Víbora fociñuda

(Redirección desde «Vipera latastei»)

A víbora fociñuda[5][6] (Vipera latasti ou Vipera latastei) é unha especie de víbora presente na Península Ibérica e no norte do Magreb. Pode acadar os 70 cm de lonxitude.[7] É a víbora máis frecuente na Península Ibérica, abarcando todo o territorio agás o extremo norte e os Pireneos. É rara en Galicia, sendo substituída pola víbora de Seoane.

Víbora fociñuda
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Sauropsida
Subclase: Diapsida
Orde: Squamata
Suborde: Serpentes
Familia: Viperidae
Subfamilia: Viperinae
Xénero: Vipera
Especie: V. latastei
Nome binomial
Vipera latastei
Bosca, 1878
Distribución de Vipera latasti.
Distribución de Vipera latasti.

Distribución de Vipera latasti.
Sinonimia
  • Vipera latasti - Boscá, 1878[2]
  • Vipera latastei - Boscá, 1879[3]
  • Vipera berus aspis var. latastei - Camerano, 1889 (nomen illegitimum)
  • Vipera latastii - Boulenger, 1896
  • Vipera latasti - Mertens, 1925
  • Latastea latastei - Reuss, 1929
  • Rhinaspis latastei nigricaudata - Reuss, 1933
  • V[ipera]. ammodytes latastei - Schwarz, 1935
  • Vipera latastei latastei - Saint-Girons, 1953
  • Vipera (Rhinaspis) latastei latastei - Obst, 1983[4]

É a que conta coa pezoña menos tóxica das tres especies presentes na Península Ibérica, e aínda que a súa chantada non é mortal, cómpre de asistencia sanitaria para un tratamento axeitado, e se fose realmente necesaria, a aplicación dun soro antipezoñoso ou antiofídico.[7]

Nomenclatura

editar
 
Pequena víbora fociñuda na Serra de Mijas

Existe certa confusión sobre o nome científico desta especie.[8] Boscá (1878)[2] describiuna coma Vipera latasti, aínda que no pé da figura do seu traballo denomínaa Vipera latastei. O ano a seguir o propio Boscá (1879),[3] utilizou a combinación Vipera latastei, o que foi considerado unha emenda xustificada (McDiarmid et al., 1999).[9] Pola súa banda David e Ineich (1999)[10] consideran que son os primeiros revisores e elixen V. latastei. Porén, Alonso-Zarazaga (1998)[11] e Montori et al. (2005)[12] consideran que o uso de V. latastei por Boscá en 1879 é un lapso e que debería utilizarse V. latasti, nome que ten sido utilizado por varios autores.

Subespecies

editar

Conta con dúas subespecies:

  1. Jose Antonio Mateo Miras, Marc Cheylan, M. Saïd Nouira, Ulrich Joger, Paulo Sá-Sousa, Valentin Pérez-Mellado, Iñigo Martínez-Solano 2008. Vipera latastei. In: IUCN 2009. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2009.2. <www.iucnredlist.org>. Downloaded on 23 November 2009.
  2. 2,0 2,1 Boscá, E. 1878. Note sur une forme nouvelle ou peu connue de Vipère. Bull. Soc. Zool. France, 3: 116-121. lám. 4.
  3. 3,0 3,1 Boscá, E. 1879. Las víboras de España. Ann. Soc. Esp. Hist. Nat., 8: 65-86.
  4. McDiarmid RW, Campbell JA, Touré T. 1999. Snake Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, vol. 1. Herpetologists' League. 511 pp. ISBN 1-893777-00-6 (series). ISBN 1-893777-01-4 (volume).
  5. Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Cadernos de Lingua, 13, páx. 85. Real Academia Galega.
  6. Nome vulgar galego da especie en Vocabulario forestal, VV. AA. (2012) Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo e Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009
  7. 7,0 7,1 Bruna Azara, C. 1995. Animales venenosos. Vertebrados terrestres venenosos peligrosos para el ser humano en España. Bol. SEA, 11: 32-40
  8. Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles
  9. McDiarmid, R. W., Campbell, J. A., Touré, T. A. 1999. Snake species of the world. A taxonomic and geographic reference. Volume 1. The Herpetologists’ League, Washington DC.
  10. David, P., Ineich, I. 1999. Les serpents venimeux du monde: systematique et répartition. Dumerilia, 3: 3-499.
  11. Alonso-Zarazaga, M. A. 1998. Apéndice 1. Nomenclatura: lista de sinónimos y combinaciones. Pp. 645-685. En: Salvador, A. (Coord.). Reptiles. En: Ramos, M. A. et al. (Eds.). Fauna ibérica. Vol. 10. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid.
  12. Montori, A. et al. (2005). Lista patrón actualizada de la herpetofauna española. Conclusiones de nomenclatura y taxonomía para las especies de anfibios y reptiles de España. Asociación Herpetológica Española, Barcelona.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar