William Wallace Halleck Reid, nado en St. Louis o 15 de abril de 1891 e finado nos Ánxeles o 18 de xaneiro de 1923[1] foi un actor estadounidense do cinema mudo, coñecido como "o máis perfecto amante da pantalla".[2] Tivo tamén unha breve carreira como piloto de carreiras.

Modelo:BiografíaWallace Reid

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de abril de 1891 Editar o valor en Wikidata
St. Louis, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xaneiro de 1923 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortegripe Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, actor de cinema, guionista, director de cinema, actor de teatro Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeDorothy Davenport (1913–1923) Editar o valor en Wikidata
FillosWallace Reid Jr. Editar o valor en Wikidata
PaiHal Reid Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0717468 Allocine: 12392 Allmovie: p59455 153019
BNE: XX1413977 WikiTree: Reid-12645 Find a Grave: 859 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Reid naceu en St. Louis, Missouri, nunha familia do mundo do espectáculo. A súa nai, Bertha Westbrook, era actriz e o seu pai, James Halleck "Hal" Reid, traballou con éxito nunha variedade de traballos teatrais, principalmente como dramaturgo e actor, viaxando polo país. Wallace Reid actuou no escenario dende moi novo, mais deixouno mentres estudaba na Freehold Military School de Freehold Township, New Jersey. Posteriormente graduouse no Perkiomen Seminary en Pennsburg, Pensilvania, en 1909. Atleta dotado, Reid participou en moitos deportes, ademais de ter interese na música, polo que aprendeu a tocar o piano, o banjo, a batería e o violín. De adolescente pasou un tempo en Wyoming, onde aprendeu a vivir en plena natureza.

Carreira

editar

Reid foi dirixido cara á florecente industria cinematográfica polo seu pai, que pasou do teatro a escribir filmes, dirixilos e actuar neles. En 1910, Reid debutou no cinema en The Phoenix, unha adaptación dunha obra de Milton Nobles, rodada nos Selig Polyscope Studios de Chicago. Reid empregou o guión dunha obra que escribira o seu pai e achegouse os Vitagraph Studios, agardando recibir unha oportunidade de dirixir. En vez diso, os executivos de Vitagraph aproveitaron o seu atractivo sexual e ademais de dirixiron, déronlle un papel importante. Aínda que a imaxe e o poderoso físico de Reid facíano perfecto como "matinée idol", era igualmente feliz con papeis do outro lado da cámara, e á miúdo traballou como guionista, cámara e director.

Reid foi arrestado en Portland, Oregón, en 1921 por violar a lei seca.[3]

Wallace Reid apareceu en varios filmes co seu padre, e segundo a súa carreira no cinema florecía, axiña actuou e dirixiu co magnate cinematográfico Allan Dwan. En 1913, estando en Universal Pictures, Reid coñeceu e casou coa actriz Dorothy Davenport. Interpretou a Jeff, o ferreiro, en The Birth of a Nation (1915) e tivo un papel sen acreditar en Intolerance (1916),[4] ambos dirixidos por D. W. Griffith; traballou con primeiras damas da interpretación como Florence Turner, Gloria Swanson, Lillian Gish, Elsie Ferguson e Geraldine Farrar nun camiño para converterse nun dos grandes roubacorazóns de Hollywood.

Xa involucrado na creación de máis de cen curtametraxes, Reid asinou co produtor Jesse L. Lasky e protagonizou máis de sesenta filmes para compañía Famous Players, que posteriormente se converteu en Paramount Pictures. Emparellado con frecuencia coa actriz Ann Little, o seu papel de heroe de acción piloto de coches levou mulleres novas e maduras aos cines para ver os seus trepidantes thrillers automobilísticos como The Roaring Road (1919), Double Speed (1920), Excuse My Dust (1920) e Too Much Speed (1921). Un destes filmes, Across the Continent (1922), foi escollido como o filme que estreou o Castro Theatre de San Francisco, que abriu o 22 de xuño de 1922.

Reid adoraba tanto conducir que mesmo fixo un intento (sen éxito) de participar nas Indianapolis 500 de 1922.[5]

Pasamento

editar
 
Urna de Wallace Reid, no mausoleo de Forest Lawn, Glendale.

Mentres estaba en xira cara a Oregón durante a rodaxe de The Valley of the Giants (1919), Reid foi ferido nun accidente de tren preto de Arcata, California, e necesitou seis puntos para pechar un corte na cabeza de 8 cm.[6] Para que continuase a rodaxe, prescribíronlle morfina para aliviar a súa dor. Reid volveuse adicto rapidamente, mais continuou a traballar a un ritmo frenético en filmes cada vez máis esixentes fisicamente, pasando de duracións de 15-20 minutos a unha hora. A adicción de Reid á morfina empeorou nun tempo en que non existían programas de rehabilitación. Faleceu nun sanatorio mentres intentaba recuperarse.[7]

Wallace Reid foi enterrado na Azalea Terrace do Great Mausoleum no Forest Lawn Memorial Park Cemetery de Glendale, California.

Vida persoal

editar

Reid e a súa esposa Dorothy Davenport tiveron dous fillos, un fillo, Wallace Reid Jr., nado en 1917, e unha filla, Betty Mummert, que adoptaron en 1922 cando tiña tres anos. Supostamente era filla extramatrimonial de Reid.[8] A viúva de Reid nunca volveu casar.

Legado

editar

A viúva de Reid, acreditada como Mrs. Wallace Reid, coproduciu e apareceu en Human Wreckage (1923), facendo unha xira nacional co filme para publicitar os perigos da drogadicción.

As contribucións de Wallace Reid ao cinema foron recoñecidas cunha estrela no Paseo da Fama de Hollywood.

  1. Fleming, E.J. (8 de febreiro de 2007). Wallace Reid: The Life And Death of a Hollywood Idol. McFarland & Company. ISBN 978-0786428151. 
  2. "Girls I Have Made Love To". Motion Picture Magazine (The Motion Picture Publishing Co.): 33. setembro de 1919. 
  3. Chandler, J. D. (2016). Murder & scandal in prohibition Portland : sex, vice & misdeeds in Mayor Baker's reign. Charleston, SC: The History Press. p. 14. ISBN 978-1-4671-1953-5. OCLC 928581539. 
  4. "Intolerance". TV Guide. Consultado o 6 de xaneiro de 2021. 
  5. "Wallace Reid". 
  6. "Reid Company in Wreck". Moving Picture World 39 (9): 1474. 1 de marzo de 1919. Consultado o 27 de outubro de 2015. 
  7. Troping the body: gender, etiquette, and performance By Gwendolyn Audrey Foster. Southern Illinois University Press. p. 108
  8. "Wallace Reid". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2010. Consultado o 01 de setembro de 2021. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • The First Male Stars: Men of the Silent Era por David W. Menefee. Albany: Bear Manor Media, 2007
  • Col. Selig’s Stories of Movie Life – Wallace Reid. Screenland. Chicago: Screenland Publishing Company, abril de 1923
  • The Autobiography of Cecil B. DeMille por Cecil B. DeMille. New Jersey: Prentice-Hall, Inc., 1959
  • I Blow My Own Horn por Jesse L. Lasky. Nova York: Doubleday & Company, Inc., 1957
  • Two Reels and a Crank por Albert E. Smith. Nova York: Doubleday & Company, Inc., 1952
  • Griffith: The Birth of a Nation Part 1 por Seymour Stern. Nova York: Film Culture, 1965
  • Swanson on Swanson por Gloria Swanson. Nova York: Random House, 1980
  • "Wallace Reid Dies in Fight on Drugs" — en The New York Times, 19 de xaneiro de 1923
  • "Wally, the Genial" by Maude S. Cheatham, en Motion Picture. Nova York: Brewster Publications, Inc., outubro de 1920.

Ligazóns externas

editar