Batalla das Termópilas
páxina de homónimos
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
Aínda que a batalla das Termópilas máis coñecida sexa aquela que, no -480, opuxo a Gregos e Persas, houbo na Antigüidade Clásica outros confrontamentos trabados no estreito do mesmo nome:
- Batalla das Termópilas (-353), que fai referencia á intercepción do paso, por parte dos focios, ao exército de Filipo II de Macedonia durante a Terceira Guerra Sagrada.
- Batalla das Termópilas (-336), na cal as forzas gregas tentaron evitar o avance de Filipo II de Macedonia, pai de Alexandre Magno;
- Batalla das Termópilas (-280), confrontamento entre os Helenos e os invasores Gálatas, comandados por Breno;
- Batalla das Termópilas (-191), trabada no contexto das guerras entre Roma e o Imperio Seléucida, onde as tropas romanas comandadas polos cónsules Manio Acílio Glabrio e Marco Porcio Catón, o Censor desbarataron as forzas de Antíoco III de Siria.
- Batalla das Termópilas (254), enfrontamento entre os hérulos e os romanos.
- Batalla das Termópilas (267), o intento de defensa do paso fronte á grande invasión dos Balcáns polos hérulos.
Tamén, no 395 da nosa Era, Alarico I comandou os Visigodos na pasaxe deste estreito, rumbo a Grecia, sen ningunha oposición das forzas romanas.
De igual forma, tamén no 448, os Hunos liderados por Atila penetraron en Grecia logrando alcanzar as Termópilas, sen, porén, dar batalla ó Imperio Romano de Oriente.
- Batalla das Termópilas (1821), ou Batalla de Alamana, durante a Guerra de independencia de Grecia.
- Batalla das Termópilas (1941), producida na Segunda Guerra Mundial entre os alemáns e unha forza expedicionaria británica en retirada durante a invasión alemaá de Grecia.