo foron expulsados en 1521; desta vez, as forzas austríacas coroaron ao irmán de Massimiliano, Francesco II Sforza.
Despois da decisiva derrota francesa na Batalla de Pavía (1525), que deixou a Carlos I de España como principal forza en Italia, Francesco uniuse á Liga de Cognac, xunto ás repúblicas de Venecia, Florencia, o papa Clemente VII e os franceses en contra de Carlos V. Isto levou á rápida expulsión de Francesco de Milán por forzas imperiais, aínda que mantivo algún control sobre outras cidades do ducado, e acabou recuperando Milán polo Tratado de Cambrai (1529).
Dominio españolEditar
Cando Francesco morreu sen herdeiros en 1535, abriuse unha pugna entre Francisco I de Francia e o emperador Carlos V pola súa sucesión. Despois varias guerras, o emperador anexionou o ducado, investindo ao seu fillo Filipe como duque. Finalmente, o Tratado de Cateau-Cambrésis de 1559 recoñeceu a anexión do Milanesado por parte de España.
O ducado de Milán seguiu sendo español até a Guerra de Sucesión Española, no século XVIII. Despois da morte de Carlos II herdou as súas posesións Filipe de Anjou, ao que se opuxo o Arquiduque Carlos de Austria quen tamén tiña pretensións á coroa española.
Dominio imperialEditar
O 26 de setembro de 1706 as tropas austríacas tomaron Milán, que pasou a mans do Arquiduque de Austria. Esta situación de dominación austríaca confirmouse legalmente no Tratado de Utrecht. O ducado foi definitivamente ratificado como posesión dos Habsburgo polo Tratado de Baden de 1714.
Dominio napoleónicoEditar
Así permaneceu até a súa conquista por parte de Napoleón Bonaparte, durante as Guerras napoleónicas, en 1796. O ducado foi cedido polo Tratado de Campoformio á nacente República Cisalpina.
Unificación italianaEditar
A restauración, despois do Congreso de Viena, significou o seu retorno a Austria, aínda que pronto foi obxectivo do nacionalismo italiano, sendo conquistado polo reino do Piemonte durante as guerras que levaron á unificación italiana.
Gobernantes do Ducado de MilánEditar
A seguinte é unha lista dos gobernantes de Milán desde o século XIII até 1859, cando Milán e o resto da Lombardía foron incorporados ao Reino de Piemonte-Sardeña.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Cappelli, Adriano (1898): Cronologia Cronografia e Calendario Perpetuo. Milán: Hoepli. ISBN 88-203-2502-0
- VV. AA. (1844): Milano e il suo territorio, Volume 1, Ed. Picola, páx. 85