Abrir o menú principal

Valentín Losada Vázquez

Valentín Losada Vázquez, nado en Rianxo en 1874[1] e finado en Cangas o 19 de decembro de 1937, foi un crego galego.

Valentín Losada Vázquez
Valentín Losada Vázquez.jpg
Nacemento1874
 Rianxo
Falecemento19 de decembro de 1937
 Cangas
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
Tumba de Valentín Losada no cemiterio de Cangas.
 
Rúa Valentín Losada en Cangas.

Fillo de José Losada Caamaño e Manuela Vázquez Seco. Os seus padriños foron os seus tíos Gregorio Sánchez Triñanes e María Vázquez Seco, avós maternos do poeta Manuel Antonio. Estudou Teoloxía no Seminario Conciliar de Santiago de Compostela, e máis tarde doutorouse en Dereito Canónico. Tras ser ordenado sacerdote foi destinado a Pontevedra como catedrático de Relixión e Historia Sagrada no Instituto da Cidade e na Escola Normal, ao tempo que exerceu como coadxutor na parroquia de San Bartolomeu.

En 1903 concedéuselle a parroquia de Cangas, e desde mediados de xaneiro de 1905 foi coadxuntor in capite da mesma, pasando a ser ecónomo trala morte do crego José Martínez. En decembro dese ano a corporación municipal solicitou ao arcebispo compostelán José María Martín de Herrera que Valentín fose nomeado párroco en propiedade, cargo ao que accedeu logo do concurso de curatos de 1910. En 1911 participa na misa maior da Virxe de Guadalupe en Rianxo, e en agosto de 1912 na misa da capela da Virxe Peregrina de Pontevedra. En Cangas acolleu o seu sobriño Manuel Antonio, que decidiu entón non ser cura.

En 1930 foi destinado ás parroquias de Santa Susana e San Frutuoso de Santiago de Compostela, e trala súa marcha o concello de Cangas nomeouno fillo adoptivo. En 1931 volve predicar na misa da Virxe de Guadalupe, e en setembro de 1933 predica na misa da Virxe dos Dolores en Sorribas (Rois). En decembro dese ano preside por parte do clero o enterro de Alejandro Rodríguez Cadarso.

Na guerra civil española mostrouse partidario do bando nacional: asiste en Rianxo a celebracións por toma de capitais españolas, e asistiu a arengas que daban os falanxistas desde o balcón do Concello. En decembro de 1937 asistiu a Cangas á misa da Inmaculada e á de Santa Lucía, e finou alí, sendo enterrado no cemiterio municipal a carón da súa nai. En 1938 o concello de Cangas púxolle o seu nome á rúa onde falecera.

NotasEditar

  1. Foi bautizado o 6 de decembro de 1874.