Verba que comenza

obra literaria de María Mariño

Verba que comenza[1] é un libro composto por 27 poemas, de María Mariño Carou, publicado postumamente no ano 1990.

Verba que comenza
Título orixinalVerba que comenza [1]
Autor/aMaría Mariño
Ilustrador/aReimundo Patiño
OrixeGalicia
LinguaLingua galega
Tema(s)intimismo
Xénero(s)poesía
EditorialConcello de Noia
Data de pub.1990 (postumamente)
Páxinas92
Precedido porPalabra no tempo (1963)
Seguido porMás allá del tiempo (2007)
editar datos en Wikidata ]

Descrición editar

Escribiu estes versos entre 1966 e 1967, enferma de leucemia,[2] amosando a angustia ante a inminencia do pasamento. A súa poética é radicalmente intimista, cunha linguaxe rupturista.

O volume foi rematado en marzo de 1967, dous meses antes de morrer, mais non foi publicado até 1990 da man do concello de Noia, promovido por Uxío Novoneyra e Antón Avilés de Taramancos.

En Verba que comenza, Mariño Carou acusa un retorno ó seu mar nativo e as cousas que sempre envolven o seu mundo tórnanse nas do mar, que conforman, coas da serra, o áspero mundo que se resolve no seu último poema que comeza Cántos alentos pra unha fosa-Deus! / Cántas pontes para un arco!, unha composición que confirma a súa voz magoada e a constante forma que tiña de rodearse das cousas concretas.[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar