Victorino González

judoka galego

Juan Victorino González Enríquez, nado na Coruña o 24 de xuño de 1964, é un ex-judoka galego. Foi tres veces campión de España e competiu nos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl.

Infotaula de personaVictorino González
Biografía
Nacemento1964 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura180 cm Editar o valor em Wikidata
Peso78 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndeportista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteJudo Editar o valor em Wikidata
Participou en
1988Xogos Olímpicos de 1988 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Natural do barrio de Monte Alto, aos 9 anos acudiu ao Pazo dos Deportes de Riazor para anotarse a kárate, pero como a idade mínima necesaria eran 16 anos, apuntouse en judo.[1] Formou parte do Club Shiai da Coruña, co que se proclamou campión galego e español en categorías inferiores, e en 1983 disputou o Campionato de Europa júnior.[2][3][4][5]

En 1984 gañou en Málaga o seu primeiro título de campión de España absoluto, na categoría de 78 kg, converténdose no segundo galego en lograr un título nacional, despois de Pier Veira.[6] Revalidou o título ao ano seguinte en Madrid, ao superar na final ao madrileño Fernando Vega.[7]

En 1986 obtivo o bronce no Campionato de España e ao ano seguinte participou nos Xogos Mediterráneos na cidade siria de Latakia, chegando á final dos 78 kg, onde perdeu contra o francés Jean-Michel Berthet, regresando polo tanto cunha medalla de prata. Participou nos Xogos Olímpicos de 1988, sendo o primeiro judoka galego en facelo, e tras superar dúas roldas, caeu nos oitavos de final contra o campión olímpico de 1984, Frank Wieneke, da Alemaña Federal.[8] Acabou no sétimo posto, volvendo á casa cun diploma olímpico.

En 1990 conseguiu a medalla de bronce no Campionato de España e ao ano seguinte o seu terceiro ouro. Pouco despois anunciou a súa retirada das competicións e a renuncia á súa case segura participación nos Xogos Olímpicos de 1992.[9]

Notas editar

  1. Varela, María (9 de xullo de 2012). "El 'Yin' y el 'Yang' del tatami". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 16 de agosto de 2021. 
  2. "Judo". El Pueblo Gallego (en castelán) (20495). 29 de novembro de 1978. p. 22. Consultado o 16 de agosto de 2021. 
  3. "Campeonato gallego de judo en categoría juvenil". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de novembro de 1980. p. 34. 
  4. "Fin del campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de febreiro de 1981. p. 53. 
  5. "Juan Victorino, del Club Shiai". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de marzo de 1981. p. 53. 
  6. "El coruñés Victorino González, campeón de España en 78 kilos". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de abril de 1984. p. 25. 
  7. "Victorino, otra vez campeón de España". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de abril de 1985. p. 15. 
  8. "Judo nos Xogos Olímpicos de 1988". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 16 de agosto de 2021. 
  9. "Victorino González renuncia al reto olímpico". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de abril de 1992. p. 48. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar