Uxama Argaela é unha cidade celtibera-romana que ocupa o cerro de El Castro,[1] e mira á actual cidade de El Burgo de Osma-Ciudad de Osma, na provincia de Soria, España.[2]

Modelo:Xeografía físicaUxama Argaela
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaEl Burgo de Osma-Ciudad de Osma, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónOsma (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°34′37″N 3°05′22″O / 41.57697, -3.08941

Historia

editar
 
Calzada romana de Asturica Augusta a Tarraco por Clunia e Caesaraugusta ao seu paso preto de Uxama Argaela

Foi unha cidade que pertenceu aos arévacos, participou activamente nas guerras celtibéricas (153-133 a.C.), sendo conquistada por Roma no 99 a.C.[3] Máis tarde, apoiou a causa do rebelde romano, Quinto Sertorio,[4] contra a súa propia metrópole, polo que foi destruída por Pompeio o Magno no ano 72 a.C., aínda que o lugar indíxena foi reconstruído pouco despois.

Mencionada por Plinio o Vello[5] e por Tolomeo, Uxama Argaela do mesmo xeito que Tiermes foi adscrita ao Convento Xurídico Cluniense (Provincia Hispania Citerior Tarraconensis) e, a partir dese momento, comezou a configurarse a cidade hispanorromana, cuxo momento de maior esplendor sitúase entre os séculos I e II d. C., chegando a ser unha das comunidades do conventus iuridicus Cluniensis da provincia Hispania Citerior Tarraconensis.

Baixo Tiberio converteuse en municipium empezando un importante proceso de monumentalización, que consistiu na construción dun pequeno foro, unha serie de grandes mansións urbanas, unhas murallas e un verdadeiro barrio fabril a beiras do río Ucero, chegando a cubrir entre o espazo urbano e os arrabaldes unhas 28 hectáreas.

Posteriormente aparece como unha mansión (século III) da importante calzada romana que unía Caesaraugusta (Zaragoza) e Asturica Augusta (Astorga, León) a través do val do Douro.

En época dos visigodos no século VI, os bispos, asisten aos Concilios de Toledo.

Coa conquista musulmá no século VIII, aproveitando a vía romana que unía Tiermes con Uxama, foi abandonada até a súa posterior repoboación no 912.

Xacemento

editar

O xacemento, está baixo protección da Consellería de Cultura da Xunta de Castela e León, e todos os anos realízase unha tempada de escavacións estivais conxuntamente co xacemento de Tiermes (Montejo de Tiermes).

Os achados arqueolóxicos son numerosos e importantes, incluíndo inscricións, moedas republicanas e imperiais, cerámicas, vidros e obxectos metálicos e un tiro de cabalos de bronce.

Existe un "Museo de Uxama" modesto, aberto soamente nos meses de verán, a uns 2 quilómetros do antigo castro, xunto ao km 212 da N-122.[6][7]

  1. "About: Uxama Argaela/Uxama, Cerro del Castro, Osma". Digital Atlas of the Roman Empire (DARE) (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02-03-2019. Consultado o 02-05-2019. 
  2. "ORGULLOSAS DE NUESTRO PASADO: EL YACIMIENTO ARQUEOLÓGICO DE UXAMA ARGAELA". uxamaargaela.blogspot.com (en castelán). Consultado o 02-05-2019. 
  3. "Uxama Argaela". www.celtiberia.net (en castelán). 08-11-2005. Consultado o 02-05-2019. 
  4. Plinio o Vello, Vidas paralelas.
  5. Plinio o Vello, Naturalis Historia (cap. 4. (3.)—sobre Hispania)
  6. "Arqueoturismo en El Burgo de Osma". www.arqueoturismo.net (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24-09-2018. Consultado o 02-05-2019. 
  7. "Uxama Argaela, ciudad celtíbero-romana". guiadesoria.es (en castelán). Consultado o 02-05-2019. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar