Polimerase
Unha polimerase[1] é un encima (EC 2.7.7.6/7/19/48/49) que sintetiza longas cadeas de polímeros de ácidos nucleicos. Xeralmente, as ADN polimerases producen cadeas de ADN a partir dun molde de ADN (nas transcriptases inversas a partir do ARN), e as ARN polimerases producen cadeas de ARN, copiadas (transcritas) xeralmente de moldes de ADN e nalgúns casos de moldes de ARN (en certos virus). A molécula copiada é complementaria do molde.
Os encimas que interveñen na polimeración doutros biopolímeros non se chaman polimerases por razóns históricas.
Unha polimerase da bacteria termófila Thermus aquaticus (Taq) (PDB 1BGX, EC 2.7.7.7) utilízase na reacción en cadea da polimerase, unha técnica importante en bioloxía molecular.[2]
Outras polimerases especiais son:
- Desoxinucleotidil transferase terminal (TDT), que lle dá diversidade ás cadeas pesadas de anticorpos.[3]
- Transcriptase inversa, un encima dos retrovirus de ARN como o VIH, que utilizan para crear unha cadea complementaria de ADN á cadea de ARN viral, para que dito ADN se integre no xenoma da célula hóspede. É tamén unha das dianas principais para os fármacos antivirais.
Principais polimerases
editarNotas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para polimerase.
- ↑ Chien A, Edgar DB, Trela JM (1976). "Deoxyribonucleic acid polymerase from the extreme thermophile Thermus aquaticus". J. Bact. 127 (3): 1550–7. PMC 232952. PMID 8432. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=232952.
- ↑ Hardy, Richard (2008). "Chapter 7: B Lymphocyte Development and Biology". In Paul, William. Fundamental Immunology (Book) (6th ed.). Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins. pp. 237–269. ISBN 0-7817-6519-6.