Ignacio Vidales Tomé

xornalista, debuxante e caricaturista galego
(Redirección desde «Vidales Tomé»)

Ignacio Vidales Tomé, nado en Ponteareas o 30 de marzo de 1896 e finado no mesmo concello o 11 de agosto de 1963,[1] foi un xornalista, debuxante e caricaturista galego.

Infotaula de personaIgnacio Vidales Tomé

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de marzo de 1896 Editar o valor em Wikidata
Ponteareas, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de agosto de 1963 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Ponteareas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , debuxante , caricaturista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fixo os primeiros estudos en Vigo. Marchou a Vilalba onde exerceu como amanuense do seu tío, o notario Victoriano Tomé Ramos. En 1921 obtivo o título de procurador dos tribunais, asentouse en Ponteareas e abriu un bufete. Despois sería xuíz municipal de Ponteareas.

Debutou como debuxante en 1917 na revista Vida Gallega, despois colaborou en El Tea, Don Quijote, El Galleiro, Faro de Vigo e El Pueblo Gallego. Compaxinou o debuxo de humor cos artigos, nos que case sempre falaba de fútbol.

A través do seu humor, sutil e irónico, puxo de relevo os aspectos máis negativos do momento que lle tocou vivir nunha Galicia caracterizada pola fame, a pobreza, a emigración e a falla de igualdade social.

Despois da súa morte, en 1964, algúns dos seus artigos foron recollidos no libro Ruleta de motivos puenteareanos por Carlos Rivero Troncoso. Clodio González Pérez publicou unha antoloxía dos seus debuxos.

 
Rúa Vidales Tomé, Ponteareas.

O seu concello adicoulle o nome dunha rúa.

Notas editar

  1. Porto Bernárdez, Gabino. "Ha muerto D. Ignacio Vidales Tomé" El Pueblo Gallego, 14-8-1963, p. 4 (en castelán).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar