The Birth of a Nation

The Birth of a Nation é unha película de 1915 dirixida e producida por David Wark Griffith. Está considerada unha das películas máis famosas da época do cine mudo, e tamén unha das máis polémicas por promover a supremacía branca e describir o suposto heroísmo dos membros do Ku Klux Klan. Tamén se considera un fito da historia do cine, ao conxugar o autor todos os recursos narrativos que fora desenvolvendo o cine até ese momento, quedando establecido un modelo que permanece até a actualidade.

The Birth of a nation
Ficha técnica
DirectorD.W. Griffith
ProdutorD.W. Griffith
GuiónThomas F. Dixon Jr.
IntérpretesLillian Gish
Mae Marsh
Henry B. Walthall
Miriam Cooper
Mary Alden
Ralph Lewis
George Siegmann
Walter Long
Robert Harron
Wallace Reid
Joseph Henabery
MúsicaJoseph Carl Breil
D.W. Griffith
FotografíaG.W. Bitzer
Estrea1915
Duración189 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0004972 Filmaffinity: 915417 Allocine: 5433 Rottentomatoes: m/birth_of_a_nation Allmovie: v5751 TCM: 5764 BNE: XX3748969 Netlix: 309264 Editar o valor en Wikidata
The Birth of a Nation

A acción comeza pouco antes da Guerra de Secesión. Está ambientada nos Estados Confederados de América, con dúas familias brancas amigas que representan o Norte e o Sur dos Estados Unidos. A familia do sur manda os seus tres fillos homes á guerra.

Trala sinatura da paz e a reunificación, aparece reflectido o asasinato de Abraham Lincoln e o ascenso ao poder dos negros en diferentes estados.

Técnica

editar
 
Encapuchados do Ku Klux Klan agarran a Gus tras asasinar unha moza branca. O home negro é descrito de forma estereotipada coma "un renegado, un produto das doutrinas inmorais apoiadas polos republicanos".

A forma en que se establece o salto de eixe, o uso dos primeiros planos, a alternancia entre planos xerais que permiten comprender e organizar o espazo en que ten lugar a acción cos planos curtos onde se aprecia o detalle, constitúen a base do novo modelo cinematográfico de Griffith.

Véxase tamén

editar