Nicolaus Michael Oppel

herpetólogo alemán


Nicolaus Michael Oppel (ás veces escrito o sen nome como Nikolaus), nado na vila de Schönficht, Alto Palatinado (hoxe no Land de Baviera) o 7 de decembro de 1782, e finado en Múnic o 16 de febreiro de 1820, foi un zoólogo especializado en herpetoloxía, taxónomo e ilustrador alemán.[1]

Modelo:BiografíaNicolaus Michael Oppel
Biografía
Nacemento7 de decembro de 1782 Editar o valor en Wikidata
Schönficht, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte16 de febreiro de 1820 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Múnic, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónzoólogo
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaOppel Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Oppel foi alumno e traballou como asistente de André Marie Constant Duméril (1774-1860) no Museo Nacional de Historia Natural de Francia de París catalogando e clasificando especies de réptiles.

En 1811 publicou un libro titulado Die Ordnungen, Familien und Gattungen der Reptilien, als Prodrom einer Naturgeschichte derselben (As ordes, familias e xéneros dos réptiles, como un pródromo dunha Historia Natural dos mesmos) no que estableceu a orde dos Squamata (escamosos) e as familias dos Cheloniidae (queloníidos) e os Colubridae (colúbridos), e a subfamilia dos Crotalinae (crotalinos), así como varios xéneros que aínda usan os taxónomos na actualidade.

Con Friedrich Tiedemann (1781-1861) e Joseph Liboschitz (1783-1824), foi coautor de Naturgeschichte der Amphibien (Historia Natural dos anfibios), publicada en 1817.[2]

Outras obras debidas a Oppel son:

  • Sur la classification des reptiles (1811).[2]
  • Calendarium anni millesimi quadringentesimi undecimi: ex laminis ligneis perantiquis in bibliotheca sua asservatis arte Lithographiae anno 1796 ab Aloisio Senefelder inventae descriptum (1814). (Con Carl Erenbert Moll, Hermann Mitterer e Alois Senefelder).[2]

Abreviatura

editar

A abreviatura Oppel emprégase para recoñecer a Nicolaus Michael Oppel como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

  1. ADB:Oppel, Nikolaus Michael na Allgemeine Deutsche Biographie.
  2. 2,0 2,1 2,2 WorldCat Identities (publicacións).