Abrir o menú principal
A aspartato transaminase de E. coli é un exemplo de transaminase, que transfire grupos amino.

Unha transferase é un encima que cataliza a transferencia dun grupo funcional, por exemplo un metilo ou un grupo fosfato, dunha molécula doadora a outra aceptora. Por exemplo, unha reacción de transferencia é a seguinte:

A–X + B → A + B–X

No exemplo, A é o doador e B é o aceptor. O doador é con frecuencia un coencima.

NomenclaturaEditar

A nomenclatura correcta, en senso estrito, para as transferases é doador: aceptor grupotransferase. Porén, adoitan empregarse os nomes tradicionais dos encimas, como aceptor grupotransferase ou doador grupotransferase; por exemplo, ADN metiltransferase, que cataliza a transferencia dun ou máis grupos metilo ao ADN, que actúa de aceptor.

ClasificaciónEditar

Corresponden ao EC 2 na catalogación por medio do número EC. Divídense nas seguintes subclases:

NotasEditar

  • EC 2 Introduction do Departmento de Química do Queen Mary - Universidade de Londres.