Víbora

(Redirixido desde «Viperinae»)

As víboras, viperinos ou áspides (Viperinae) son unha subfamilia de serpes pezoñentas das que existen diversas especies, de cores nas que predominan as pardas e cinsentas, xeralmente cun debuxo dorsal en zigzag, coa cabeza de forma triangular, ollos con meniña vertical e dous dentes ocos cos que inocula veleno. Xunto cos crótalos (subfamilia Crotalinae), forman a familia dos vipéridos (Viperidae).

Son famosas pola súa pezoña, probabelmente o veleno máis potente entre os animais presentes en Europa; son tamén os animais máis perigosos de Galicia. Durante as guerras púnicas lanzábanse aos buques inimigos no curso das batallas navais, e, até o século XVII, o seu uso como pezoña nos banquetes foi un xeito usual de eliminar os rivais políticos.

CaracterísticasEditar

Son moi velenosas e caracterízanse por pusuíren un par de caninos longos e ocos na parte dianteira da queixadasuperior. Estes caninos retráense contra o padal cando a boca está fechada e cando esta abre, póñense axiña en posición de atacar a presa, para inxectar un veleno mortal que ataca o sangue e os tecidos.

A cabeza triangular e larga das víboras está cuberta de escamas e os ollos teñen a meniña vertical. A maioría das víboras paren ás súas crías no interior do corpo, é dicir, son ovovivíparas.

DistribuciónEditar

As víboras viven en todo o mundo pola súa gran facilidade de adaptación ao medio, agás Australia, Madagascar e outras illas, e a maioría delas son naturais de África aínda que algunhas tamén se poden atopar en América do Sur.

EspeciesEditar

Entre as moitas especies de víboras europeas en Galicia pódense atopar as seguintes:

O uso de soro antipezoñoso (antiofídico) en España e Portugal non é recomendábel agás en casos realmente necesarios e sempre so consideración médica e nun hospital.[1]

A víbora na cultura popular galegaEditar

Vítor Vaqueiro conta que os mariñeiros de Tomiño, no Baixo Miño, pretendían asegurar unha boa pesca levando na barca unha víbora. Para evitar o risco de picadura, metíana nunha cana que tapaban cunha rolla, e alimentábana con leite que lle daban por un buratiño practicado nesa rolla.

NotasEditar

  1. Martín Sierra, M.C.; Bernal Pérez, M; Bruna Azara, C. & Martí Jiménez, J.I. 1998. Suero antiofídico: ¿peor el remedio que la enfermedad?. Medicina intensiva, 22:148-153.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, Galaxia, Vigo 2011, 506-507.

Outros artigosEditar