Víctor Muñoz Baijón
Víctor Muñoz Baijón, nado en Madrid e finado na mesma cidade o 6 de novembro de 1936, foi un farmacéutico e político de Santiago de Compostela.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() Madrid, España ![]() |
Morte | 6 de novembro de 1936 ![]() Madrid, España ![]() |
Causa da morte | ferida por arma de fogo ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico, político ![]() |
Familia | |
Parella | Ottilia Ulbricht ![]() |
Traxectoria
editarCoa súa parella a alemá Ottilia Ulbricht, chegaron a Galicia ao comezo da ditadura de Primo de Rivera. Instaláronse en Santiago de Compostela cunha academia de idiomas. Cando concluíu os estudos, Víctor Muñoz fíxose cargo da farmacia da rúa Casas Reais.
Na década de 1930 fundou a sección da Falanxe Española en Santiago de Compostela con outros camaradas como Fermín Zelada de Andrés Moreno.[1][2] Firme partidario de José Antonio Primo de Rivera, recibiuno na súa farmacia das Casas Reais o 16 de marzo de 1935. Alí Primo de Rivera improvisou un mitin ante un centenar de camaradas.[3]
Pilar Primo de Rivera visitou Santiago o 5 de febreiro de 1936 para apoiar os nomeamentos de María Laura Colmeiro Laforet como secretaria da Sección Femenina e de Otilia Ulbricht como tesoureira. Días despois do triunfo da Fronte Popular, varios asaltantes intentaron prender lume á farmacia, e Otilia púxoos en fuga pistola en man.[3]
O 6 de novembro de 1936 Muñoz foi encarcerado e asasinado en Madrid, e o mando provincial da Falanxe foi confiado a Carlos Colmeiro Laforet.[3]
Ao rematar a guerra, cando lle ían facer unha homenaxe, presentouse en Santiago de Compostela a súa muller, descubríndose que Ottilia só fora a súa amante. Até o final do franquismo, o "Hogar del Frente de Juventudes" de Santiago, sito na Alameda desta cidade, levou o nome de Víctor Muñoz.
A súa amante, Ottilia Ulbricht, foi profesora de alemán na Universidade de Santiago de Compostela,[4] no Instituto Arcebispo Xelmírez e no seu propio domicilio.
Notas
editar- ↑ Sanz Hoya, Julián (2008): "Camarada gobernador. Falange y los gobiernos civiles durante el primer franquismo", en Nicolás, María Encarna e González, Carmen, (eds.), Ayeres en discusión. Temas clave de Historia Contemporánea. Murcia: Universidade de Murcia.
- ↑ Clret Miranda, Jaume (2006): El atroz desmoche. La destrucción de la Universidad española por el franquismo, 1936-1945. Barcelona: Crítica.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Misterios al descubierto, masones en Santiago" Arquivado 03 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 04/08/2006.
- ↑ Bonet Correa, Antonio (2013): Discurso Doctorado Honoris Causa. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2013.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "El farmacéutico Víctor Muñoz y la alemana Ottilia Ulbricht introdujeron el fascismo en Compostela" in La Voz de Galicia, 26-1-1988, p. 64, 47.