Uridín difosfato
O uridín difosfato ou difosfato de uridina, abreviadamente UDP, é un nucleósido difosfato formado polo nucleósido uridina esterificado con dous fosfatos en forma de pirofosfato. Os seus compoñentes son a base nitroxenada uracilo unida por enlace N-glicosídico co azucre ribosa, que se establece entre o carbono 1 da ribosa e o nitróxeno 1 da base, e dous fosfatos esterificados no carbono 5' da ribosa, que están unidos entre si por enlace anhidro.
Uridín difosfato | |
---|---|
Uridina 5'-(trihidróxeno difosfato) | |
Identificadores | |
Número CAS | 58-98-0 |
PubChem | 1158 |
ChemSpider | 19952429 |
MeSH | Uridine+diphosphate |
ChEMBL | CHEMBL130266 |
Ligando IUPHAR | 1749 |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C9H14N2O12P2 |
Masa molecular | 404.161 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Pode sintetizarse a timina a partir de UDP. A transformación final a dTMP é catalizada polo encima timidilato sintetase[1][2].
Nos animais, poden incorporarse á glicólise outros azucres distintos da glicosa. Nestas reaccións o UDP funciona como coencima transportador de grupos hexosa. No fígado a galactosa pode converterse en glicosa por medio de dúas reaccións. A primeira é unha reacción catalizada por unha transferase entre a UDP-glicosa e a galactosa-1-fosfato, que rende glicosa-1-fosfato e UDP-galactosa. Na segunda reacción, o encima UDP-glicosa 4 epimerase transforma a UDP-galactosa en UDP-glicosa. Despois a glicosa pode liberarse do UDP [3].
Na síntese de sacarosa e glicóxeno, os residuos de azucre necesarios chegan en forma de UDP-glicosa. O papel da UDP-glicosa na síntese do glicóxeno foi descuberto polo premio Nobel arxentino Luis Federico Leloir. O UDP-glicosa e UDP-glicuronato interveñen na ruta de transformación da glicosa en ácido glicurónico e ácido ascórbico [3].
Notas
editar- ↑ Timidilato Sintetase na base de datos KEGG
- ↑ Reacción obtida desde a base de datos KEGG
- ↑ 3,0 3,1 Lehninger A. Principios de Bioquímica (1988). Omega. ISBN 84-282-0738-0