Gran Polonia

Voivodato de Polonia
(Redirección desde «Voivodato de Gran Polonia»)

O Voivodato de Gran Polonia (polaco: województwo wielkopolskie) é unha das 16 provincias (voivodatos) que conforman a República de Polonia, segundo a división administrativa do ano 1998. Creouse o 1 de xaneiro de 1999, a partir dos anteriores voivodatos de Poznań, Kalisz, Konin, Leszno, e dunha parte do antigo voivodato de Piła. É a segunda en tamaño e a terceira en poboación, con 29.826 km² e 3,4 millóns de habitantes. Está dividido en 35 distritos ou poviatos, dos que 4 cidades posúen a categoría de poviato, e 226 comunas. As súas principais cidades son Poznań, Kalisz, Konin, Leszno, Piła e Gniezno. Comprende a maioría da rexión histórica (agás algunhas pequenas comunidades do suroeste) do mesmo nome (en polaco Wielkopolska).

Gran Polonia
Bandeira de Voivodato da Gran Polonia
Bandeira de Voivodato da Gran Polonia
Escudo de Voivodato da Gran Polonia
Escudo de Voivodato da Gran Polonia
BandeiraEscudo
Estado Polonia
CapitalPoznan
 • Poboación556.022
Linguas oficiaisn/d
Tadeusz Dziuba
Stefan Mikolajczyk
Fundado en1999
 • Total29.826 km²
 • % augan/d
 • Total (2003)3 360 000 hab.
 • Densidade112 hab./km²
Código ISOPL-WP e PL-30
www.wielkopolska.mw.gov.pl
Divisións administrativas do voivodato

Situación e Natureza Editar

O voivodato sitúase no centro-oeste de Polonia. Ten dous parques naturais, varias reservas naturais e varios parques paisaxísticos. Os dous principais ríos da rexión son o Warta e o Noteć. O norte do voivodato é unha rexión lacustre.

Historia Editar

O nome de Gran Polonia (en polaco: Wielkopolska, Francés: Grande-Pologne, Alemán:Großpolen, latín: Polonia Maior) utilízase só dende os séculos XIV e XV. Menciónase por primeira vez en latín en 1257, e por primeira vez en polaco en 1449. O nome de Gran ou Vella Polonia adoitan referirse a que é o berce de Polonia como estado. Antigamente, esta zona estaba habitada pola tribo dos Polanos e chamábase sinxelamente Polonia. Os fortes de Giecz e de Poznań construíronse no século X. A Gran Polonia era á rexión central do país de Mieszko I e de Boleslao I o Bravo, Poznań era a capital de Polonia. Até o século XI no que se mudou a capital a Cracovia.

Tras as Particións de Polonia, a rexión ficou baixo o dominio de Prusia e sufriu un proceso forzado de xermanización. Durante a segunda guerra mundial, foi anexionada pola Alemaña Nazi co nome de Wartheland ou Warthegau, país do Warta. En 1945, volveu a Polonia.

Maiores cidades e poboacións Editar

(poboación en 2003)

División administrativa Editar

Distritos rurais Editar

Distritos urbanos Editar

Economía Editar

Os principais sectores de actividade son a industria, o agroalimentario, os transportes , a construción, o comercio e os servizos.

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar