Considérase unha vitoria pírrica a un enfrontamento bélico gañado a un prezo tan elevado que máis ben se pode considerar unha derrota.[1]

Recibe o nome por dúas batallas gañadas por Pirro, rei do Epiro, cando os romanos quixeron conquista-la Magna Grecia durante o proceso de unificación da Península Itálica anterior ás guerras púnicas: a batalla de Heracleia, en 280 a.C., e a batalla de Ásculo, en 279 a.C., na Guerra Pírrica. Despois da segunda batalla, Plutarco presenta un relato feito por Dionisio de Halicarnaso:

Os exércitos separáronse; e, dise, que Pirro respondeulle a un individuo que lle mostraba gozo pola vitoria que "unha outra vitoria como esta o arruinaría completamente". Pois el perdera unha parte enorme das forzas que trouxera consigo, e case todos os seus amigos íntimos e principais comandantes; non había outros homes para formar novos recrutas, e os seus aliados na Italia estaban a recuar. Por outro lado, como que nunha fonte constantemente fluíndo para fóra da cidade, o campamento romano enchíase rápida e abundantemente por novos recrutas, todos sen deixar a súa coraxe ser abatida pola perda que sufriran, mais sen extraendo da súa propia ira nova forza e resolución para seguir adiante coa guerra.[2]

Esta expresión non se utiliza só no contexto militar, podéndose usar tamén, por analoxía, ligada a actividades como a economía, a política, a xustiza, a literatura ou o deporte para describir unha loita similar, prexudicial para o vencedor.

Exemplos

editar
  1. TERRA, Dimas. Viagem. São Paulo: Biblioteca24x7, 2010. páx.61 (en portugués)
  2. Plutarco (trad. para o inglés de John Dryden) dispoñíbel online Arquivado 06 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. no Internet Classics Archive
  3. "A UPG refunda o BNG". Galicia Confidencial. Consultado o 2016-02-28. 
  4. "Carlos Aymerich: “O ciclo político do BNG expirou e terá unha vida vexetativa, nas deputacións e na CIG”". Galicia Confidencial. Consultado o 2016-02-28. 
  5. "Aymerich abandona o BNG tras gañaren as teses da UPG". Galicia Confidencial. Consultado o 2016-02-28. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar