Vesta Sarkhosh Curtis
Vesta Sarkhosh Curtis, nada en Teherán en 1951, é unha orientalista e numismática británica de orixe iraniana, vinculada ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1951 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Educación | Universidade de Gotinga University College London. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | conservadora |
Familia | |
Cónxuxe | John Curtis. |
Traxectoria
editarVesta Sarkhosh obtivo un mestrado en Arqueoloxía de Oriente Próximo e Linguas Antigas Iranianas na Universidade de Gotinga, e posteriormente acadou o seu doutoramento en Arte Parta no University College de Londres.[1][2]
Entre 1983 e 2003, Curtis foi editora conxunta do xornal Iran: Journal of the British Institute of Persian Studies. De 1998 a 2003 foi secretaria do Instituto Británico de Estudos Persas (BIPS) e entre 2006 e 2011 ocupou a presidencia dese instituto. No período 2005-2010 foi secretaria da Royal Numismatic Society.[1][2]
Vesta Sarkhosh Curtis ingresou no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico en 1995, inicialmente como conservadora a tempo parcial de moeda sasánida, e a partir de 2005 pasou a ocupar o posto de conservadora de moedas de Oriente Medio nese departamento.[2][3]
Curtis desenvolveu un proxecto de colaboración co Museo Nacional de Irán sobre as moedas sasánidas de 224 a 651 d.C. Tamén é codirectora, xunto con Michael Alram, do proxecto internacional de moedas partas The Sylloge Nummorum Parthicorum (SNP) e coeditora da súa serie editorial.[1][4]
Curtis é membro do comité académico da Iran Heritage Foundation (IHF) e vicepresidenta do Instituto Británico de Estudos Persas.[1]
Vida persoal
editarEstá casada con John Curtis, director xeral da Fundación do Patrimonio de Irán e conservador do Museo Británico de Proxectos Especiais de Oriente Medio.[5]
Publicacións
editarEstes son os traballos monográficos máis salientables publicados por Vesta Sarkhosh Curtis ao longo da súa traxectoria:[6][7][8]
- (1998). The art and archaeology of ancient Persia: new light on the Parthian and Sasanian empires (con R. Hillenbrand). I. B. Tauris, Londres. ISBN 9781860640452
- (2005). Persian myths, Legendary past. University of Texas Press. ISBN 9780292711587
- (2005-2010). The Idea of Iran (con S. Stewart) (eds.). I. B. Tauris.
- (2005). 1. Birth of the Persian Empire. ISBN 978-1845110628
- (2010). 2. The Age of the Parthians. ISBN 978-1845114060
- (2010). 3. The Sasanian Era. ISBN 978-1845116903
- (2009). 4. The rise of Islam. ISBN 978-1845116910
- (2010). Ali-Akbar Safi, Sasanian Coins: A Sylloge of the Sasanian Coins in the National Museum of Iran (Muzeh Melli Iran), Tehran, Vol. 1: Ardashir I - Hormizd IV (con M. Elahé Askari et al). Special Publications of the Royal Numismatic Society. ISBN 978-0901405449
- (2012). Sasanian Coins: A Sylloge of the Sasanian Coins in the National Museum of Iran (Muzeh Melli Iran), Tehran, Vol. 2: Khusrau II - Yazdgard III (con M. Elahe Askari et al.). Special Publications of the Royal Numismatic Society. ISBN 0-901405-64-7
- (2012). From Persepolis to the Punjab: Exploring the Past in Iran, Afghanistan and Pakistan (con E. Errington). British Museum Press. ISBN 978-0714111773
- (2014). Persian love poetry, (con S. R. Canby). British Museum Press. ISBN 978-0714124759
- (2017). The Parthian and early Sasanian empires : adaptation and expansion (con E. Pendleton, M. Alram e T. Daryaee). British Institute of Persian Studies. Oxbow Books. ISBN 9781785709623
- (2020). Mithradates: Sylloge Nummorum Parthicorum. Austrian Academy of Sciences. ISBN 978-3700185642
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Dr Vesta Sarkhosh Curtis". British Institute of Persian Studies.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Curtis, Vesta Sarkhosh". En Coins Weekly. 18 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Dr Vesta Sarkhosh Curtis". The British Museum.
- ↑ "Sylloge Nummorum Parthicorum". Sylloge.org
- ↑ "Dr John Curtis Appointed CEO of Iran Heritage Foundation and IHF America Arquivado 27 de decembro de 2021 en Wayback Machine.". Cyruscylinder2013.com
- ↑ "Curtis, Vesta Sarkhosh". WorldCat Identities.
- ↑ "Curtis, Vesta Sarkhosh Arquivado 21 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Vesta Sarkhosh Curtis". Academia.edu
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Curtis, Vesta Sarkhosh". En Coins Weekly. 18 de xaneiro de 2017.